Novosibirsk
Coordenadas: 55°01′N 82°56′L / 55.017, -82.933
Novosibirsk (en ruso: Новосибирск) é unha cidade rusa, capital administrativa do óblast de Novosibirsk.
Novosibirsk | |||
---|---|---|---|
Новосибирск | |||
| |||
![]() | |||
Estación dos ferrocarrís de Novosibírsk. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Óblast | Óblast de Novosibirsk | ||
Xeografía | |||
Superficie | 502,1 km² km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 473 754 hab. (2010) | ||
Densidade | 2 935 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 630000–630992, 901073, 901077 | ||
Alcalde | Anatoly Lokot | ||
Páxina oficial |
Poboación editar
É a terceira cidade máis poboada do país despois de Moscova e San Petersburgo, con 1.547.910 habitantes segundo o censo de 2014. A aglomeración urbana xa conta aproximadamente cuns 1.900.000 habitantes.
Orixe histórica editar
Foi fundada no 1893. O emperador Alexandre III de Rusia comezou a construción do ferrocarril Transiberiano. Considerouse que o ferrocarril cruzaría o río Obi preto da antiga cidade de Kolyvan, pero finalmente decidiuse que se construíse unha ponte na cidade de Krivoschokovo. Serían necesarios moitos homes para construír esta ponte, e iso deu paso ao crecemento do asentamento de Novonikoláyevsk, como antes se chamaba a cidade de Novosibirsk, polo que se converteu nos anos seguintes nunha das cidades máis grandes da parte asiática de Rusia.[1]
Grazas ao intercambio e florecemento de novos negocios, a vila converteuse nunha gran cidade; Novonikolayevsk recibiu oficialmente o status de cidade en decembro de 1903.
Situación e superficie editar
A cidade conta cunha superficie duns 506,67 km² e divídese en 10 distritos administrativos.
Transportes editar
A cidade conta co Aeroporto Internacional de Novosibirsk e un sistema do metro inaugurado no 1986, de dúas liñas. O emperador Alexandre III creou unha vía férrea que une a rexión de Siberia co resto do país; iso deu comezo á construción do ferrocarril Transiberiano.
A distancia desde Novosibirsk até Moscova é duns 3.191 quilómetros.
Notas editar
- ↑ "History of Novosibirsk". www.allsiberia.com (en inglés). Consultado o 2022-06-12.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Novosibirsk |
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |