Estreito de Kerch

O Estreito de Kerch (Керченский пролив) conecta o Mar Negro e o Mar de Azov, separando a Crimea, no oeste, da península de Taman, no leste. O estreito ten 4,5 a 15 km de lonxitude e até 18 m de profundidade. O porto máis importante é a cidade de Kerch.

Modelo:Xeografía físicaEstreito de Kerch
(uk) Керченська протока Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoestreito Editar o valor en Wikidata
EpónimoKerch Editar o valor en Wikidata
Parte deMar Negro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRusia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°21′N 36°39′L / 45.35, 36.65
Bañado porMar Negro e Mar de Azov Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Características
Profundidade18 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións15 (ancho) km
O Estreito de Kerch separando a Crimea de Taman.

O transporte por transbordador a través do estreito foi inaugurado en 1952, ligando a Crimea e o Krasnodar Krai (liña Port Kryn - Port Kavkaz). No inicio, había 4 navíos tren-transbordador; máis tarde, 3 navíos coche-transbordador foron adicionados. O transporte ferroviario continuou por case 40 anos. Os transbordadores de tren tornáranse vellos a finais dos anos 1980 e foron retirados de operación. No outono de 2004 novos navíos foron postos á disposición, e o transporte ferroviario foi reestabelecido.

Formuláronse varias propostas para a construción dunha ponte sobre o Estreito de Kerry para substituír o transbordador, mais a difícil configuración xeolóxica da área torna os proxectos de ponte caros de máis.

Diversas industrias de procesamento de peixe localízanse na costa crimea do estreito. A estación de pesca comeza á fin do outono e dura de 2 a 3 meses, cando diversos barcos se botan ás augas do estreito para pescar.

Antigamente, o Estreito de Kerch era coñecido baixo o nome de Bósforo Cimeriano; tamén é coñecido polo seu nome tártaro, Yenikale.

Véxase tamén

editar