Teodoro I de Rusia
Teodoro I Ivanovich (en ruso: Фёдор I Иванович, "Fedor I Ivanovich"), nado o 31 de maio de 1557 e finado o 7 de xaneiro de 1598, foi tsar de Rusia desde 1584 ata 1598.
Teodoro I de Rusia | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 31 de maio de 1557 e 11 de maio de 1556 |
Moscova | |
Falecemento | 7 de xaneiro de 1598 |
Moscova | |
Pai | Iván IV de Rusia |
Nai | Anastasia Romanovna |
Cónxuxe | Irina Godunova |
Fillos | Feodosia Feodorovna of Russia |
Relixión | Igrexa ortodoxa rusa e Cristianismo ortodoxo |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fillo do tsar Iván o Terrible e de Anastasia Romanovna Zakharina. No ano 1580 contrae matrimonio con Irene Godúnovna irmá de Boris Godunov. Tiña un carácter piadoso e pasou a maior parte do seu tempo rezando.
Ó morrer o seu pai, herdou unha terra destruída polas atrocidades deste, non moi interesado nas tarefas de goberno, deixou esta tarefa ó seu irmán político Boris Godunov. Ó morrer a súa única filla, o tsar caeu nunha gran depresión.
Tras a morte de Teodoro I, remata o goberno da dinastía Rúrika.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
BibliografíaEditar
- Heller, Michel (2009): Histoire de la Russie et de son empire. París: Editions Flammarion. ISBN 2081235335.
Outros artigosEditar
Predecesor: Iván IV de Rusia |
Tsar de Rusia 1584 - 1598 |
Sucesor: Boris Godunov |