O veo alzado
libro de George Eliot
O veo alzado (en inglés: The Lifted Veil) é unha novela de George Eliot, publicada orixinalmente en 1859. Ó contrario que outras obras de ficción realista polas que Eliot é máis coñecida, O veo alzado explora temas de percepción extrasensorial, a esencia da vida física, a posible vida após a morte e o poder do destino. A novela forma parte da tradición vitoriana de ficción de terror, xunto a Dr. Jekyll e Mr. Hyde de Robert Louis Stevenson (1886) e o Drácula de Bram Stoker (1897).
O veo alzado | |
---|---|
Título orixinal | The Lifted Veil |
Autor/a | George Eliot |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Blackwood's Magazine Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1859 2019 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 82 |
ISBN | ISBN 978-84-949713-6-5 |
Tradución | Alejandro Tobar |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[1] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.
Notas
editar- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). ""O veo alzado" na Editorial Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2019. Consultado o 1 de xullo de 2019.