Abrir o menú principal

Trey Burke

baloncestista estadounidense

Alfonso Clark "Trey" Burke III, nado o 12 de novembro de 1992 en Columbus, Ohio, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).

Trey Burke
Brooklyn Nets vs NY Knicks 2018-10-03 td 123a - 1st Quarter.jpg
Philadelphia 76ers – No. 23
Base
Información persoal
Nacemento 12 de novembro de 1992 (27 anos)
Flag of Ohio.svg Columbus, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Northland (Columbus, Ohio)
Universidade Michigan (2011–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 9

Por Minnesota Timberwolves

Carreira dende 2013
Historial de equipos
Utah Jazz (2013–2016)
Washington Wizards (2016–2017)
Westchester Knicks (2017–2018)
New York Knicks (2018–2019)
Dallas Mavericks (2019)
Philadelphia 76ers (2019–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesionalEditar

O 27 de xuño de 2013, Burke foi elixido na 9ª posición do Draft de 2013 polos Minnesota Timberwolves, e traspasado pouco despois a cambio da 14º e da 21º elección do Draft, que foron usadas para seleccionar a Shabazz Muhammad e Gorgui Dieng, respectivamente.[1] O 6 de xullo de 2013, firmou cos Jazz o seu contrato coma rookie.

Na súa primeira tempada na NBA, foi elixido tres veces mellor rookie do mes da Conferencia Oeste. Na votación final ó Rookie do Ano, rematou na terceira posición por detrás de Michael Carter-Williams e Victor Oladipo. Ademais, foi elixido no mellor equipo de rookies ó remate da tempada. Todo isto foi o resultado de acadar 12.8 puntos, 5.7 asistencias e 3.0 rebotes por encontro, en 70 partidos disputados (68 deles de titular).

O 31 de xaneiro de 2019, Burke foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Tim Hardaway Jr. e Courtney Lee ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[2]

O 30 de xullo de 2019, Burke asinou cos Philadelphia 76ers.[3]

NotasEditar

  1. "Report: Wolves trade Burke to Jazz for 2 picks". NBA.com. 27 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  2. "Mavericks acquire All-Star Kristaps Porzingis, Tim Hardaway Jr., Courtney Lee, and Trey Burke in trade with Knicks". Mavs.com. 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  3. "Team Signs Burke". National Basketball Association. 30 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2019. 

Véxase taménEditar