KK Partizan
O Košarkaški klub Partizan (en serbio: Кошаркашки клуб Партизан ou КК Партизан) é un club profesional de baloncesto da cidade de Belgrado, Serbia. O KK Partizan forma parte do club polideportivo Partizan, que conta con outras moitas seccións, entre as que destaca a de fútbol. O club compite na Košarkaška liga Srbije (liga serbia) e na Liga ABA (Liga do Adriático).
KK Partizan | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkaški klub Partizan Кошаркашки клуб Партизан |
Liga | KLS / ABA |
Alcume | Crno-Beli (Branquinegros) |
Fundación | 4 de outubro de 1945 |
Cores | Negro, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Seareiros | Grobari |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Hala Pionir |
Capacidade | 8.150 |
Inauguración | 1 de xuño de 1973 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (1992) |
Copa Korać | 3 (1978–1979, 1989) |
Tripla coroa | 1 (1992) |
ABA Liga | 6 (2007–2011, 2013) |
Liga | 21 (1976, 1979, 1981, 1987, 1992, 1995–1997, 2002–2014) |
Copa | 13 (1979, 1989, 1992, 1994, 1995, 1999, 2000, 2002, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012) |
kkpartizan.rs |
HistoriaEditar
O Partizan, fundado o 4 de outubro de 1945, é o club de baloncesto con maior éxito de Serbia. Durante os seus máis de seis décadas longa historia, o Partizan gañou non menos de 40 trofeos, incluídos dezaseis de campión nacional, dos cales o últimos oito foron gañados de forma consecutiva. Tamén gañaron once copas e cinco Ligas do Adriático consecutivas en 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011.
O trofeo máis importante que o club gañou é o trofeo de Campión de Europa na Final Four da Euroliga en Istambul en 1992. O KK Partizan foi o campión europeo en 1992 coa curiosidade de que gañaron o título xogando tódolos partidos menos un, o de cuartos de final fronte ao Knorr, en cachas visitantes. Isto debeuse a que FIBA decidiu non permitir que os equipos da ex-Iugoslavia xogar os seus partidos de local alí por mor das hostilidades que había na rexión neses anos. Esa mesma tempada, o club gañou o campionato nacional e a copa, conseguindo até o de agora a súa única o tripla coroa. Porén, ao Partizan non se lle permitiu defender o título na tempada 1992-93 por mor dunha sanción da ONU. Tamén gañaron tres Copas Radivoj Korać en 1978, 1979 e 1989.
Así, o KK Partizan converteuse na marca máis famosa do baloncesto de Serbia e un equipo aclamada tanto a nivel europeo e mundial. Partizan gañou o respecto non só por gañar e participar constantemente nas competicións europeas, senón tamén grazas a grande parte dos seus xogadores que vestiron a camiseta do equipo nacional, o equipo que conquistou o mundo gañando fama e trofeos para o seu país. O Partizan converteuse no primeiro equipo serbio que xoga un partido oficial contra equipos da NBA, en setembro de 2009. Nos dous encontros que xogou, ambos nos Estados Unidos, perdeu, o primeiro 102 a 70 contra Denver Nuggets e o segundo 111 a 80 contra Phoenix Suns. Algúns dos xogadores máis coñecidos que saíron do equipo foron Aleksandar Djordjevic, Vlade Divac, Predrag Danilovic ou Zarko Paspalj.
PavillónEditar
- Artigos principais: Hala Pionir e Beogradska Arena.
O Pavillón Hala Pionir foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.
O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Partizan trasladouse ao Pionir en 1992, despois de deixar ao seu antigo pavillón, o "Hala sportova", xa que se quedara obsoleto para un club que estaba a piques de tomar o trono europeo.
O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas. Na tempada 2008-09 Partizan xogou os seus encontros do Top 16 de Euroliga no Beogradska Arena, un pavillón multiusos inaugurado o 31 de xullo de 2004 con capacidade para 23.000 espectadores. O 5 de marzo de 2009 contra o Panathinaikos grego marcou un récord de asistencia a un partido de baloncesto en Europa con 22.567 asistentes.
XogadoresEditar
Cadro actualEditar
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
KK Partizan 2015–2016 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Palmarés individualEditar
Premios da EuroligaEditar
Xogadores:
- 1976-77 Dražen Dalipagić - Mr. Europa
- 1977-78 Dražen Dalipagić - Mr. Europa
- 1980-81 Dragan Kićanović - Mr. Europa
- 1981-82 Dragan Kićanović - Mr. Europa
- 1980-81 Dragan Kićanović - Euroscar Award
- 1980-81 Dražen Dalipagić - Euroscar Award
- 1988-89 Vlade Divac - Mr. Europa
- 1991-92 Predrag Danilović - Euroleague Final Four MVP
- 2002-03 Miloš Vujanić - Euroleague Weekly MVP
- 2002-03 Miloš Vujanić - All-Euroleague Teams
- 2004-05 Dejan Milojević - Euroleague Weekly MVP
- 2005-06 Dejan Milojević - Euroleague Weekly MVP
- 2007-08 Nikola Peković - Euroleague Weekly MVP
- 2007-08 Nikola Peković - All-Euroleague Teams
- 2007-08 Novica Veličković - Euroleague Weekly MVP
- 2007-08 Milt Palacio - Euroleague Monthly MVP
- 2008-09 Novica Veličković - Euroleague Weekly MVP
- 2008-09 Novica Veličković - Euroleague Rising Star
- 2008-09 Novica Veličković - Euroleague Monthly MVP
- 2009-10 Aleksandar Marić - Euroleague Monthly MVP
- 2009-10 Aleksandar Marić - Euroleague Weekly MVP
- 2009-10 Dušan Kecman - Euroleague Weekly MVP
Adestradores:
- 2008-09 Duško Vujošević - Premio Aleksander Gomelski ao Adestrador do Ano
Grandes contribuidores da EuroligaEditar
Xogadores:
Adestradores:
Premios da Liga do AdriáticoEditar
- 2004-05 Dejan Milojević - MVP
- 2005-06 Dejan Milojević - MVP
Basketball Hall of FameEditar
Xogadores:
Adestradores:
FIBA Hall of FameEditar
Xogadores:
Adestradores:
PalmarésEditar
Euroliga de 1992Editar
A Euroliga da tempada 1991-92 foi o título conseguido polo club máis importante da súa historia. Os resultados dos partidos do Partizan do ano da vitoria foron:
Rolda | Equipo | Ida | Volta |
---|---|---|---|
Fase de grupos | Mol-Szolnok | 89-72 V | 92-65 V |
Hans Verkerk | 81-75 V | 111-77 V | |
WATCO Antwerp | 87-67 V | 72-86 D | |
Philips | 86-70 V | 94-89 V | |
Joventut | 76-75 V | 76-79 D | |
TSV Bayer 04 | 93-69 V | 73-80 D | |
Estudiantes | 75-95 D | 72-75 D | |
Aris | 83-75 V | 99-65 V | |
Cuartos de Final | Knorr | 78-65 V | 60-61 D |
69-65 V | |||
Semifinal | Philips | 82-75 V | |
Final [1] | Joventut | 71–70 V |
RivalidadeEditar
Un dos encontros máis importantes do baloncesto serbio é o derby eterno (en serbio: Вечити дерби, Večiti derbi) que enfronta ao KK Partizan e ao KK Crvena zvezda (Estrela Vermella).
Xogadores destacadosEditar
- Dražen Dalipagić
- Vlade Divac
- Saša Đorđević
- Predrag Danilović
- Žarko Paspalj
- Dragan Kićanović
- Željko Rebrača
- Dejan Tomašević
NotasEditar
- ↑ A Euroliga de 1992 gañouna xogando como local no Pavillón Fernando Martín de Fuenlabrada debido a que a FIBA non lle deixou xogar en Belgrado debido á Guerra dos Balcáns, pasando o equipo a denominarse polos seareiros "Partizan de Fuenlabrada".