Krai de Krasnodar
O krai de Krasnodar (en ruso Краснодарский край) é un suxeito federal de Rusia, un krai, localizado no Distrito Federal Sur. Posúe un territorio de tamaño modesto, 76.000 km², sendo o número 23 na lista de territorios rusos ordenados pola súa extensión. Este krai é o máis poboado do Distrito Federal Sur e o terceiro máis poboado de Rusia. o seu centro administrativo é a cidade de Krasnodar.
Краснодарский край (ru) | |||||
Himno | Himno del Krai de Krasnodar (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Rusia | ||||
Capital | Krasnodar | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.833.002 (2024) (77,27 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 75.485 km² | ||||
Bañado por | Mar de Azov e Mar Negro | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 13 de setembro de 1937 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Krasnodar Krai (en) | Veniamin Kondratyev (en) (2005–) | ||||
Órgano lexislativo | Legislative Assembly of Krasnodar Krai (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 861 e 862 | ||||
ISO 3166-2 | RU-KDA | ||||
Identificador OKTMO | 03000000 | ||||
Identificador OKATO | 03 | ||||
Sitio web | admkrai.krasnodar.ru |
Xeografía
editarO krai de Krasnodar arrodea a parte occidental da Ciscaucasia e parte das ladeiras setentrionais do Gran Cáucaso. As súas fronteiras, no sentido do reloxo desde o oeste, son Ucraína—da cal está separada polo estreito de Kerch e o mar de Azov—óblast de Rostov de Rusia, krai de Stavropol e a República de Karacheyevo-Cherkesia e a República de Abkhazia, disidente do país de Xeorxia. O territorio deste krai, rodea a República de Adiguesia. A fronteira austral do krai de Krasnodar está formada polo que queda da costa do mar Negro de Rusia, co porto máis importante (Novorossiysk) e o balneario (Sochi) nesta parte do país.
Xeograficamente, a área está dividida en dúas partes polo río Kuban. A parte norte, designada moitas veces co nome Kuban, representa dous terzos da área do krai e está composta por chairas correspondentes á estepa póntica, e o terzo sur, historicamente coñecido como Circasia, é a extremidade occidental do sistema montañoso do Cáucaso (o pico máis alto é o Tsajvoa, 3345 m), dentro da ecorrexión do complexo forestal submediterráneo de Crimea.
O maior lago da rexión é o lago Abrau, na zona vinícola de Abrau-Djurso.
Clima
editarOs dous terzos norte do territorio teñen un clima continental con invernos relativamente fríos (no 2006 rexistráronse -33.7 graos en Krasnodar) e veráns calorosos. Á beira do mar Negro, ao norte de Tuapse, ten un clima mediterráneo, e polo sur, un clima subtropical húmido.
Recursos naturais
editarO territorio do krai de Krasnodar posúe numerosos recursos naturais. Concéntranse sobre todo nas zonas de montaña e nas súas abas. Atopáronse depósitos de petróleo, gas natural, marga, calcarios, area, grava, ferro, apatita e halita. O krai de Krasnodar foi a primeira rexión de Rusia en explotar os seus xacementos de petróleo. A extracción comezou en 1864.
Do mesmo modo, o krai posúe a máis importante reserva de auga doce subterránea de Europa, a cunca de Kuban-Azov, como tamén posúe reservas de augas termais e minerais.
A madeira constitúe outro importante recurso para o krai. O bosque recobre unha superficie de 18 000 km² e ten unha grande importancia ambiental. O carballo e a faia ocupan respectivamente o 49% e o 19% da superficie forestal.
Zona horaria
editarO krai de Krasnodar localízase na Zona Horaria de Moscova (MSK/MSD). UTC +0300 (MSK)/+0400 (MSD).
Historia
editarAntes da revolución de Outubro de 1917, a maior parte do territorio do krai de Krasnodar moderno era parte da óblast de Kuban, creada en 1860 nos terreos dominados pola hoste de Cosacos do Mar Negro, o sector occidental da liña de defensa fortificada do Cáucaso. A óblast de Kuban era o territorio da hoste dos cosacos do Kuban. En 1900, a óblast contaba con cerca de dous millóns de habitantes. En 1913, a óblast de Kuban ocupaba a segunda posición en Rusia en canto á produción de gran e a primeira en canto á produción de pan. Tamén se fomentou a industria activamente en canto á elaboración de produtos agrícolas e a industria química, favorecidas pola construción do ferrocarril. Tras varias reformas administrativas, o krai de Krasnodar foi establecido o 13 de setembro de 1937.
Demografía
editarA poboación concéntrase na cunca do río Kuban, que tradicionalmente era terra dos cosacos . Os cosacos de Kuban hoxe en día son considerados como parte dunha etnia rusa, aínda que aínda son unha minoría importante cos seus dereitos nesta área. Outros grupos étnicos notables son os armenios (a maioría hamshenis cristiáns) que se estableceron alí desde o século XVIII.
Grupos étnicos
editarO censo ruso do ano 2002 declaraba a existencia de 33 grupos étnicos de máis de 2.000 integrantes cada un, facendo deste Suxeito Federal un dos máis multiculturais de Rusia. Os habitante identificáronse como membros de máis de 140 grupos étnicos, que inclúen os seguintes:
Habitantes | Grupo étnico | Porcentaxe |
---|---|---|
4 418 715 | rusos | 86,2% |
274.566 | armenios | 5,36% |
131.774 | ucraínos | 2,57% |
26.540 | gregos | 0,52% |
26.260 | belarusos | 0,51% |
25.575 | tártaros | 0,50% |
20.225 | xeorxianos | 0,40% |
18.469 | alemáns | 0,36% |
17.542 | cosacos | 0,34% |
15.821 | adigueos | 0,31% |
13.496 | turcos | 0,26% |
11.944 | azarís | 0,23% |
10.873 | romaneses | 0,21% |
6.537 | moldovos | 0,13% |
5.022 | kurdos | 0,10% |
4.835 | mordovinos | 0,10% |
4.446 | circasianos | 0,09% |
4.441 | iézidi | 0,09% |
4.141 | chuvaxos | 0,08% |
4.133 | osetos | 0,08% |
3.764 | asirios | 0,07% |
3.752 | lezguios | 0,07% |
3.425 | udmurtos | 0,07% |
3.289 | coreanos | 0,06% |
3.213 | shapsugs | 0,06% |
3.138 | búlgaros | 0,06% |
2.958 | polacos | 0,06% |
2.945 | xudeus | 0,06% |
2.857 | chechenos | 0,06% |
2.723 | maris | 0,05% |
2.609 | tártaros de Crimea | 0,05% |
2.210 | uzbekos | 0,04% |
2.061 | baskires | 0,04% |
Un 0,26% dos habitantes declinou declarar a súa nacionalidade no cuestionario do censo.[1]
Divisións administrativas
editarO krai de Krasnodar está dividido en sete ókrugs urbanos e 37 raións:
- Entidades municipais urbanas e os seus centros:
- Okrug de Krasnodar — Krasnodar (I)
- Okrug de Novorosiisk — Novorosiisk (II)
- Okrug de Gelendzhik — Gelendzhik (III)
- Okrug de Goriachi Kliuch — Goriachi Kliuch (IV)
- Okrug de Sochi — Sochi (V)
- Okrug de Armavir — Armavir (VI)
- Okrug de Anapa — Anapa (26)
- Raións e os seus centros administrativos:
- Raión de Abinsk (28) — cidade Abinsk
- Raión de Apsheronsk (31) — cidade Apsheronsk
- Raión de Beloglinskij (14) — selo Belaya Glina
- Raión de Belorechensk (30) — cidade Belorechensk
- Raión de Briujovetskaya (10) — stanitsa Briujovetskaya
- Raión de Dinskaya (20) — stanitsa Dinskaya
- Raión de Gulkevichi (24) — cidade Gulkevichi
- Raión de Kalininskaya (17) — stanitsa Kalininskaya
- Raión de Kanevskaya (6) — stanitsa Kanevskaya
- Raión de Kavkazskaya (23) — cidade Kropotkin
- Raión de Korenovsk (19) — cidade Korenovsk
- Raión de Krasnoarmeiskaya (16) — stanitsa Poltavskaya
- Raión de Krylovskaya (5) — stanitsa Krylovskaya
- Raión de Krymsk (27) — cidade Krymsk
- Raión de Kurganinsk (32) — cidade Kurganinsk
- Raión de Kushchovskaya (4) — stanitsa Kushchovskaya
- Raión de Labinsk (37) — cidade Labinsk
- Raión de Leningradskaya (7) — stanitsa Leningradskaya
- Raión de Mostovskoi (36) — posiólok Mostovskoi
- Raión de Novokubansk (33) — cidade Novokubansk
- Raión de Novopokrovskaya (13) — stanitsa Novopokrovskaya
- Raión de Otradnaya (38) — stanitsa Otradnaya
- Raión de Pavlovskaya (8) — stanitsa Pavlovskaya
- Raión de Primorsko-Ajtarsk (9) — cidade Primorsko-Ajtarsk
- Raión de Severskaya (29) — stanitsa Severskaya
- Raión de Shcherbinovski (2) — stanitsa Staroshcherbinovskaya
- Raión de Slaviansk (15) — cidade Slaviansk-na-Kubani
- Raión de Starominskaya (3) — stanitsa Starominskaya
- Raión de Tbiliskaya (22) — stanitsa Tbiliskaya
- Raión de Temriuk (25) — cidade Temriuk
- Raión de Tijoretsk (12) — cidade Tijoretsk
- Raión de Timashovsk (18) — cidade Timashovsk
- Raión de Tuapse (35) — cidade Tuapse
- Raión de Uspenskoye (34) — selo Uspenskoye
- Raión de Ust-Labinsk (21) — cidade Ust-Labinsk
- Raión de Vyselki (11) — stanitsa Vyselki
- Raión de Yeisk (1) — cidade Yeisk
Principais localidades
editarNome | En ruso | Poboación (2010) |
---|---|---|
Krasnodar | Краснодар | 744.995 |
Sochi | Сочи | 343.334 |
Noworossijsk | Новороссийск | 241.952 |
Armawir | Армавир | 188.832 |
Jeisk | Ейск | 87.769 |
Kropotkin | Кропоткин | 80.765 |
Slaviansk-na-Kubani | Славянск-на-Кубани | 63.768 |
Tuapse | Туапсе | 63.233 |
Tikhoretsk | Тихорецк | 61.825 |
Economía
editarEn relación á realización na cidade de Sochi dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014, espéranse grandes investimentos en canto á infraestrutura na costa do mar Negro do krai de Krasnodar.
Destacan na estrutura do PIB do krai o transporte (16.2 %, fronte ao 8.2% de toda Rusia) e a agricultura (16 % contra 7.8 % en Rusia). O peso específico da industria en comparación coas porcentaxes medias da Federación é da metade (16 % respecto ao 33 % na Federación Rusa e o 23 % no Distrito Federal Sur.
A industria está centrada na transformación das producións locais. O sector alimenticio ocupa o 42,8 % do volume xeral da produción industrial; por detrás del van a industria electroenerxética (13.4 %), a produción de combustible (10,5 %), a enxeñaría mecánica e a industria metalúrxica (9,4 %) e a industria dos materiais de construción (7,9 %). Os sectores químico e da madeira representan un 3—4 % da produción industrial.
O turismo é un sector crecentemente importante no krai, tanto na costa como nas zonas de montaña e estepa. Sochi, Gelendzhik e Anapa son centros turísticos a nivel nacional. A nivel rexional son importantes neste sentido Tuapse, Yeisk e Goriachi Kliuch. Destacan, ademais o raión de Abinsk, o raión de Apsheronsk, o raión de Yeisk, o raión de Mostovskoi, o raión de Slaviansk, o raión de Temriuk e os arredores de Novorossisk.
Transporte
editarO krai de Krasnodar conta con cinco aeroportos, operados por Basel Aero (Базэл Аэро). Os de Krasnodar, Anapa e Sochi son aeroportos internacionais. Gelendzhik e Yeisk son para voos nacionais.
Polo krai de Krasnodar pasan a estrada federal M4 Moscova-Novorossisk (parte da ruta europea E115), a autoestrada M29 Cáucaso (parte da ruta europea E50), a autoestrada M25 Novorossisk-estreito de Kerch (parte da ruta europea E97), a autoestrada M27 Dzhubga-fronteira con Abckhazia (parte da ruta europea E97) e as estradas A146, A148 e P253. Hai proxectos para construír unha ponte entre a península de Crimea e o krai, entre Ucraína e Rusia.
Os ferrocarrís da rexión son propiedade de RZhD e están vinculados ao ferrocarril do Cáucaso Norte. As liñas que pasan polo krai diríxense cara ao krai de Stavropol, Abckazia e Ucraína (por Crimea, mediante un transbordador para trens).
As cidades portuarias no mar de Azov son Yeisk e Temriuk. No mar Negro atópanse Port Kavkaz, Taman, Anapa, Novorossisk, Gelendzhik, Tuapse e Sochi.
Notas
editar- ↑ 2002 Russian All-Population Census, ed. (2002). "National Composition of Population for Regions of the Russian Federation". Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 27 de maio de 2013.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Krai de Krasnodar |
- News and events of Krasnodar Krai Arquivado 07 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- Krasnodar Photographs Arquivado 05 de decembro de 2012 en Archive.is