Sant Boi de Llobregat

concello e cidade da provincia de Barcelona

Coordenadas: 41°20′10″N 2°02′35″L / 41.336, 2.043

Sant Boi de Llobregat é un municipio e cidade catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Baix Llobregat e forma parte da área metropolitana de Barcelona.

Sant Boi de Llobregat
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBaix Llobregat
Xeografía
Altitude30 msnm
Superficie21,48 km²
Demografía
Poboación82.411 hab.
Densidade3.836,64 hab/km²
XentilicioSantboià, santboiana
Outros datos
AlcaldeJaume Bosch i Pugès (PSC-PSOE)
www.santboi.cat

Xeografía Editar

Situado no Delta do Llobregat, limita cos municipios de Santa Coloma de Cervelló ao norte, Sant Joan Despí ao nordeste, Cornellà de Llobregat ao leste, El Prat de Llobregat polo sur, Viladecans ao suroeste, e Sant Climent de Llobregat polo oeste.

Respecto á contorna natural, o territorio é bañado polas augas do río Llobregat e, a pesar de atoparse na chaira conformada polo delta destaca a montaña de Sant Ramon (293 m) e, sobre todo, Can Cartró (338 m), onde se acha o punto máis elevado do municipio, así como a Muntanyeta (72 m), que se atopa no medio da zona urbana, aínda que mantén a súa vexetación (principalmente de piñeiros) e un monte próximo ao río, lugar no que se atopaba un castelo desde o cal os musulmáns controlaron a zona na Idade Media.

Demografía Editar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
5.311 8.867 10.811 50.051 74.550 79.337 84.530

Barrios Editar

  • Barri Centre
  • Camps Blancs
  • Casablanca
  • Ciutat Cooperativa-Molí Nou
  • Marianao
  • Vinyets-Molí Vell

Economía Editar

Actualmente, o sector económico predominante é o terciario. Aínda que ten varios polígonos industriais na A-16 e entre a A-16 e o aeroporto, o sector primario ten unha presenza medianamente relevante. O máis característico produto local son as alcachofas, que teñen denominación de orixe "Sant Boi". Tamén os polos criados na localidade entran na denominación de orixe de El Prat.

Lugares de interese Editar

  • Ermida de Sant Ramon
  • Igrexa de Sant Baldiri
  • Museo de Sant Boi
  • Termas Romanas
  • Praza da Generalitat

Galería de imaxes Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar