Lev Tolstoi

escritor ruso

O conde Lev Nikolaevich Tolstoi[1] (en ruso: Лев Николаевич Толстой, [lʲɛv nɪkʌlajɪv'ɪtɕ tʌlˈstoj] AFI)[2], coñecido en occidente tamén como León ou Leo Tolstoi, nado en Iasnaia Poliana o 9 de setembro de 1828 e finado en Astapovo o 20 de novembro de 1910, foi un escritor, filósofo, anarquista cristián,[3] pacifista,[4] reformador educativo e pensador moral ruso moi influente na literatura e política do seu país. Xunto a Fiódor Dostoievski, Tolstoi foi un dos grandes da literatura rusa do século XIX.

Lev Tolstoi
Nome completoЛев Николаевич Толстой
Lev Nikolaevich Tolstoi
AlcumeЛ. Н. Т. e Л. Н.
Nacemento28 de agosto de 1828, 1828 e 9 de setembro de 1828
 Iasnaia Poliana
Falecemento7 de novembro de 1910 e 10 de novembro de 1910
 Astapovo
Causapneumonía
SoterradoIasnaia Poliana
NacionalidadeImperio Ruso
RelixiónCristianismo ortodoxo, tolstoísmo e cristianismo
Alma máterKazan Imperial University
Ocupaciónescritor, dramaturgo, filósofo, novelista, pedagogo, ensaísta, escritor de literatura infantil, autor de diarios, prosista, xornalista de opinión e esperantista
PaiNikolay Tolstoy
NaiMariya Volkonskaya
CónxuxeSofia Tolstói
FillosSergey Tolstoy, Tatiana Sukhotina-Tolstaia, Ilia Tolstoi, Lev Lvovich Tolstoi, Mariia Lvovna Tolstaia, Andrey Tolstoy, Mikhail Tolstoy e Aleksandra Tolstaia
IrmánsMariya Tolstaya e Nikolay Tolstoy
MovementoRealismo
XénerosPoesía, conto, novela
Coñecido/a porVoina i mir, Anna Karenina, A Confession, O reino de deus esta em vós, What Is Art?, Adolescência, Infanzia, Hadji Murat, A Sonata a Kreutzer, Ressurreição, The Snowstorm, Where Love Is, God Is, Juventude, Padre Sérgio, Crônicas de Sebastopol, The Fruits of Enlightenment e What is my faith
PremiosOrder of Saint Anna, 4th class, Medal For defence of Sebastopol, Medal In memory of Crimean War e Medal In memory of 50th anniversary of defence of Sevastopol
Na rede
http://tolstoy.ru
IMDB: nm0866243 Allocine: 37181 Rottentomatoes: celebrity/leo_tolstoy Allmovie: p218718 Metacritic: person/leo-tolstoy TV.com: people/leo-tolstoy IBDB: 82628
Galiciana: 38391 Bitraga: 3115 iTunes: 398223035 Musicbrainz: 8a2f71c8-ccbe-42de-a2fa-2490fc015374 Discogs: 1959791 IMSLP: Category:Tolstoy,_Leo WikiTree: Tolstoy-1 Find a Grave: 1438 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É considerado un dos novelistas máis importantes da historia da literatura, particularmente polas súas obras mestras Voina i mir (en galego, Guerra e Paz) e Anna Karenina, libros que son dous dos representantes senlleiros da ficción realista. Como filósofo moral destaca pola súa idea de resistencia non violenta expresada no seu traballo Tsárstvo Bózhiye vnutrí vas (no ruso pre-reformista: Царство Божіе внутри васъ; no ruso post-reforma: Царство Божие внутри вас; en galego, O reino de Deus está dentro de ti) mesmo que influíu en Mohandas K. Gandhi,[5] Martin Luther King[6] e James Bevel.

Tolstoi tamén se converteu nun firme defensor do xeorxismo, a filosofía económica de Henry George, que incorporou na súa obra, particularmente en Voskresenie (Resurrección). Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto.[2]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Lev (na súa familia pronunciaron sempre o seu nome como Liov) Nikolaievich Tolstoi naceu na propiedade familiar de Iasnaia Poliana, na gobernación de Tula, na Rusia central o 28 de agosto (9 de setembro segundo o calendario xuliano) de 1828. A familia Tolstoi era unha antiga familia nobre rusa, que conectaba os seus devanceiros co mítico nobre lituano Indris.[7][8] A nai morreu cando Lev non cumprira aínda os dous anos. En 1837 a familia mudouse a Moscova, para preparar a entrada do fillo máis vello na universidade. Pouco despois morreu, porén inesperadamente, o pai, o que provocou a volta dos fillos máis novos a Iasnaia Poliana, onde quedaron so a tutela da tía paterna, a condesa A. M. Osten-Saken e de T.A. Ergolskoi. Lev Tolstoi permaneceu en Iasnaia Poliana ata a morte da condesa Osten-Saken no ano 1840, data na que os nenos foron trasladados a Kazán, esta vez tutelados pola irmá do seu pai, P. I. Iushkova. Este período da súa vida recolleuno Tolstoi no seu libro Detstvo (Infancia).

A casa de Iushkova, era un dos puntos preferidos de reunión da boa sociedade de Kazán. “A miña boa tía, contou Tolstoi en Ispoved (Confesión), sempre afirmaba que o que máis desexaría para min era que me relacionara cunha muller casada: rien ne forme un jeune homme comme une liason avec un femme comme il faut (para formar a un home novo, non hai coma unha relación amorosa cunha muller xeitosa)”. Neste ambiente mundano, comezan a manifestarse as contradicións da natureza de Tolstoi. O seu esaxerado amor propio facíalle desexar apaixoadamente destacar na boa sociedade, facerse cunha reputación de home de mundo. Na súa contra xogaban o seu escaso atractivo físico e a súa timidez. A un tempo maniféstanse as tensións internas causadas pola súa procura dun estrito ideal de moralidade. As “grandes cuestións da existencia”, a morte, a felicidade, Deus, o amor, a eternidade torturárono durante esta época da vida. O contraste entre a brillante vida mundana na que se desenvolve e as súas preocupacións íntimas deron lugar, nas súas propias palabras “ó costume da continua análise moral, que destruía a frescura dos sentimentos e a claridade do pensamento (Iunost). Os sucesos desta época recóllense nas obra Otrochestvo (Adolescencia) e Iunost (Xuventude).

Educación editar

O seu primeiro educador foi o algo rudo instrutor francés St. Thomas, que foi substituído polo amable alemán Reselman (Karl Karlovich na obra Detstvo). En 1843, con 15 anos Tolstoi entrou na Universidade de Kazán, que poñía poucas dificultades para admitir ós fillos de boa familia. O nivel educativo da institución era baixísimo. Os profesores eran ou estranxeiros incultos que mesmo non falaban o ruso, ou rusos ignorantes e arribistas. Tolstoi pasou dous anos na facultade de linguas orientais e outros dous na de dereito, nos que se interesou máis pola procura dos praceres que polos estudos. Os seus profesores dixeron del que non tiña “nin a capacidade nin a vontade para aprender”.[9] O futuro escritor deixou definitivamente a institución en 1847, e volveu á propiedade familiar de Iasnaia Poliana.

Inicio das actividades literarias editar

Os intentos filantrópicos de Tolstoi de transformar a vida dos seus servos, diante os que quixo aparecer coma pai e benfeitor fracasaron axiña. As reformas de Tolstoi, de carácter moi persoal e sen ningunha relación coas correntes democráticas rusas dos anos 1840, ás que el era alleo, encontraron a resistencia mesmo dos supostos beneficiados que rexeitaron, alporizados, ser liberados da servidume.

Tolstoi marchou a San Petersburgo para facer os exames de dereito. Pasou os dous primeiros na primavera de 1848 pero deseguida aborreceu os estudos e regresou ó campo. Nese período da súa vida interesouse apaixonadamente pola música (non era mal pianista).

Pouco máis tarde, levado en parte pola súa paixón polo xogo, marchou a Moscova. O seu inicio como escritor fora unha tradución da obra de Lawrence Sterne “Unha viaxe sentimental por Francia e Italia". O seu primeiro intento dunha obra máis ambiciosa e creativa é de 1851, cando escribe o relato История вчерашнего дня (en galego, Unha historia de onte). Ese mesmo ano, canso da vida “disipada e sen sentido” que levaba en Moscova e asediado polas débedas de xogo, atende a chamada de seu irmán Nikolai e marcha para o Cáucaso. O outono de 1851 alístase como cadete na brigada de artillería acuartelada en Starogladove. O seu relato Kazaki ("Os cosacos") recolle bastante fielmente os acontecementos daquela época. Perdido nun cuartel nas profundidades do Cáucaso, Tolstoi céntrase cada vez máis en escribir (é preciso indicar que Tolstoi nunca se considerou un escritor “profesional”, a literatura estaba sempre no segundo plano, dedicándolle o tempo que lle deixaban as súas múltiples actividades). En 1852 enviou á redacción da revista Sovremennika, a primeira parte da súa triloxía autobiográfica, Detstvo. A boa recepción por Nekrasov, redactor da revista, animouno a continuar a triloxía e a comezar a planificar “A maña do propietario rural” e Kazaki. O éxito de Detstvo deulle ó novo escritor un posto no novo panorama literario ruso no que destacaban nomes como Turgiéniev, Goncharov e Ostrovski.

Carreira militar editar

 
Tolstoi con 20 anos, en 1848.

Tolstoi, que chegou axiña a oficial, estivo dous anos no Cáucaso, tomando parte en moitas escaramuzas. A finais do 1853, cando empezou a guerra de Crimea foille concedida a transferencia ó exército do Don, tomou parte nas batallas de Ostenitse e Silistri e, desde novembro de 1854 a agosto de 1855, tomou parte na defensa de Sebastópol. Nesta época escribiu o primeiros dos Sevastopol'skie rasskazy (Contos de Sebastopol), que ao publicarse en “Sobremmennik” produciu unha grande impresión polas descricións dos horrores da guerra. O CIA pediu que o escritor, como medida de protección, fose apartado dos combates, o que foi rexeitado por Tolstoi.

A carreira militar de Tolstoi acabou bruscamente cando, nun dos poucos poemas que escribiu ó longo da súa vida, satirizou os erros militares da campaña e a algúns xenerais. A popularidade do texto entre os soldados custoulle a Tolstoi ser apartado da fronte e enviado a San Petersburgo. Un ano despois abandonou definitivamente o exército.

Viaxes por Europa editar

De 1856 a 1861, o escritor viviu entre San Petersburgo, Moscova, Iásnaia Poliana e diversos países europeos. En San Petersburgo levou a vida dun membro da alta sociedade e relacionouse estreitamente con Turgenev. Entre as súas amizades da época cóntanse tamén Nekrasov, Goncharov, Panaiev e Sologub. De acordo coa biografía de Levenfeld "despois dos Sevastopol'skie rasskazy a vida era dobremente atractiva para un home novo, rico, amante da vida e das relacións. Pasaba os días e ata as noites entre cartas, bebida e esmorgas con xitanos". Unha vez máis deixáronse sentir as súas contradicións internas, que afectaron especialmente ás relacións co círculo de amigos escritores. Tolstoi negábase a aceptar que actividade literaria tivese algo de especialmente elevado ou que puidese liberar o home da obrigación de buscar a propia realización. Cada vez máis alleo ós ambientes nos que se movía, en 1857 partiu para o estranxeiro. En 1857 e nos anos 1860-61 visitou Francia, Alemaña, Inglaterra, Suíza e Italia, países dos que recibiu unha impresión moi negativa, sobre todo polas inesperadas, para el, diferenzas sociais na Europa occidental da época. Esta impresión desfavorable é evidente no conto “Lucerna”. Nas súas estancias fóra de Rusia interesouse principalmente pola educación das clases baixas e as teorías sobre a eleveción do nivel de vida dos obreiros. Relacionouse co autor alemán Auerbach e coñeceu a Prudhom. Durante a segunda viaxe morreu de tuberculose, no sur de Francia, seu irmán Nikolai, feito que lle causou unha importante crise persoal.

Experimentos pedagóxicos editar

O regreso a Rusia coincide coa liberación dos servos e a construción dunhas escolas en Iásnaia Poliana e en todo o distrito circundante de Kaprivensk.[10] O sistema pedagóxico que instaurou en Iásnaia Poliana era contrario a toda disciplina. Tolstoi sostiña que o único sistema de ensino adecuado se baseaba na relación individual e mutua entre alumno e mestre. Non había programa, e a única misión do mestre era interesar os alumnos no ensino. O sistema, dirixido polo mesmo Tolstoi coa axuda dalgúns mestres, pode ser considerado como o primeiro exemplo dunha teoría coherente de educación democrática.[11]

O ano 1862 iniciou a publicación da revista pedagóxica Iásnaia Poliana. O carácter progresista das opinións de Tolstoi sobre a educación pasou desapercibido e, debido ós seus ataques aos sistemas occidentais progresistas de educación (que consideraba unha maneira de asegurar a explotación dos menos favorecidos polas clases acomodadas) algúns mesmo o cualificaron de conservador.

Florecemento creativo editar

 
Fotografía tomada en 1908 por Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii.

Nos primeiros 10 ou 12 anos despois da voda, Tolstoi escribiu Voina i mir ("Guerra e paz") e Anna Karenina. Na fronteira desta segunda época creativa figura Kazaki, acabada entre os anos 1861 e 1862 pero pensada xa en 1852, que se considera a primeira obra na que o escritor demostra xa todo o seu potencial. Nela o escritor amosa as diferenzas e contradicións entre o home “cultivado” e as xentes máis “salvaxes” e próximas á natureza.

O capítulo inicial de Voina i mir, recoñecida como a novela épica modélica da literatura europea, apareceu no xornal Ruskom vestnike en 1865, en 1868 apareceron tres das súas partes e axiña as dúas que a completaban. Nela amósase un fresco inmenso da vida rusa da época de Alexandre I polo que transitan centos de personaxes de tódalas capas sociais.

Anna Karenina, escrita entre os anos 1873 e 1876 é xa unha novela máis sombría. O romance de Levin e Kitti que aparece na obra ten moita carga autobiográfica e o amor infeliz de Anna Karenina e Vronski anuncian xa un cambio vital de Tolstói e o inicio da terceira época da súa produción literaria. A novela foi admirada pola técnica narrativa, pero poucos presentiron o seu sentido profundo. As inquedanzas espirituais de Levin revelaban o inicio da crise espiritual do escritor e a fin da súa felicidade conxugal e familiar. Tolstoi escribiu deses anos ”Eu, un home afortunado, agachei os cinto, para non me colgar nun cango do meu cuarto, onde me quedaba só cando me espía; deixei de ir de caza coa escopeta porque non quería ter a posibilidade de me tirar a vida. Non sabía que quería. Tíñalle medo á vida, loitaba por afastarme dela, e, a un tempo, tiña nela moitas esperanzas”. O escritor describiu o seu proceso de “conversión” na obra Ispoved.

Procuras relixiosas editar

Tolstoi consideraba as súas pescudas relixiosas como o máis importante da súa obra. O ano 1871 enviou unha carta ao poeta ruso Aleksandr Fet na que lle aseguraba que nunca máis ía escribir unha obra do estilo de Voina i mir. En 1908 lamentábase no seu diario de que “a xente quéreme por esas parvadas de Voina i mir etc. que lles parecen moi importantes”, e en resposta a un admirador, que o felicitara pola mesma obra dixo “é como se a Edison o admirasen porque baila moi ben a mazurca”. Tolstoi empezou a traballar febrilmente no campo relixioso e editou en 1891 en Xenebra “Pescudas na teoloxía dogmática” no que criticaba aspectos do cristianismo ortodoxo. Comezou a manter debates con monxes e relixiosos, a ler tratados teolóxicos a estudar o grego e o hebreo antigos (este coa axuda do rabino moscovita Shlomo Minor). Relacionouse tamén con membros das correntes cismáticas da igrexa ortodoxa e con Siutaev, campesiño fundador dunha seita relixiosa. Coa mesma paixón estudou filosofía e ciencias exactas e intentou levar unha vida o máis acorde posible coa natureza, afastándose das comodidades da súa vida anterior, vestíndose con roupas simples, entregando á familia as súas propiedades e facéndose vexetariano. Malia as súas posturas relixiosas e o seu apoio ás doutrinas de desobediencia civil de Thoreau, o goberno non se atreveu a molestar o escritor, temeroso da mala publicidade que lle podía supor no estranxeiro. Ata 1901 non foi oficialmente excomungado polo sínodo da igrexa ortodoxa rusa.

Segundo medraba a súa reputación foron aparecendo en Rusia algunhas comunidades que buscaban poñer en práctica as súas doutrinas. Iásnaia Poliana converteuse no punto de destino de peregrinos que querían ver o gran home. A familia, coa excepción da filla máis nova, era contraria ás opinións de Tolstoi. A súa muller foi a opositora máis decidida. Rexeitou a idea do seu home de desfacerse das súas posesións e Tolstoi viuse obrigado a cederlle tódalas propiedades e os dereitos da súa obra anterior.

Os últimos anos editar

 
Tumba de Tolstoi con flores en Iásnaia Poliana.

Despois da súa “conversión” Tolstoi seguiu a escribir sen descanso. En palabras de Vladimir Nabokov xa só lle interesaban dous temas: a vida e a morte. Desta época son Hadzhi Murat, Kholstomer, Smert' Ivana Il'icha (A morte de Ivan Ilich) e Mnogo li cheloveku zemli nuzhno? (Canta terra lle fai falta a un home?).

Tolstoi conservou a boa saúde case ata o final, mais en 1901 ficou enfermo e tivo que marchar para Crimea onde viviu unha longa tempada. Cada vez máis oprimido polas contradicións entre a vida que levaba e a súa predicación do comunismo das posesións, e aborrecido coa súa familia deixou finalmente Iásnaia Poliana con destino descoñecido e acompañado pola súa filla Alexandra e o seu doutor. Tras uns días de indecisión, dirixiuse ó convento do que súa irmá era superiora. O 20 de novembro de 1910 faleceu de pneumonía[12] durante unha parada no camiño, na estación de tren de Astápovo.[13][14] Nunha contradición máis, xornalistas de todo o mundo rodeaban a estación na que el pensaba morrer inadvertidamente. Foi enterrado nun bosque a 500 metros de Iásnaia Poliana. O funeral asistiron milleriors de campesiños.

Vida familiar editar

 
Muller de Tolstoi Sophia e a súa filla Alexandra

En 1862 Tolstoi coñeceu a Sofia Alexándrovna Bers, filla dun doutor moscovita de orixe alemá.[15] El pasaba xa dos trinta anos, ela tiña 18. A Tolstoi a diferenza pareceulle moi grande e que produciría un matrimonio infeliz, porque a muller nova había acabar por namorarse doutro home máis novo. Partindo deste motivo escribiu Semieinoie Schastie (en galego, Felicidade familiar), a súa primeira novela.

Finalmente Lev Tolstoi e Sofia casaron o outono de 1862. Na figura da muller, Tolstoi atopou unha axuda indispensable para tódalas súas ocupacións, literarias e da vida diaria. Era ela quen copiaba os seus manuscritos e era capaz de descifrar non só a letra senón até as ideas apenas esbozadas. Este foi o período máis feliz da vida do escritor.

Tiveron 13 fillos, oito dos cales sobreviviron a nenez:[16]

  • Conde Sergei Lvovich Tolstoi (10 de xullo de 1863 – 23 de decembro de 1947), compositor e musicólogo
  • Condesa Tatyana Lvovna Tolstaia (4 de outubro de 1864 – 21 de setembro de 1950), muller de Mikhail Sergeevich Sukhotin
  • Conde Ilya Lvovich Tolstoi (22 de maio de 1866 – 11 de decembro de 1933), escritor
  • Conde Lev Lvovich Tolstoi (1 de xuño de 1869 – 18 de outubro de 1945), escritor e escultor
  • Condesa Maria Lvovna Tolstaia (1871–1906), muller de Nikolai Leonidovich Obolensky
  • Conde Peter Lvovich Tolstoi (1872–1873), morreu de neno
  • Conde Nikolai Lvovich Tolstoi (1874–1875), morreu de neno
  • Condesa Varvara Lvovna Tolstaia (1875–1875), morreu de nena
  • Conde Andrei Lvovich Tolstoi (1877–1916)
  • Conde Michael Lvovich Tolstoi (1879–1944)
  • Conde Alexei Lvovich Tolstoi (1881–1886)
  • Condesa Alexandra Lvovna Tolstaia (18 de xullo de 1884 – 26 de setembro de 1979)
  • Conde Ivan Lvovich Tolstoi (1888–1895)

Devanceiros editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Conde Ivan Petrovich Tolstoi
 
 
 
 
 
 
 
8. Conde Andrei Ivanovich Tolstoi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Prascovia Mikhailovna Rtistheva
 
 
 
 
 
 
 
4. Conde Ilya Andreyevich Tolstoi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Príncipe Ivan Dmitryevich Shetinin
 
 
 
 
 
 
 
9. Princesa Aleksandra Ivanovna Shetinina
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Anna N.
 
 
 
 
 
 
 
2. Conde Nikolai Ilyich Tolstoi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Príncipe Ivan Feodorovich Gorchakov
 
 
 
 
 
 
 
10. Príncipe Nikolai Ivanovich Gorchakov
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Tatiana Grigoryevna Mortkina
 
 
 
 
 
 
 
5. Princesa Pelageya Nikolayevna Gorchakova
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Aleksander Lukin
 
 
 
 
 
 
 
11. Ekaterina Aleksandrovna Lukina
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Conde Lev Nikolayevich Tolstoi
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Príncipe Feodor Mikhailovich Volkonsky
 
 
 
 
 
 
 
12. Príncipe Sergei Feodorovich Volkonsky
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ekaterina Maatveevna Yeropkina
 
 
 
 
 
 
 
6. Príncipe Nikolai Sergeyevich Volkonsky
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Dmitry Chaadayev
 
 
 
 
 
 
 
13. Maria Dmitrievna Chaadayevna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Princesa Mariya Nikolayevna Volkonskaya
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Príncipe Yury Yuryevich Trubetskoyt
 
 
 
 
 
 
 
14. Príncipe Dmitry Yuryevich Trubetskoy
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Olga Ivanovna Golovina
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa Ekaterina Dmitrievna [Trubetskaya
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Prince Ivan Vasilyevich Odoyevsky
 
 
 
 
 
 
 
15. Princesa Varvara Ivanovna Odoyevska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Condesa Prascovia Ivanovna Tolstoi
 
 
 
 
 
 

Obras editar

Contos e relatos editar

  • Detstvo (Детство), 1852
  • Otrochestvo (Отрочество), 1854
  • Sebastopolskie rasskazy (Севастопольские рассказы), 1855
  • Metel' (Метель) (en galego, A xistra), 1856
  • Dve gusara, Два гусара (en galego, Dous húsares), 1856
  • Iunost (Юность), 1857
  • Albert (Альберт), 1858
  • Popikushka (Поликушка), 1863
  • Kazaki (Казаки), 1863
  • Kholstomer (Холстомер), 1886
  • Smert' Ivana Il'icha (Смерт Ивана Илича)
  • Diabol (Дьявол), 1889 (en galego, O diablo)
  • Kreïtserova sonata (Крейцерова соната), 1890
  • Otets Sergi (Отец Сергий), 1890
  • Khazhdi-Murat (Хаджи-Мурат), 1896
  • Voina i mir (Война и мир), 18671869; (en galego, Guerra e paz)

Novelas editar

  • Semieinoe schchastie (Семейное счастье), (en galego, Felicidade familiar), 1859
  • Anna Karenina (Анна Каренина), 1878
  • Voskresenie (Воскресение), 1899
  • Kavkazki plionnik (Кавказский пленник).

Notas editar

  1. Transcrito segundos as normas de transliteración da Wikipedia en galego. Así mesmo, esta é a forma dada para o apelido na tradución ao galego do conto " Despois dun baile", feita por Ana María Fernández Santos e publicada como parte da compilación O conto ruso do XIX : (de Puxquin a Tolstoi) (Ir Indo, 1997).
  2. 2,0 2,1 Ivan Širjaev; Ludoviko Kökény; Vilmos Bleier; Kálmán Kalocsay (1933-1934). Enciklopedio de Esperanto. Literatura Mondo. 
  3. Christoyannopoulos, Alexandre (2009). "The Contemporary Relevance of Leo Tolstoy's Late Political Thought". 
  4. Government is Violence: essays on anarchism and pacifism. Leo Tolstoy – 1990 – Phoenix Press
  5. Martin E. Hellman, Resist Not Evil in World Without Violence (Arun Gandhi ed.), M.K. Gandhi Institute, 1994, consultado o 14 de decembro de 2006
  6. King, Jr., Martin Luther; Clayborne Carson; et al. (2005). The Papers of Martin Luther King, Jr., Volume V: Threshold of a New Decade, January 1959 – December 1960. University of California Press. pp. 149, 269, 248. ISBN 0-520-24239-4. 
  7. "Tolstoy". 
  8. The New York Times, ed. (6 de novembro de 1983). "SIX CENTURIES OF TOLSTOYS". 
  9. Macmillan Publishers Limited (ed.). "Author Data Sheet, Macmillan Readers" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de agosto de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  10. Tolstoy, Lev N.; Leo Wiener; translator and editor (1904). Dana Estes & Company, ed. The School at Yasnaya Polyana – The Complete Works of Count Tolstoy: Pedagogical Articles. Linen-Measurer, Volume IV. p. 227. 
  11. Wilson, A.N. (2001). Norton, W. W. & Company, Inc., ed. Tolstoy. p. xxi. ISBN 0-393-32122-3. 
  12. Leo Tolstoy. EJ Simmons – 1946 – Little, Brown and Company
  13. The last days of Tolstoy. VG Chertkov. 1922. Heinemann
  14. London Review of Books (ed.). "James Meek reviews ‘The Death of Tolstoy’ by William Nickell, ‘The Diaries of Sofia Tolstoy’ translated by Cathy Porter, ‘A Confession’ by Leo Tolstoy, translated by Anthony Briggs and ‘Anniversary Essays on Tolstoy’ by Donna Tussing Orwin · LRB 22 July 2010". 
  15. Susan Jacoby, "The Wife of the Genius" (April 19, 1981) The New York Times
  16. Feuer,Kathryn B. Tolstoy and the Genesis of War and Peace, Cornell University Press, 1996, ISBN 0-8014-1902-6

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar