Sebastopol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Coordenadas: 44°36′00″N 33°32′00″L / 44.60000, -33.53333
Sebastopol[1] (en ucraíno e ruso: Севастополь, tr. "Sevastopol"; en tártaro de Crimea: Aqyar) é unha cidade situada na península de Crimea. Ten 379.200 habitantes (2007), na súa maioría rusos (71,6 %), seguidos dos ucraínos (22,4 %). É un importante porto do Mar Negro. Conta cunha base naval de utilización conxunta para a Mariña Rusa e a Mariña Ucraína.
Sebastopol | |||
---|---|---|---|
Севастóпoль Aqyar | |||
![]() | |||
Vista do porto de Sebastopol. | |||
Localización | |||
País | ![]() ![]() | ||
Concello | Concello de Sebastopol | ||
Xeografía | |||
Altitude | 100 msnm | ||
Superficie | 864 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 379.200 hab. (2007) | ||
Densidade | 438,89 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 99000—99699 | ||
Páxina oficial de Sebastopol |
A súa situación política é disputada entre Rusia e Ucraína. Rusia goberna a cidade baixo o status de cidade federal, limitando coa República de Crimea. Pola súa parte o goberno de Ucraína estende as súas reclamacións sobre a cidade tamén ao resto da península de Crimea.
HistoriaEditar
A cidade fundouse en 1783 ao anexionar Rusia a península de Crimea, pola súa posición estratéxica converteuse nunha importante base naval e máis tarde nun porto comercial. En 1797 a cidade pasou a se denominar Akhtiar, nome dun asentamento tártaro nas súas proximidades, en 1826 a cidade recuperou o seu nome actual. Sebastopol foi teatro de operacións en diferentes conflitos bélicos, permaneceu asediada durante once meses (1854-1855) durante a Guerra de Crimea, foi sede dende 1918 ata 1920 do cuartel xeral do Exército Branco baixo o mando de Piotr Nikolaievich Wrangel e na segunda guerra mundial sufriu o asedio alemán durante 250 días (1941-1942) que aniquilou a gran parte da poboación. Durante a época da Unión Soviética Sebastopol foi unha cidade pechada, dependente directamente das autoridades centrais.
Incorporación a RusiaEditar
En marzo de 2014, despois do Referendo de Crimea de 2014, a cidade de Sebastopol xunto coa recentemente creada República de Crimea, solicitaron a súa incorporación á Federación Rusa.