Boban Marjanović

baloncestista serbio

Boban Marjanović, nado o 15 de agosto de 1988 en Zaječar, é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga para os Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,23 metros xoga na posición de pivote.

Boban Marjanović
Houston Rockets – No. 51
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 15 de agosto de 1988 (35 anos)
Zaječar
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 2,24 m (7 ft 4 in)
Peso oficial 132 kg (290 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2010 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2006
Historial de equipos

Serbia Hemofarm (2006–2010)
SerbiaSwisslion Takovo (2007)
Rusia CSKA Moscova (2010–2011)
LituaniaŽalgiris Kaunas (2011)
Rusia Nizhny Novgorod (2011–2012)
Serbia Radnički Kragujevac (2012)
Serbia Mega Vizura (2012–2013)
Serbia Crvena zvezda (2013–2015)
Estados Unidos San Antonio Spurs (2015–2016)
Estados UnidosAustin Spurs (2015–2016)
Estados Unidos Detroit Pistons (2016–2018)
Estados Unidos Los Angeles Clippers (2018–2019)
Estados Unidos Philadelphia 76ers (2019)
Estados Unidos Dallas Mavericks (2019–2022)
Estados Unidos Houston Rockets (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

Marjanović comezou a xogar ó baloncesto nas categorías inferiores do Rtanj, equipo de Boljevac. Ós 14 anos, cunha altura xa de 2.09 metros, fichou polo KK Hemofarm, e chegou ó seu primeiro equipo na segunda parte da tempada 2005-06. En xaneiro de 2007 foi cedido ó Swisslion Takovo.

No verán de 2010, Marjanović asinou un contrato de tres anos co CSKA Moscova. O 31 de decembro de 2010, foi cedido ó Žalgiris Kaunas ata final da tempada 2010-11.[1]

En xullo de 2011, fichou polo Nizhny Novgorod ruso, onde estivo media tempada.[2] En xaneiro de 2012 volveu a Serbia, e xogou a segunda metade da tempada 2011-12 co Radnički Kragujevac.[3]

En xullo de 2012, asinou un contrato dun ano co Mega Vizura serbio.[4] Ó remate da tempada, foi nomeado mellor xoga da liga serbia.[5]

O 2 de xullo de 2013, Marjanović asinou un contrato de dous anos co Crvena zvezda.[6] A finais da tempada, foi incluído no mellor quinteto da tempada 2013-14 da ABA Liga. Na tempada 2014-15, foi incluído no mellor quinteto da Euroliga, e foi elixido mellor xogador da liga serbia e das Finais da ABA Liga.

O 17 de xullo de 2015, deu o salto á NBA tras asinar un contrato dun ano cos San Antonio Spurs.[7]

O 29 de xaneiro de 2018, Marjanović foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Avery Bradley, Tobias Harris e dúas futuras eleccións do Draft, a cambio de Blake Griffin, Willie Reed e Brice Johnson.[8]

O 6 de febreiro de 2019, Marjanović foi traspasado xunto a Mike Scott e Tobias Harris ós Philadelphia 76ers a cambio de Mike Muscala, Wilson Chandler, Landry Shamet e unha futura elección do Draft.[9]

O 24 de xuño de 2022, Marjanović foi traspasado xunto a Trey Burke, Marquese Chriss, Sterling Brown e os dereitos do Draft de Wendell Moore ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood.[10]

Notas editar

  1. "ZALGIRIS gets center Marjanovic on loan". euroleague.net. 31 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  2. "Boban Marjanovic moves to BC Nizhny Novgorod". sportando.net. 2 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  3. "Boban Marjanović pojačao Radnički iz Kragujevca" (en serbio). blic.rs. 7 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  4. "Boban Marjanovic inks with Mega Vizura". sportando.net. 20 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  5. "Boban Marjanović MVP Superlige, Rakočević drugi, Bakić treći" (en serbio). blic.rs. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  6. "Red Star adds size with Boban Marjanovic". Sportando.net. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  7. "Spurs Sign Boban Marjanovic". NBA.com. 17 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  8. "Press Release: L.A. Clippers Acquire Harris, Bradley, Marjanović, First & Second-Round Picks". NBA.com. 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  9. Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers
  10. "Mavericks' trade for center Christian Wood is official". Dallas Mavericks. Consultado o 24 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar