Ferrocarril Transiberiano

Rede ferroviaria que conecta Moscova co Lonxano Oriente ruso e o mar do Xapón

O ferrocarril Transiberiano, abreviadamente coñecido como o Transiberiano (en ruso Транссибирская магистраль, Transsibirskaya magistral, Транссиб, Transsibirs) é unha rede ferroviaria que conecta Moscova coa parte oriental da Federación Rusa.[1]

Ponte do ferrocarril Transiberiano sobre o río Kama.

Cunha lonxitude de 9 289 km entre Moscova e Vladivostok, é a terceira liña ferroviaria máis longa do mundo.[2]

Os ministros do goberno do Imperio Ruso nomeados persoalmente polo emperador Alexandre III de Rusia e o seu fillo, o tsarevich Nicolás, supervisaron a construción do ferrocarril entre 1891 e 1916. Mesmo antes da súa finalización, a liña atraeu viaxeiros que escribiron sobre as súas aventuras.[3]

O Ferrocarril Transiberiano conectou Moscova e Vladivostok directamente dende 1916. A expansión do sistema ferroviario continúa,[4] con vías que van cara a Mongolia, a República Popular da China, Corea do Norte e o Xapón.[5]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Lonely Planet Guide to the Trans-Siberian Railway" (PDF). Lonely Planet Publications. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de setembro de 2012. 
  2. Thomas, Bryn; McCrohan, Daniel (2019). Trans-Siberian Handbook: The Guide to the World's Longest Railway Journey with 90 Maps and Guides to the Route, Cities and Towns in Russia, Mongolia and China (10 ed.). Trailblazer Publications. ISBN 978-1912716081. Consultado o 15 de outubro de 2020. 
  3. Meakin, Annette, A Ribbon of Iron (1901), reprinted in 1970 as part of the Russia Observed series (Arno Press/New York Times)(OCLC 118166).
  4. "New 8,400 mile train journey will connect London to Toyko". The Independent (en inglés). 2017-09-08. Consultado o 2020-11-11. 
  5. "Russia offers a bridge across history to connect Tokyo to the Trans-Siberian railway". siberiantimes.com. Consultado o 2020-11-11. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.