Nizhnii Novgorod

cidade de Rusia, capital do distrito federal do Volga

Coordenadas: 56°19′37″N 44°00′27″L / 56.32694, -44.00750

Nizhnii Novgorod (en ruso: Нижний Новгород) é unha cidade da parte europea de Rusia, centro económico e cultural da rexión do Volga-Vyatka e tamén a capital administrativa do Óblast de Nizhnii Novgorod e do Distrito Federal do Volga.

Nizhnii Novgorod
Нижний Новгород
Imaxes da cidade
Localización
Rusia (Europa)
Nizhnii Novgorod
Nizhnii Novgorod
PaísRusia Rusia
Distrito FederalVolga
RexiónNizhnii Novgorod
Xeografía
Altitude80 msnm
Superficie466,5 km² km²
Demografía
Poboación1.267.760 hab. (2015)
Densidade4.583 hab./km²
XentilicioNizhegorodets
Outros datos
Código postal603000 - 603999
AlcaldeIvan Karnilin
adm.nnov.ru Páxina Oficial

Xeografía Editar

Segundo o censo da poboación do 2010, conta cuns 1,25 millóns de habitantes. Representa a quinta maior cidade da Federación Rusa, despois de Moscova, San Petersburgo, Novosibirsk e Ekaterimburgo, e a terceira da súa parte europea.

Historia Editar

Do 1932 ata 1990 o nome da cidade foi Gorkii (Горький) grazas ao escritor Maksim Gorkii nacido na cidade. O físico Alexander Sergeev, presidente da Academia Rusa de Ciencias entre 2017 e 2022, tamén naceu en Gorkii.[1]

A cidade estivo cerrada ao turismo durante unha boa parte da era soviética, ata os principios dos 1990.

Tamén posúe un antigo centro conservado e moitos monumentos históricos, arquitectónicos e culturais únicos recoñecidos pola UNESCO grazas ao valor histórico e cultural que posúen.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar

----

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.