Para outros homónimos véxase Transbordador espacial.

Un transbordador[1] é un tipo de buque que enlaza dous puntos levando pasaxeiros, mercadorías e, ás veces, vehículos dun lado a outro dun río, un canal, un esteiro etc., en horarios programados.

Un transbordador na cidade de Hong Kong.

Os transbordadores forman parte do transporte público nalgunhas cidades situadas na costa, con baías, grandes lagos ou ríos, permitindo o tránsito directo entre dous puntos a un custo moito menor que a construción de pontes e túneles.

Notas editar

  1. transbordador Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 3ª acep. no dicionario da RAG.

Véxase tamén editar