Ekaterimburgo

cidade rusa no óblast de Sverdlovsk

Ekaterimburgo (en ruso: Екатеринбург) é a maior cidade na parte central de Rusia e o centro administrativo da Óblast de Sverdlovsk. Situada na zona leste da cordilleira dos Urais é o principal centro cultural e industrial do Distrito Federal dos Urais. É a cuarta cidade máis poboada de Rusia. Segundo o censo de 2010 contaba cuns 1 350 136 habitantes, se ben segundo o censo en 1989 tiña 1 364 621. Entre 1924 e 1991, a cidade foi coñecida como Sverdlovsk (Свердлoвск), en honor ao xefe bolxevique Yakov Sverdlov.

Ekaterimburgo
Екатеринбург
Localización
Rusia (Europa)
Ekaterimburgo
Ekaterimburgo
PaísRusia Rusia
Distrito federalDistrito federal dos Urais
Óblast Óblast de Sverdlovsk
Xeografía
Superficie490 km²
Demografía
Poboación1 350 136 hab. (2010)[1]
Densidade2.755,38 hab./km²
XentilicioEkaterinburgués/a
Outros datos
Código postal620000
AlcaldeEugeny Porunov
www.ekburg.ru

Historia Editar

A cidade foi fundada en 1723 por Vasily Tatischev e dedicoulle o nome a santa Catarina, que compartía nome co da filla do tsar Pedro o Grande a emperatriz Catarina (Ekaterina). A data oficial da fundación é o 18 de novembro de 1723.

Pouco despois da Revolución Rusa, o 17 de xullo de 1918, o tsar Nicolao II, a súa muller Alexandra, as súas fillas as Grandes Duquesas Olga, Tatiana, María e Anastasia, e o tsarévich Alexei foron asasinados xunto cos seus serventes polos bolxeviques na Casa Ipatiev da cidade. En 1977, a Casa Ipatiev foi destruída por orde de Boris Eltsin, que máis tarde chegaría a ser presidente da Federación Rusa. Este representou ao pobo ruso no funeral do tsar en 1998.

Na década de 1920 Ekaterinburgo transformouse nun importante centro industrial en Rusia. A fábrica de maquinaria pesada máis grande en Europa, a Uralmash (Уралмаш, literalmente Planta de Construción de Maquinaria dos Urais), foi construída nesta cidade.

A partir de 1924 e ata 1991, a cidade recibiu o nome de Sverdlovsk, en honor ó dirixente bolxevique, Iakov Sverdlov, autor intelectual do asasinato da Familia Imperial.

Cidades irmás Editar

 
Еkaterimburgo desde o río.

Ekaterinburgo esta irmandada con:

Notas Editar

  1. "Censo de 2010". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2012. 
  2. "San Jose Sister City". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2018. Consultado o 2014. 
  3. "Guangzhou Sister Cities [via WaybackMachine.com]". Guangzhou Foreign Affairs Office. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  4. "2012 Membership Directory SCI" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2015. Consultado o 3 de maio de 2015. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar