Península de Crimea
A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada pola auga.
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Territorio reivindicado por | Rusia Ucraína | ||||||||
Estado | Ucraína | ||||||||
República autónoma | República Autónoma de Crimea | ||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 2.340.921 (2017) (86,7 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 27.000 km² | ||||||||
Bañado por | Mar Negro e Mar de Azov | ||||||||
Punto máis alto | Roman-Kosh (pt) (1.545 m) | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Evento clave
| |||||||||
Os seus nomes oficiais son:
A península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014.
Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.
Está rodeada por dous mares, o mar de Azov e o mar Negro, e só se conecta coa parte continental de Ucraína a través do istmo de Perekop de 8 km de ancho.
Crimea formou parte do Khanato de Crimea e do Imperio Otomán. O 8 de abril de 1783, Catarina II de Rusia anexionou de facto ao Imperio ruso a península integrándoa na gobernatura de Táuride.
Na actualidade, a República Autónoma de Crimea compón a maior parte da península.
Clima
editarA maior parte de Crimea ten un clima continental temperado, con excepción da costa sur (onde se hai un clima subtropical húmido, debido á influencia cálida do mar Negro) e as terras altas das montañas de Crimea (que teñen un clima continental húmido).
Os veráns poden ser quentes (28 °C en xullo, de media) e os invernos son frescos (–0.3 °C en xaneiro, de media) no interior. Os invernos na costa sur son máis suaves (4 °C en xaneiro, media) e as temperaturas baixoo cero son moi excepcionais. Na zona alta, en inverno é común que existan xeadas. As precipitacións en toda Crimea son baixas, cunha media de só 400 mm) ao ano.
Debido ao seu clima, as praias da costa sur son un destino popular para os turistas de Ucraína e Rusia.