Krasnoiarsk

cidade de Rusia

Coordenadas: 56°01′00″N 92°52′00″L / 56.01667, -92.86667

Krasnoiarsk, en ruso Красноярск, é unha cidade de Rusia, o centro administrativo do krai de Krasnoiarsk.

Vista de Krasnoiarsk de noite.

Xeografía editar

A cidade encóntrase situada a ambas as beiras do río Ienisei e en 2017 tiña unha poboación de 1 083 865 habitantes (688 000 en 1972, 412 000 en 1959 e 190 000 en 1939).

Historia editar

O gobernador (voivoda) Andréi Dubenski fundou a cidade en 1628 na confluencia dos ríos Kacha e Ienisei como bastión defensivo, co nome de Krasni (Красный en cirílico, que quere dicir vermello), tomando posteriormente o nome de Krasni iar (Красный Яр, barranco vermello). A categoría de cidade foille outorgada en 1690. En 1822 estableceuse o gobernorato de Ieniseisk, que cubría un territorio moi similar ao do krai de Krasnoiarks actual, con Krasnoiarsk como centro administrativo. En 1934 creouse o krai de Krasnoiarsk, coa cidade de Krasnoiarsk como capital.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.