Abrir o menú principal

O PBC CSKA Moscova (en ruso: ПБК ЦСКА Москва) é un club profesional de baloncesto ruso con sede na cidade de Moscova, capital do país. Actualmente xogana VTB United League, competición formada polos principais clubs da Europa Oriental e na Euroliga. O club é coñecido en Occidente como o "Exército Vermello" pola súa relación no pasado co exército da Unión Soviética.

CSKA
HC CSKA Moscow Logo.svg
Información xeral
Liga VTB United League
Euroliga
Alcume O Exército Vermello
Fundación 23 de abril de 1923
Cores           Vermello, azul
Presidente Flag of Russia.svg Andrey Vatutin
Adestrador Grecia Dimitrios Itoudis
Patrocinador Aeroflot
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Flag of Russia.svg Moscova, Rusia
Pavillón CSKA Sports Hall
Capacidade 5.500
Inauguración 1979
Campionatos
Euroliga 8 (1961, 1963, 1969, 1971, 2006, 2008, 2016, 2019)
Tripla coroa 1 (2006)
Liga URSS 24 (1945, 1960-62, 1964–66, 1969–74, 1976–84, 1988, 1990)
Liga Rusia 25 (1992–2000, 2003–2018)
Liga VTB 9 (2008, 2010, 2012–2018)
Copa URSS 3 (1972, 1973, 1982)
Copa Rusia 4 (2005, 2006, 2007, 2010)
cskabasket.com

O CSKA gañou dous títulos da Euroliga, máximo galardón do baloncesto europeo, entre 2006 e 2009, chegando á final os catro anos. En 2006, venceron aos daquela actuais bicampións Maccabi Tel Aviv; perdeu na final de 2007 por tan só dous puntos fronte ao Panathinaikos, en 2008, gañaron de novo fronte ao Maccabi e en 2009 perderon de novo ante o Panathinaikos. Posteriormente volverían conseguir o título en 2016, vencendo na final ao Fenerbahçe. O club ten o récord de participacións consecutivas na Final Four con oito (2003-2010).

Algúns dos xogadores máis coñecidos que vestiron a camisola vermella ao longo dos anos son: Andrei Kirilenko, Darius Songaila, Gordan Giriček, Alexander Volkov, Sergei Belov, Vladimir Tkachenko, Dragan Tarlac, Marcus Brown, Ramūnas Šiškauskas, Theodoros Papaloukas, Nenad Krstic ou Miloš Teodosić. Logo de moitos anos, o CSKA ten reputación de ser un dos clubs máis ricos de Europa.

HistoriaEditar

O CSKA Moscova foi o grande dominador do baloncesto soviético, gañando a Liga da URSS en vinte e catro ocasións. Unha vez desintegrada a Unión Soviética, converteuse no dominador indiscutible da agora coñecida como Professional'naya basketbol'naya liga (ПБЛ, máxima competición do baloncesto ruso), gañándoa nove tempadas consecutivas entre 1992 e 2000 e iniciando un novo ciclo dende o 2003 ata 2011, dezaoito en total. Ademais conseguiron nos últimos anos gañar dúas edicións da Euroliga, chegando tamén varias veces á final.

Aos comezos CSKA soubo aproveitar a súa vinculación co exército vermello e fichou a tódolos xogadores que lle interesaron. Calquera xogador podía ser militarizado e se se militarizaba a un baloncestista era, por suposto, porque as súas características interesaban ao equipo do exército. A súa cabeza visible foi, durante moitos anos, un coronel que exercía de adestrador. Licenciado do Instituto Militar da Cultura Física de Leningrado (actual San Petersburgo) en 1952, Alexander Gomelski estivo vencellado toda a súa carreira aos clubs do ministerio de Defensa. Entre 1953 e 1966 foi adestrador do ASK Riga e en 1966 tomou o mando do CSKA, club que baixo o seu mando se converteu nun dos mellores equipos de Europa e que se fixo parte inalienable da vida do coronel-adestrador, quen en 1997 foi nomeado coma o seu presidente. Durante esa época o CSKA gañaou até en catro ocasións a Copa de Europa (actual Euroliga): 1961, 1963, 1969 e 1971.

Os anos 2000 significaron o retorno do CSKA Moscova á elite do baloncesto europeo: entre o 2001 e o 2010 participou en nove ocasións na "Final Four", conseguindo o título en 2006 e 2008. No 2001 disputou a "Final Four" da Suproliga, e nos anos 2003, 2004 e 2005 repetiu participación na "Final Four" da Euroliga. A tempada 2004-05 estivo moi preto do título: gañou tódolos partidos das diferentes fases da Euroliga excepto un (en Moscova fronte ao FC Barcelona), e se clasificou para disputar a "Final Four", organizada na súa propia cidade, mais perdeu a semifinal ante o Tau Cerámica, e o partido polo terceiro e cuarto posto ante o Panathinaikos. A campaña seguinte, 2005-06, os moscovitas resarcíronse e conquistaron a Euroliga na "Final Four" de Praga, dirixidos polo base grego Theodoros Papaloukas.

Ao ano seguinte perderían na final ante o Panathinaikos por tan só dous puntos de diferenza, 93 a 91, pese aos 23 puntos e oito asistencias de Papaloukas. Con todo ao ano seguinte revalidarían o título vencendo ao Maccabi Tel Aviv na final do Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid de 2008. En 2009 repetirían final fronte ao Panathinaikos perdendo de novo por tan só dous puntos de diferenza, 73 a 71. En 2010 o CSKA volve a xogar a Final Four, aínda que esta vez non chegaría á final tras perder na semifinal contra o Regal FC Barcelona. No partido polo terceiro posto vencerían ao Partizan de Belgrado 90 a 88. Na tempada 2011 acabaría a súa racha de participacións consecutivas na Final Four tras quedar de último do seu grupo con tan só tres vitorias na primeira fase.

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

PBC CSKA Moscova 2019−2020
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
AP 3   Bolomboy, Joel 70002060000000000002.06 m (6 ft 9 in) 7002105000000000000105 kg (231 lb) Milwaukee Bucks (2018)
E 7   Ukhov, Ivan 70001930000000000001.93 m (6 ft 4 in) 700176000000000000076 kg (168 lb) Parma Basket (2018)
AP 11   Antonov, Semyon 70002020000000000002.02 m (6 ft 8 in) 7002104000000000000104 kg (229 lb) Nizhny Novgorod (2016)
AP 20   Vorontsevich, Andrey 70002069999999999992.07 m (6 ft 9 in) 7002107000000000000107 kg (236 lb) Lokomotiv Novosibirsk (2016)
A 21   Clyburn, Will 70002009999999999992.01 m (6 ft 7 in) 700195000000000000095 kg (209 lb) Darüşşafaka Doğuş (2017)
E 23    Hackett, Daniel 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 700196000000000000096 kg (212 lb) Brose Bamberg (2018)
E 30   Kulagin, Mikhail 70001920000000000001.92 m (6 ft 4 in) 700191000000000000091 kg (201 lb) Rossiya Novogorsk (2015)
A 41   Kurbanov, Nikita 70002020000000000002.02 m (6 ft 8 in) 700199000000000000099 kg (218 lb) Lokomotiv Kuban (2015)
P 42   Hines, Kyle 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 7002111000000000000111 kg (245 lb) Olympiacos (2013)
E   Hilliard, Darrun 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 7002100000000000000100 kg (220 lb) Baskonia (2019)
P   Voigtmann, Johannes 70002110000000000002.11 m (6 ft 11 in) 7002115000000000000115 kg (254 lb) Baskonia (2019)
B   Baker, Ron 70001930000000000001.93 m (6 ft 4 in) 7002100000000000000100 kg (220 lb) Washington Wizards (2019)
B   Strēlnieks, Jānis 70001910000000000001.91 m (6 ft 3 in) 700188000000000000088 kg (194 lb) Olympiacos (2019)
P   Koufos, Kosta 70002130000000000002.13 m (7 ft 0 in) 7002111000000000000111 kg (245 lb) Sacramento Kings (2019)
Adestrador
  •   Dimitrios Itoudis
Asistente(s)
  •    Darryl Middleton
  •   Andreas Pistiolis
  •   Anton Yudin
Director deportivo
  •   Alexander Gugunishvili

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 04-08-2019

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar