Belgorod

cidade de Rusia

Coordenadas: 50°36′N 36°36′L / 50.600, -36.600

Belgorod (en ruso Белгород) é unha cidade, que é o centro administrativo do óblast de Belgorod da Federación de Rusia.

Panorámica da cidade. No centro, sede do goberno do óblast homónimo.

O topónimo Belgorod significa literalmente en ruso "cidade branca". Etimoloxicamente correspóndese con outros nomes de cidades eslavas de idéntico significado como Belgrado ou Belogradchik, entre outras.

XeografíaEditar

A unha altitude media de 130 msnm, está situada na beira dereita do río Séverski Donéts, a uns 40 km ao norte da fronteira con Ucraína.

A cidade ocupa unha superficie de 153,1 km². No ano 2017 tiña unha poboación de 391 135 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2 554,77 hab./km².

HistoriaEditar

A cidade foi fundada por orde do tsar Teodoro I de Rusia o 11 de setembro de 1596 como unha fortaleza fronteiriza.

O asentamento foi mencionado por primeira vez en 1237, cando foi arrasado polas hordas de Batu Khan. No está claro se este Belgorod se encontraba no mesmo lugar onde está a cidade actual. En 1596, foi refundada por orde do tsar Teodoro I como unha das numerosas fortalezas creadas para defender as fronteiras do sur do Zarato ruso dos tártaros de Crimea.[1]

No século XVII sufriu en varias ocasións incursións tártaras, contra as que se construíu unha muralla de terra con doce fortes que se estendía por máis de 320 km desde o río Vorskla ao río Don, e chamouse a esta a "liña de Belgorod" (en ruso Белгоро́дская засе́чная черта́, Belgoródskaya zaséchnaya chertá).

En 1666 fundose na cidade unha sé arcebispal.[2]

NotasEditar

  1. Энциклопедия Города России (Moscova: Большая Российская Энциклопедия ed.). 2003. p. 39. ISBN 5-7107-7399-9. 
  2. Byelgorod, na Encyclopædia Britannica Volume 4, 1911.

Véxase taménEditar