George Eliot
Mary Ann Evans, tamén escrito como Mary Anne ou Marian, e coñecida polo seu pseudónimo George Eliot, nada o 22 de novembro de 1819 e finada o 22 de decembro de 1880, foi unha novelista, xornalista e tradutora británica. Trátase dunha das figuras máis destacadas da era vitoriana. É autora de sete novelas, entre as que figuran Adam Bede (1859), The Mill on the Floss (1860), Silas Marner (1861), Middlemarch (1871–72), e Daniel Deronda (1876), moitas delas contextualizadas na Inglaterra provincial e enfocadas dende un punto de vista realista e psicolóxico. De entre esas obras destaca sobre todo Middlemarch, que foi descrita por Martin Amis[1] e Julian Barnes[2] como a máis importante novela en lingua inglesa.
George Eliot | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mary Anne Evans |
Alcume | George Eliot |
Nacemento | 22 de novembro de 1819 e 1819 |
Lugar de nacemento | Nuneaton |
Falecemento | 22 de decembro de 1880 e 1880 |
Lugar de falecemento | Londres |
Causa | nefropatia |
Soterrada | cemiterio de Highgate |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Etnia | Pobo inglés |
Relixión | ateísmo e Agnosticismo |
Alma máter | Bedford College e Royal Holloway University of London |
Ocupación | novelista, tradutora, filósofa, escritora, poeta, xornalista, ensaísta e editora literaria |
Pai | Robert Evans |
Nai | Christiana Pearson |
Cónxuxe | John Walter Cross |
Coñecida por | The Mill on the Floss, Silas Marner, Middlemarch, Daniel Deronda, Adam Bede e Romola |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traducións ao galegoEditar
- Silas Marner. O tecelán de Raveloe (Silas Marner: The Weaver of Raveloe, 1861). Tradución de Celia Recarey, Irmás Cartoné, 2016.[3]
- O veo alzado (The Lifted Veil, 1859). Tradución de Alejandro Tobar, Editorial Hugin e Munin, 2019.
NotasEditar
- ↑ Long, Camilla. Martin Amis and the sex war, en The Times o 24 de xaneiro de 2010, p. 4: "They've [women] produced the greatest writer in the English language ever, George Eliot, and arguably the third greatest, Jane Austen, and certainly the greatest novel, Middlemarch..."
- ↑ Guppy, Shusha. Interviews: Julian Barnes, The Art of Fiction No. 165. en The Paris Review (inverno de 2000). 26 de maio de 2012.
- ↑ Ficha da obra Arquivado 16 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. no sitio web da editorial.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |