Fagus

xénero de plantas

Faias (xénero Fagus)

faia común (Fagus sylvatica)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Fagus
L.
Especies
Véxase no texto.
Sinonimia

Fagus é un xénero con dez especies de árbores caducifolias da familia das fagáceas nativas das zonas temperadas de Europa, Asia e América do Norte chamadas comunmente faias. As formacións de faias denomínanse faiais[2]

En Galiza só atopamos unha especie, a faia europea, que soamente ocupa as serras orientais do país.

Descrición

editar

As follas son enteiras ou escasamente dentadas, de 5 a 15 cm de longo e de 4 a 10 cm de ancho, magras. A flor, é miúda e dun só sexo, polinizada polo vento (véxase anemofilia). Florea na primavera, un chisco despois de apareceren as follas. O froito, a noz de faia, é miúdo (de 10 a 15 mm de longo), contendo en pares, en cascas, e comestíbel, aínda que agre se está cru, cun alto contido de tanino; torrado ten un sabor que lembra ao das abelás.

Galiza

editar

En Galiza só aparece unha especie, a faia europea (Fagus sylvatica), mais é escasa quizais porque ten aquí o seu límite sur de distribución, quizais porque explotáronse antano para a fabricación dos remos, temóns e taboleiros exteriores para o fondo dos navíos da Armada Española, ao ter unha madeira que non podrece. Non obstante, a partir do século XVIII a maioría das faias utilizadas eran de Navarra e Biscaia. Tamén a madeira de faia utilizábase para fabricar os instrumentos de labor, carretas, toneis, cadeiras e caixas e, na actualidade, úsase en ebanistaría, carpintaría e fabricación de chans.[3].

Tamén se emprega en xardinaxe pola beleza do seu porte e mais da súa follaxe outoniza, atopando bos exemplares no Parque de Castrelos de Vigo.

Etimoloxía

editar
 
Faias de toros tortos á beira dunha canle.
 
Faia europea.

O nome galego de faia provén do nome latino e xenérico fagus, que á súa vez provén do grego phagos, “comer”, aludindo froitos nutritivos.

Especies

editar
  1. "Fagus". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 19 de marzo de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 
  3. http://www.vexetaciondegalicia.es/ar-fagus-sylvatica.html

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar