Sapporo

cidade do Xapón, capital da prefectura de Hokkaidō

Sapporo[1] (en xaponés, 札幌市, さっぽろし, Sapporo-shi) é a quinta maior cidade do Xapón, situada na illa de Hokkaidō. É a capital da prefectura de Hokkaidō. Ten preto de 2.25 millóns de habitantes. Foi designada cidade por mandato gobernamental o 1 de abril de 1972. É servida polo Aeroporto de Chitose.

Sapporo
札幌市
Parque Odori de Sapporo
Localización
Sapporo en Xapón
Sapporo
Sapporo
País Xapón
RexiónHokkaido
PrefecturaHokkaido
Xeografía
Superficie1.121,12 km²
Demografía
Poboación1.921.831 hab. (2011)
Densidade1.699 hab/km²
Outros datos
Código postal060-8611
AlcaldeFumio Ueda
Páxina oficial de Sapporo

Organizou os primeiros Xogos Olímpicos de Inverno da Asia, que comezaron o 3 de febreiro de 1972. O maior evento anual de Sapporo é o Festival de neve en febreiro, coñecido pola súa competición de esculturas no xeo.

No Xapón, Sapporo é coñecido como a sede da cervexa Sapporo e do ramen con sabor a miso. O barrio de diversións e entretemento de Susukino está entre os maiores e máis coñecidos do Xapón.

División administrativa editar

 

O concello de Sapporo divídese en 7 barrios (ku 区): Chuo-ku, Kita-ku, Higashi-ku, Shiroishi-ku, Toyohira-ku, Minami-ku, Nishi-ku, Atsubetsu-ku, Teine-ku, Kiyota-ku.

Universidade editar

Cidades irmandadas editar

Notas editar

  1. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1892. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar