Professional'naya basketbol'naya liga
A Professionalʼnaya basketbolʼnaya liga (Профессиональная баскетбольная лига, do ruso: Liga Profesional de Baloncesto), habitualmente abreviado PBL (ПБЛ), foi a máxima competición profesional de baloncesto de Rusia entre os anos 2010 e 2013, ano no que é substituída pola VTB United League. Esta competición foi a sucesora da Superliga, actual segunda división do baloncesto ruso.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Russian Basketball Federation (en) |
Número de participantes | 25 |
Localización e Datas | |
País | Rusia |
Vixencia | 2010 – 2013 |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | pbleague.ru… |
Historia
editarFundada no ano 2010, a liga contou con 10 equipos na temporada inaugural. Nove desdes equipos participaran o ano anterior na Superliga, sendo o décimo equipo o Nizhny Novgorod. A temporada inaugural 2010–11 comezou o 9 de outubro de 2010 cun partido entre o Dinamo e o CSKA de Moscova no Krylatskoe Sport Palace, pavillón local do Dinamo. O partido acabou con vitoria para o CSKA por 81−63. Ese ano, sería o propio CSKA o que finalmente se proclamaría vencedor da competición, tal e como sucedería nas dous seguintes, e únicas, edicións.
A temporada 2011–12 volveu a contar con 10 teams, aínda que coa baixa do Dinamo de Moscova a cambio do campión da Superliga, o Spartak Primorye. Na fase regular o CSKA acabaría no primeiro posto tras perder un só partido, seguido de preto polo BC Khimki. Tras a celebración das eliminatorias polo títulos, serían estes dous equipos os que se enfrontarían na final, gañando por 2-0 o CSKA. O ano seguinte, xa sen playoffs polo título, a CSKA gañaría o seu terceiro título consecutivo, sendo así o único equipo en gañar esta competición.
Antes de comezar a última temporada, en maio de 2012, xuntáronse todos os clubs da PBL para decidir que formato se utilizaría para a seguinte temporada. Na xuntanza algúns clubs propuxeron a posibilidade de fusionar a liga coa VTB United League para aumentar a competencia entre os equipos rusos, suxerindo que a nova liga se chamase "Eastern European Professional Basketball League" (do inglés: Liga Profesional de Baloncesto de Europa do Leste).[1] En xullo de 2012 o consello da VTB United League anunciou a súa decisión: a PBL continuaría un ano máis e despois a VTBUL pasaría ser a máxima categoría do baloncesto ruso.
Equipos
editarOs seguintes son todos os equipos que participaron na PBL, así como as súas respectivas clasificacións por temporada.[2]
Club | Cidade | Rexión | 2010–11 | 2011–12 | 2012–13 | Mellor posto |
---|---|---|---|---|---|---|
CSKA Moscova | Moscova | Moscova | ||||
Dinamo Moscova | Moscova | Moscova | ||||
Enisey Krasnoyarsk | Krasnoyarsk | Krasnoyarsk | ||||
Krasnye Krylia | Samara | Samara | ||||
Khimki | Khimki | Moscova | ||||
Lokomotiv Kuban | Krasnodar | Krasnodar | ||||
Nizhny Novgorod | Nizhnii Novgorod | Nizhnii Novgorod | ||||
Spartak Primorye | Vladivostok | Primorsky | ||||
Spartak San Petersburgo | San Petersburgo | San Petersburgo | ||||
Triumph Lyubertsy | Lyubertsy | Moscova | ||||
UNICS Kazan | Kazán | Tatarstán |
Palmarés
editar- 2010−11 : CSKA Moscova
- 2011−12 : CSKA Moscova
- 2012−13 : CSKA Moscova
Finais
editarTemporada | Campión | Resultado | Subcampión | Primeiro na liga | Rexistro |
---|---|---|---|---|---|
CSKA Moscova | Khimki | UNICS Kazan | |||
CSKA Moscova | Khimki | CSKA Moscova | |||
CSKA Moscova | Khimki | CSKA Moscova |
Por equipo
editarEquipo | Campión | Subcampión | Terceiro | Cuarto |
---|---|---|---|---|
CSKA Moscova | 3 | 0 | 0 | 0 |
Khimki | 0 | 3 | 0 | 0 |
Lokomotiv Kuban | 0 | 0 | 1 | 2 |
UNICS Kazan | 0 | 0 | 1 | 0 |
Spartak San Petersburgo | 0 | 0 | 1 | 0 |
Triumph Lyubertsy | 0 | 0 | 0 | 1 |
Notas
editar- ↑ "20 clubs will play in VTB United League championship in seasone-2012/13". VTB League (en inglés). 20 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ "PBL". Soccer Stand (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |