Professional'naya basketbol'naya liga

A Professionalʼnaya basketbolʼnaya liga (Профессиональная баскетбольная лига, do ruso: Liga Profesional de Baloncesto), habitualmente abreviado PBL (ПБЛ), foi a máxima competición profesional de baloncesto de Rusia entre os anos 2010 e 2013, ano no que é substituída pola VTB United League. Esta competición foi a sucesora da Superliga, actual segunda división do baloncesto ruso.

Professional'naya basketbol'naya liga
Valeri Likhodei vs Mike Wilkinson at all-star PBL game 2011.JPG
Fundación2010
Fin2013
RexiónRusia Rusia
ConfederaciónUnión Europea FIBA Europa
Equipos10
CopaKubok Rossii
DescensoSuperliga
Último campiónCSKA Moscova (3º título)
Máis laureadoCSKA Moscova (3 títulos)
Sitio webpbleague.ru

HistoriaEditar

Fundada no ano 2010, a liga contou con 10 equipos na temporada inaugural. Nove desdes equipos participaran o ano anterior na Superliga, sendo o décimo equipo o Nizhny Novgorod. A temporada inaugural 2010–11 comezou o 9 de outubro de 2010 cun partido entre o Dinamo e o CSKA de Moscova no Krylatskoe Sport Palace, pavillón local do Dinamo. O partido acabou con vitoria para o CSKA por 81−63. Ese ano, sería o propio CSKA o que finalmente se proclamaría vencedor da competición, tal e como sucedería nas dous seguintes, e únicas, edicións.

A temporada 2011–12 volveu a contar con 10 teams, aínda que coa baixa do Dinamo de Moscova a cambio do campión da Superliga, o Spartak Primorye. Na fase regular o CSKA acabaría no primeiro posto tras perder un só partido, seguido de preto polo BC Khimki. Tras a celebración das eliminatorias polo títulos, serían estes dous equipos os que se enfrontarían na final, gañando por 2-0 o CSKA. O ano seguinte, xa sen playoffs polo título, a CSKA gañaría o seu terceiro título consecutivo, sendo así o único equipo en gañar esta competición.

Antes de comezar a última temporada, en maio de 2012, xuntáronse todos os clubs da PBL para decidir que formato se utilizaría para a seguinte temporada. Na xuntanza algúns clubs propuxeron a posibilidade de fusionar a liga coa VTB United League para aumentar a competencia entre os equipos rusos, suxerindo que a nova liga se chamase "Eastern European Professional Basketball League" (do inglés: Liga Profesional de Baloncesto de Europa do Leste).[1] En xullo de 2012 o consello da VTB United League anunciou a súa decisión: a PBL continuaría un ano máis e despois a VTBUL pasaría ser a máxima categoría do baloncesto ruso.

EquiposEditar

Os seguintes son todos os equipos que participaron na PBL, así como as súas respectivas clasificacións por temporada.[2]

Club Cidade Rexión 2010–11 2011–12 2012–13 Mellor posto
CSKA Moscova Moscova   Moscova
Dinamo Moscova Moscova   Moscova
Enisey Krasnoyarsk Krasnoyarsk   Krasnoyarsk
10º
10º
Krasnye Krylia Samara   Samara
Khimki Khimki   Moscova
Lokomotiv Kuban Krasnodar   Krasnodar
Nizhny Novgorod Nizhnii Novgorod   Nizhnii Novgorod
Spartak Primorye Vladivostok   Primorsky
Spartak San Petersburgo San Petersburgo   San Petersburgo
Triumph Lyubertsy Lyubertsy   Moscova
10º
UNICS Kazan Kazán   Tatarstán

PalmarésEditar

FinaisEditar

Temporada Campión Resultado Subcampión Primeiro na liga Rexistro
2010–11
  CSKA Moscova
3–1
  Khimki   UNICS Kazan
20–6
2011–12
  CSKA Moscova
3–1
  Khimki   CSKA Moscova
17–1
2012–13
  CSKA Moscova
Liga
  Khimki   CSKA Moscova
16–2

Por equipoEditar

Equipo Campión Subcampión Terceiro Cuarto
  CSKA Moscova 3 0 0 0
  Khimki 0 3 0 0
  Lokomotiv Kuban 0 0 1 2
  UNICS Kazan 0 0 1 0
  Spartak San Petersburgo 0 0 1 0
  Triumph Lyubertsy 0 0 0 1

NotasEditar

  1. "20 clubs will play in VTB United League championship in seasone-2012/13". VTB League (en inglés). 20 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2015. 
  2. "PBL". Soccer Stand (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar