Maxim Gorki

escritor e político ruso identificado co movemento revolucionario soviético

Aleksei Maksimovich Peshkov, (en ruso: Алексей Максимович Пешков), nado en Nizhnii Novgorod o 28 de marzo de 1868 e finado en Moscova o 18 de xuño de 1936, máis coñecido polo seu pseudónimo Maxim Gorki (en ruso: Максим Горький), foi un escritor ruso identificado co movemento revolucionario soviético.[1]

Maxim Gorki
Nome completoAleksei Maksimovich Peshkov
AlcumeМаксим Горький e Иегудиил Хламида
Nacemento16 de marzo de 1868, 14 de marzo de 1868 e 1868
 Nizhnii Novgorod
Falecemento18 de xuño de 1936, 14 de xuño de 1936 e 1936
 Gorki-10 e Moscova
Causapneumonía
SoterradoNecrópole da muralla do Kremlin
Nacionalidade ruso
EtniaPobo ruso
Relixiónateísmo
Ocupaciónescritor, dramaturgo, novelista, autobiógrafo, autor de diarios, xornalista, poeta, dramaturgo, xornalista de opinión e político
CónxuxeYekaterina Peshkova
Maria Fyodorovna Andreyeva
FillosMaxim Peshkov
PeríodoModernismo
Movementomovemento revolucionario soviético
Xénerosnovela
Coñecido/a porThe Mother, The Lower Depths, My Childhood, Twenty-six Men and a Girl e The Life of Klim Samgin
Profesiónescritor
PremiosOrde de Lenin
Na rede
http://maximgorkiy.narod.ru/
IMDB: nm0331003 IBDB: 7666
Galiciana: 155066 Bitraga: 935 Musicbrainz: c02629f7-6ef5-4d66-85e7-d4fd36a78260 Discogs: 2719817 IMSLP: Category:Gorky,_Maxim Find a Grave: 8298247 Editar o valor em Wikidata
http://maximgorkiy.narod.ru/
editar datos en Wikidata ]
Fotografía coa autografía de Maxim Gorki.

Traxectoria Editar

Aleksei Peshkov era fillo dun tapiceiro que con moito traballo e esforzo mellorou máis tarde a súa posición social. Gorki empezou desde neno a desempregar oficios variados, ata que decidiu abandonar o fogar paterno para facer a súa vida independentemente. No transcurso de 18 anos, entre 1875 e 1893, o autor traballou como empregado de pintor, axudante de panadeiro, camareiro de barco, empregado de ferrocarrís e mesmo como vendedor de bebidas.

Comezou a utilizar o pseudónimo Gorki en 1892, mentres traballaba en Tbilisi para o xornal Кавказ (O Cáucaso).[2]

Toda a experiencia acumulada ó longo desa época enriquecería máis tarde a bagaxe temática do escritor. De feito, as súas vivencias e as das persoas coas que traballou e conviviu deron vida ós relatos das súas obras autobiográficas Infancia, Entre os homes e As miñas entrevistas.

Unha das súas experiencias, a súa permanencia como pasante de avogado, foi a que despertou o seu gusto pola literatura e o seu interese pola cultura. En adiante, a lectura foi actividade crucial nos seus días e máis tarde deu vida ás súas primeiras narracións: Makar-Tchudra (1892) ou Tchelkach (1895).

A súa obra Editar

 
Selo conmemorativo dedicado ó escritor.

A obra de Maxim Gorki medrou axiña. Xa en 1898 reunira a súa produción narrativa en dous volumes. A súa persoa era cada vez máis popular, os seus contos agradaban ó público e a súa fama transcendera as fronteiras para levar o seu nome por toda Europa.

Entón, tamén as súas producións teatrais Pequenos burgueses e Os baixos fondos acadaron o éxito. Foron levadas a escena en 1902 no Teatro de Artes de Moscova e máis tarde recorreron os mellores escenarios de Europa. Estas obras de teatro empregaron de xeito innovador técnicas naturalistas estruturando unha serie de tramas paralelas nas que practicamente tódolos personaxes tiñan a mesma importancia.

Noutros campos seguiu acadando novos logros. Da narrativa curta pasou á de longo alcance con novelas como “Varen’ka Olesova” (1898), Foma Gordeev (1899) e Os tres (1900).

En San Petersburgo estableceu contacto con destacados marxistas que o motivaron a volver a vista cara aos problemas sociais, convencéndoo da conveniencia do movemento revolucionario. Tamén na súa obra plasmou a súa simpatía con estes ideais, como o amosan os seus dramas O canto do petrel, Os veraneantes, Os fillos do sol, Os inimigos ou Os bárbaros. Porén, a censura recaeu sobre algúns deles. Foi nomeado membro honorario da Academia Imperial de Ciencias, pero en 1902 foille anulado o posto a causa de diverxencias políticas. Porén, Maxim Gorki non estaba disposto a ceder nos seus ideais e seguiu apoiando á Revolución, o que o levou ó cárcere.

En 1907 mudouse a Capri por severos problemas de saúde, e alí xa nese ano escribiu a súa obra máis popular, A nai, na que relata a evolución do pensamento da nai dun obreiro socialista, así como a contorna da Rusia revolucionaria. Na illa italiana estableceu un centro de emigración revolucionaria ata pouco antes de estalar a primeira guerra mundial. Mentres tanto, a súa fama ía en decadencia e el mesmo sufría unha crise de identidade influenciado polas ideas de Tolstoi.

Ó estalar a Revolución rusa en 1917 encontrábase na súa patria, onde traballou activamente no eido cultural ata 1921, cando se traslada a Alemaña, onde permanece tres anos.

Despois estivo en Sorrento, e en 1928 regresa a Rusia, onde empeza a etapa da súa obra na que sustentou o réxime soviético. Maxim Gorki morreu en Moscova o 14 de xuño de 1936.

Notas Editar

  1. Liukkonen, Petri. Kuusankoski Public Library, ed. "Maxim Gorky". Books and Writers (kirjasto.sci.fi). Finlandia. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de abril de 2016. 
  2. "ru:Горький Максим :: Биографии :: РефератБанк :: Рефераты, курсовые и дипломные работы, доклады, сочинения. Скачать бесплатно." (en ruso). 

Véxase tamén Editar