Martin Luther King
Martin Luther King, Jr., nado como Michael King Jr en Atlanta (Xeorxia) o 15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis (Tennessee) o 4 de abril de 1968, foi un ministro e activista baptista estadounidense, un dos líderes máis destacados do movemento polos dereitos civís desde 1955 ata o seu asasinato en 1968. Líder da igrexa afroamericana e fillo do activista dos dereitos civís e ministro Martin Luther King Sr.,[1] King promoveu os dereitos civís da xente de cor nos Estados Unidos a través da non-violencia e a desobediencia civil. Inspirado polas súas crenzas cristiás e o activismo non violento de Mahatma Gandhi, dirixiu unha resistencia non violenta contra as leis de Jim Crow e outras formas de discriminación.
King participou e dirixiu marchas polo dereito ao voto, a desagregación, os dereitos laborais e outros dereitos civís.[2] Supervisou o boicot aos autobuses de Montgomery de 1955 e máis tarde converteuse no primeiro presidente da Conferencia Sur de Liderado Cristián (Southern Christian Leadership Conference, SCLC). Como presidente do SCLC, dirixiu o fracasado Movemento de Albany en Albany, Xeorxia, e axudou a organizar algunhas das protestas non violentas de 1963 en Birmingham, Alabama. King foi un dos líderes da marcha sobre Washington de 1963, onde pronunciou o seu discurso "Teño un soño" na escalinata do Lincoln Memorial. O movemento polos dereitos civís logrou avances lexislativos fundamentais na lei de dereitos civís de 1964, a lei do dereito ao voto de 1965 e a lei de vivenda xusta de 1968.
A SCLC puxo en práctica a táctica da protesta non violenta con certo éxito, escollendo estratexicamente os métodos e lugares nos que se levaban a cabo as protestas. Houbo varios enfrontamentos dramáticos coas autoridades segregacionistas, que ás veces se volveron violentos,[3] King foi encarcerado varias veces. O director da Federal Bureau of Investigation (FBI) J. Edgar Hoover consideraba a King un radical e converteuno en obxecto da COINTELPRO do FBI a partir de 1963. Os axentes do FBI investigárono por posibles vínculos comunistas, espiaron a súa vida persoal e gravárono en segredo. En 1964, o FBI enviou a King unha carta anónima ameazadora, que el interpretou como un intento de que se suicidase.[4]
O 14 de outubro de 1964, King foi premiado co Nobel da Paz por combater a desigualdade racial mediante a resistencia non violenta. En 1965, axudou a organizar dúas das tres marchas de Selma a Montgomery. Nos seus últimos anos, ampliou o seu enfoque para incluír a oposición á pobreza, o capitalismo e a guerra de Vietnam. En 1968, King planeaba unha ocupación nacional de Washington, D.C., que se chamaría Campaña dos Pobres, cando foi asasinado o 4 de abril en Memphis, Tennessee. A súa morte foi seguida de loito nacional, así como de ira que desembocou en disturbios en moitas cidades dos Estados Unidos. King recibiu a título póstumo a Medalla Presidencial da Liberdade en 1977 e a Medalla de Ouro do Congreso en 2003. O Día de Martin Luther King Jr. estableceuse como día festivo en cidades e estados dos Estados Unidos a partir de 1971; o día festivo federal celebrouse por primeira vez en 1986, mediante unha lei asinada polo Presidente Ronald Reagan. Centos de rúas nos Estados Unidos foron rebautizadas na súa honra, e o Condado de King no Estado de Washington foi rebautizado na súa honra. O Martin Luther King Jr. Memorial no National Mall en Washington, D.C., foille dedicado en 2011.
Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.
Traxectoria
editarPrimeiros anos e educación
editarNacemento
editarKing naceu como Michael King Jr. o 15 de xaneiro de 1929, en Atlanta, Xeorxia, foi o segundo dos tres fillos de Michael King e Alberta King (nada Williams).[5][6][7] King tiña unha irmá máis vella, Christine King Farris, e un irmán máis novo, Alfred Daniel "A.D." King.[8] O pai de Alberta, Adam Daniel Williams,[9] foi ministro na zona rural de Xeorxia, trasladouse a Atlanta en 1893,[7] e converteuse en pastor da Igrexa Bautista Ebenezer ao ano seguinte.[10] Williams casou con Jennie Celeste Parks.[7] King, Sr. naceu dos parceiros, James Albert e Delia King de Stockbridge, Xeorxia,[6][7] e era de ascendencia afroirlandesa.[11][12][13] Na súa adolescencia, King Sr. abandonou a granxa dos seus pais e trasladouse a pé ata Atlanta, onde cursou o bacharelato,[14][15][16] e matriculouse no Morehouse College para estudar e ingresar no ministerio.[16] King Sr. e Alberta comezaron a saír en 1920, e casaron o 25 de novembro de 1926.[17][18] Ata a morte de Jennie en 1941, viviron xuntos no segundo piso dunha casa de estilo vitoriano de dous pisos que era dos pais de Alberta, onde naceu King.[19][17][18][20]
Pouco despois de casar con Alberta, King Sr. converteuse en pastor asistente da igrexa de Ebenezer.[18] O pastor principal Williams morrera na primavera de 1931[18] e ese outono, King Sr. asumiu o papel, onde co tempo elevaría a asistencia de seiscentos a varios miles de persoas.[18][7] En 1934, a igrexa enviou ao King Sr. nunha viaxe multinacional, incluíndo a Berlín para a reunión do Congreso da Alianza Mundial Baptista (BWA).[21] Tamén visitou en Alemaña lugares relacionados co líder da Reforma, Martiño Lutero.[21] Durante a súa estancia alí, King Sr. e os delegados da BWA foron testemuñas do ascenso do nazismo.[21] Como reacción, a BWA emitiu unha resolución que dicía: "Este Congreso deplora e condena como unha violación da lei de Deus Pai Celestial, toda animosidade racial, e toda forma de opresión ou discriminación inxusta cara aos xudeus, cara á xente de cor, ou cara ás razas sometidas en calquera parte do mundo."[22] Ao volver a casa en agosto de 1934, King Sr. cambiou o seu nome polo de Martin Luther King e o do seu fillo de cinco anos polo de Martin Luther King Jr.[21][23][17][n. 1]
Primeiros anos
editarDurante a súa infancia, King e os seus dous irmáns lían en voz alta a Biblia segundo lles instruía o seu pai.[25] Despois de cear alí, a avoa de King, Jennie, á que se refería cariñosamente como "mamá", contaba historias animadas da Biblia aos seus netos.[25] O seu pai usaba regularmente os azoutes para disciplinar aos seus fillos.[26] Ás veces, o pai tamén facía que os seus fillos se azoutaran.[26] O pai de King comentou máis tarde: "[King] era un neno moi peculiar, cada vez que o azoutabas. Estaba alí parado, saltabanlle as bágoas pero nunca choraba".[27] Unha vez, cando King foi testemuña de que o seu irmán A.D. molestaba emocionalmente á súa irmá Christine, colleu un teléfono e pegoulle a A.D. con el.[26][28] Unha vez cando el e o seu irmán xogaban na súa casa, A.D. esvarou dunha varanda e bateu contra a súa avoa, Jennie, facendo que non respondese.[29][28] King, crendo que a matara, culpouse a si mesmo e intentou suicidarse saltando dende unha fiestra do segundo piso.[30][28] Ao oír que a súa avoa estaba viva, levantouse e abandonou o chan onde caera.[30]
Sendo neno King fíxose amigo dun neno branco cuxo pai tiña un negocio fronte á casa da súa familia.[31] En setembro de 1935, cando os rapaces tiñan uns seis anos, comezaron a escola.[31][32] King tivo que asistir a unha escola para nenos negros, a Yonge Street Elementary School,[31][33] mentres que o seu compañeiro de xogos foi a unha escola separada só para nenos brancos.[31][33] Pouco despois, os pais do neno branco deixaron de permitir que King xogara co seu fillo, dicíndolle "nós somos brancos e ti es de cor".[31][34] Cando King lles transmitiu eses feitos aos seus pais, estes mantiveron unha longa charla con el sobre a historia da escravitude e do racismo en América.[31][35] Ao coñecer o odio, a violencia e a opresión que enfrontaron os negros nos Estados Unidos, King afirmaría máis tarde que estaba "determinado a odiar a todas as persoas brancas".[31] Os seus pais instruíronlle que era o seu deber cristián amar a todos.[35]
King foi testemuña de como o seu pai opoñíase á segregación e a diversas formas de discriminación. [36] Unha vez, cando o detivo un policía que se refería a King Jr. como "neno", o pai de King respondeu bruscamente que King era un neno pero que el era un home.[36] Cando o pai de King levouno a unha zapatería do centro de Atlanta, o dependente díxolles que tiñan que sentar na parte de atrás.[37] O pai de King negouse, afirmando, antes de coller a King e saír da tenda, "ou compramos zapatos sentados aquí ou non compramos ningún zapato".[15] Despois díxolle a King: "Non me importa canto tempo teña que vivir con este sistema, nunca o aceptarei".[15] En 1936, o pai de King dirixiu por centos de afroamericanos nunha marcha polos dereitos civís ata o concello de Atlanta, para protestar pola discriminación no dereito ao voto.[26] King comentou máis tarde que King Sr. era "un verdadeiro pai" para el[38]
Aos cinco anos, King xa memorizaba e cantaba himnos e recitaba versículos da Biblia.[30] Durante o ano seguinte, empezou a ir a actos relixiosos coa súa nai e a cantar himnos mentres ela tocaba o piano.[30] O seu himno favorito para cantar era "I want to be more and more Like Jesus" (Quero parecerme cada vez máis a Xesús); emocionou aos asistentes co seu canto.[30] Pouco tempo despois pasou a formar parte do coro xuvenil da súa igrexa.[39] Ademais de cantar tamén lle gustaba a ópera e tocaba o piano.[40] A medida que crecía grazas á lectura de dicionarios foi adquirindo un amplo vocabulario que trataba de utilizar constantemente nas súas conversacións.[28] Metíase en altercados físicos cos rapaces do seu barrio, pero a miúdo utilizaba o seu coñecemento das palabras para frear as pelexas..[28][40] King mostrou falta de interese pola gramática e a ortografía, un trazo que mantivo durante toda a súa vida.[40] En 1939, King cantou como membro do coro da súa igrexa vestido de escravo para o público branco da estrea en Atlanta da película Foise co vento (Gone with the Wind)[41][42] En setembro de 1940, á idade de 11 anos, King matriculouse no sétimo curso da Atlanta University Laboratory School.[43][44] Mentres estivo alí, King tomou clases de violín e piano, e mostrou gran interese nas súas clases de historia e inglés.[43]
O 18 de maio de 1941, King fuxiu de estudar na casa para ver un desfile, alí foi informado de que algo lle sucedera á súa avoa materna.[38] Ao regresar a casa, decatouse de que sufrira un infarto e faleceu mentres era trasladada a un hospital.[20] Tomouse a morte da súa avoa moi mal, crendo que o seu truco de ir ver o desfile podería ser o responsable de que Deus a levase.[20] King saltou pola fiestra do segundo piso da súa casa, pero de novo sobreviviu a un intento de suicidio.[20][27][28] O seu pai indicoulle no seu cuarto que el non debía culparse pola súa morte xa que fora chamada a casa de Deus como parte do plan de Deus que non podía ser cambiado.[20][45] King loitou con isto, e non podía crer completamente que os seus pais soubesen onde fora a súa avoa.[20] Pouco despois, o pai de King decidiu mudar a familia a unha casa de ladrillo de dous pisos nun outeiro que daba ao centro de Atlanta.[20]
Adolescencia
editarNos seus anos de adolescencia, inicialmente sentiu resentimento contra os brancos debido á "humiliación racial" que el, a súa familia e os seus veciños tiñan que soportar moitas veces no segregado Sur.[46] En 1942, cando King tiña 13 anos, converteuse no subdirector máis novo dunha estación de entrega de xornais para o Atlanta Journal.[47] Ese ano, King saltouse o noveno curso e matriculouse en Booker T. Washington High School, onde mantivo unha media de notable alto.[45][48] O instituto era o único da cidade para estudantes afroamericanos.[18] Fora formado despois de que os líderes negros locais, incluído o avó de King (Williams), instasen ao goberno da cidade de Atlanta a crealo.[18]
Aínda que King creceu nun fogar baptista, ao entrar na adolescencia mostrouse escéptico #ante algunhas das afirmacións do cristianismo.[49] Comezou a cuestionar as ensinanzas do literalista predicadas na igrexa do seu pai.[50] Á idade de 13 anos, negou a resurrección corporal de Xesús durante a escola dominical.[51][50] King dixo que sentía incapaz de identificarse coas mostras de emoción e os xestos dos fregueses que frecuentaban a súa igrexa, e dubidaba de se algunha vez obtería satisfacción persoal da relixión.[52][50] Máis tarde declarou sobre este momento da súa vida: "as dúbidas empezaron a brotar sen tregua".[53][51][50]
No instituto, King deuse a coñecer pola súa habilidade para falar en público, cunha voz que crecera ata converterse nun gran barítono..[54][48] Uniuse ao equipo de debate do instituto.[54][48] King seguiu sentíndose máis atraído pola historia e a filosofía inglesa,[48] e escolleu o inglés e a socioloxía como materias principais mentres estaba no instituto.[55] King mantiña un abundante vocabulario.[48] Pero apoiábase na súa irmá, Christine, para que lle axudase coa ortografía, mentres King axudábaa coas matemáticas.[48] Estudaron así de forma rutineira ata que Christine se graduou no instituto.[48] King tamén desenvolveu un interese pola moda, adornándose habitualmente con zapatos de charol ben pulidos e traxes de tweed, o que lle valeu o alcume de "Tweed" ou "Tweedie" entre os seus amigos.[56][57][58][59] Ademais, afeccionouse a ligar con mozas e a bailar.[58][57][60] O seu irmán A. D. comentou máis tarde: "Non paraba de ir de moza en moza, e decidín que non podía seguirlle o ritmo. Sobre todo porque lle encantaban os bailes e era o mellor bailarín de jitterbug da cidade".[57]
O 13 de abril de 1944, no seu segundo ano, King pronunciou o seu primeiro discurso en público durante un concurso de oratoria, patrocinado pola Improved Benevolent and Protective Order of Elks of the World en Dublin, Xeorxia..[61][57][62][63] No seu discurso afirmou: "A América negra segue levando cadeas. O mellor negro está a mercé do branco máis mesquiño. Incluso os gañadores das nosas máis altas honras enfróntanse á barra de cor de clase".[64][61] King foi elixido gañador do concurso.[61][57] Na viaxe de volta a Atlanta en autobús, o condutor ordenoulles a el e ao seu profesor que se puxesen de pé para que os pasaxeiros brancos puidesen sentar.[57][65] O condutor do autobús chamou a King "negro fillo de puta".[57] King negouse nun principio, pero accedeu despois de que o seu profesor dixéselle que estaría a infrinxir a lei se non seguía as indicacións do condutor.[65] Como todos os asentos estaban ocupados, el e o seu profesor víronse obrigados a permanecer de pé o resto do traxecto de volta a Atlanta.[57] Máis tarde King escribiu sobre o incidente, dicindo "Esa noite nunca sairá da miña memoria. Foi o máis furioso que estiven na miña vida".[65]
Morehouse College
editarDurante o penúltimo ano de secundaria de King, o Morehouse College-un colexio masculino historicamente para negros ao que asistiran o pai e o avó materno de King.[66][67]—comezou a aceptar estudantes de secundaria que aprobaron o exame de ingreso.[57][68][65] Cando a segunda guerra mundial estaba en marcha, moitos estudantes universitarios negros alistáronse na guerra, o que reduciu o número de alumnos do Morehouse College.[57][68] Así pois, a universidade propúxose aumentar o seu número de estudantes permitindo que os júniors presentasen a súa solicitude.[57][68][65] En 1944, á idade de 15 anos, King aprobou o exame de ingreso e matriculouse na universidade para a tempada escolar dese outono.[n. 2][57][68][66][69]
No verán anterior a que King comezase o seu primeiro ano en Morehouse, subiuse a un tren co seu amigo -Emmett "Weasel" Proctor- e un grupo doutros estudantes de Morehouse College para traballar en Simsbury, Connecticut, no cultivo de tabaco de Cullman Brothers Tobacco (un negocio de puros).[70][71] Este foi a primeira viaxe de King fora do sur segregado ao norte integrado.[72][73] Nunha carta de xuño de 1944 ao seu pai, King escribiu sobre as diferenzas que lle chamaban a atención entre as dúas partes do país: "No noso camiño cara aquí vimos algunhas cousas que nunca previra ver. Despois de pasar Washington non houbo discriminación en absoluto. Aquí os brancos son moi amables. Imos a calquera sitio que queiramos e sentámonos onde queiramos".[72] Os estudantes traballaban na granxa para poder sufragar os seus gastos educativos no Morehouse College, xa que a granxa asociouse coa universidade para destinar os seus salarios á matrícula, aloxamento e outros gastos da universidade.[70][71] Entre semana, King e os demais estudantes traballaban nos campos, recollendo tabaco desde as 7:00 da mañá ata polo menos as 5:00 da tarde, soportando temperaturas superiores aos 100 °F, para gañar aproximadamente 4 dólares estadounidenses ao día.[71][72] Os venres pola noite, King e os demais estudantes visitaban o centro de Simsbury para tomar batidos e ver películas, e os sábados viaxaban a Hartford, Connecticut, para ver representacións teatrais, ir de compras e comer en restaurantes.[71][73] Todos os domingos ían a Hartford para asistir aos oficios relixiosos, nunha igrexa chea de fieis brancos.[71] King escribiu aos seus pais sobre a ausencia de segregación en Connecticut, contándolles que lle sorprendía que puidesen ir a "un dos mellores restaurantes de Hartford" e que "negros e brancos fosen á mesma igrexa".[71][74][72]
Alí xogou ao fútbol no seu primeiro ano. O verán anterior ao seu último ano en Morehouse, en 1947, King, de 18 anos, decidiu ingresar no ministerio. Durante a súa estancia na universidade, King estudou baixo a tutela do seu presidente, o ministro baptista Benjamin Mays, a quen máis tarde recoñecería como o seu "mentor espiritual".[75] King chegara á conclusión de que a igrexa ofrecía a forma máis segura de responder a "un impulso interior de servir á humanidade". O seu "impulso interior" había empezado a desenvolverse, e fixo as paces coa igrexa baptista, xa que cría que sería un ministro "racional" con sermóns que eran "unha forza respectuosa das ideas, mesmo da protesta social".[76] King licenciouse en socioloxía en Morehouse en 1948, aos dezanove anos.[77]
Educación relixiosa
editarKing matriculouse no Seminario Teolóxico Crozer de Upland, Pensilvania.[78][79] Durante este tempo, King tamén se matriculou en varios cursos na Universidade de Pensilvania.[80][81] Durante este tempo, King tamén se matriculou en varios cursos na Universidade de Pensilvania. [80][81] Durante a súa estancia en Penn, King asistiu a cursos con William Fontaine, o primeiro profesor afroamericano de Penn, e Elizabeth F. Flower, unha das profesoras de filosofía de Penn.[82] O pai de King apoiou plenamente a súa decisión de continuar a súa educación e fixo arranxos para que King traballase co destacado ex alumno de Crozer, J. Pius Barbour, un amigo da familia que pastoreaba en Calvary Baptist Church na próxima Chester, Pensilvania.[83] King chegou a ser coñecido como un dos "Fillos do Calvario", honra que compartiu con William Augustus Jones Jr. e Samuel D. Proctor, que chegaron a ser coñecidos predicadores da igrexa negra.[84]
Nunha ocasión, King reprendeu a outro estudante por gardar cervexa na súa habitación, dicindo que compartían a responsabilidade como afroamericanos de soportar "as cargas da raza negra". Durante un tempo, interesouse polo "evanxeo social" de Walter Rauschenbusch.[85] No seu terceiro ano en Crozer, King involucrouse románticamente coa [86] filla branca dunha inmigrante alemá que traballaba na cafetería. King planeaba casar con ela, pero os seus amigos, así como o pai de King,[86] King desaconselloullo, dicindo que un matrimonio interracial provocaría a animadversión tanto de negros como de brancos, o que podería prexudicar as súas posibilidades de chegar a ser pastor dunha igrexa no Sur. King díxolle chorando a un amigo que non podía soportar a dor da súa nai polo matrimonio e rompeu a relación seis meses despois. Un amigo dixo: "Nunca se recuperou". [85] Outros amigos, entre eles Harry Belafonte, dixeron que Betty fora "o amor da vida de King".[86] King licenciouse en Teoloxía en 1951.[78] Solicitou o doutoramento na Facultade de Teoloxía da Universidade de Edimburgo, pero finalmente decantouse por Boston.[87]
En 1951, King comezou os seus estudos de doutoramento en teoloxía sistemática na Universidade de Boston,[88] e traballou como ministro asistente na histórica Doceava Igrexa Bautista de Boston con William Hunter Hester. Hester era un vello amigo do pai de King e foi unha influencia importante para este.[89] En Boston, King estableceu amizade cun pequeno grupo de ministros locais da súa idade, e ás veces exercía de pastor convidado nas súas igrexas, entre eles Michael E. Haynes, pastor asociado da igrexa baptista Twelfth de Roxbury. Os mozos celebraban a miúdo reunións nos seus apartamentos, nas que discutían sobre teoloxía, o estilo dos sermóns e cuestións sociais.
Á idade de 25 anos, en 1954, King foi chamado para ser pastor da Igrexa baptista da avenida Dexter en Montgomery, Alabama.[90] King doctorouse o 5 de xuño de 1955 cunha tese doutoral (inicialmente supervisada por Edgar S. Brightman e, á morte deste, por Lotan Harold DeWolf) titulada A Comparison of the Conceptions of God in the Thinking of Paul Tillich and Henry Nelson Wieman.[91][88]
Unha investigación académica realizada en outubro de 1991 concluíu que partes da súa tese doutoral foran plaxiada e que actuara de forma incorrecta. [e] a pesar da súa conclusión, o comité dixo que “non se debería pensar na revogación do título doutoral do Dr. King”, unha acción que, segundo o xurado, non serviría para nada.»[92][88][93] O comité considerou que a disertación aínda «fai unha contribución intelixente á erudición». Agora achégase unha carta á copia da disertación de King que se atopa na biblioteca da universidade, na que se sinala que se incluíron numerosas pasaxes sen as citas apropiadas e sen citar as fontes.[94] Existe un importante debate sobre como interpretar o plaxio de King.[95]
Activismo e liderado organizativo
editarColiderou o boicot aos buses naquela cidade en 1955, que comezou coa negativa de Rosa Parks de ceder o seu sitio a un branco. El foi preso durante a campaña, que se pechou coa decisión da Suprema Corte Americana en tornar ilegal a segregación nos autobuses locais.
Despois desa batalla, Martin Luther King participou na fundación da Conferencia de Lideranza Cristá do Sur, en 1957. A CLCS debería organizar o activismo en torno da cuestión dos dereitos civís. King mantívose á fronte da CLCS ata súa morte, o que foi criticado polo máis democrático e máis radical Comité Non-Violento de Coordinación Estudantil (CNVCE, ou en inglés, SNCC, Student Nonviolent Coordinating Committee). O CLCS estaba composto principalmente por comunidades negras ligadas a igrexas Batistas. King era seguidor das ideas de desobediencia civil non-violenta preconizadas por Mahatma Gandhi, e aplicaba esas ideas nas protestas organizados polo CLCS. King acertadamente preveu que as manifestacións organizadas e non-violentas contra o sistema de segregación predominante no sur dos Estados Unidos, atacadas de modo violento por autoridades racistas e con ampla cobertura dos medios, irían crear unha opinión pública favorable ao cumprimento dos dereitos civís; e esa foi a acción fundamental que fixo do debate acerca dos dereitos civís o principal asunto político nos EUA a partir do comezo da década de 1960.
El organizou e liderou marchas para conseguir o dereito ao voto, a fin da segregación, a fin das discriminacións no traballo e outros dereitos civís básicos. A maior parte destes dereitos foi, máis tarde, agregada á lei estadounidense coa aprobación da Lei de Dereitos Civís (1964) e da Lei de Dereitos Electorais (1965).
King e o CLCS escolleron con grande acerto os principios de protesta non-violenta, aínda que como medio de provocar e irritar as autoridades racistas dos lugares onde se daban as protestas -invariabelmente estas últimas actuaban de forma violenta. O CLCS tamén participou nas protestas en Alabany (1961-62), que non tiveron éxito debido a divisións no seo da comunidade negra e tamén pola reacción prudente das autoridades locais; a seguir participou nas protestas en Birminghan (1963) e na protesta en St. Augustine (1964). King, o CLCS e o CNVCE uniron forzas en decembro de 1964, na protesta na cidade de Selma.
O 14 de outubro de 1964 King converteuse na persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, que lle foi outorgado en recoñecemento o seu liderado na resistencia non-violenta e pola fin da discriminación racial nos Estados Unidos.
Coa colaboración parcial do CNVCE, King e o CLCS tentaron organizar unha marcha desde Selma ata a capital do Alabama, Montgomery, prevista para o día 25 de marzo de 1965. Xa houbera dúas tentativas de promover esta marcha, a primeira o 7 de marzo e a segunda o 9 de marzo.
- Na primeira, marcharon 525 persoas durante apenas 6 bloques; a intervención violenta da policía interrompeu a marcha. As imaxes da violencia foron transmitidas a todo o país, e o día gañou o apelido de Domingo Sanguento. King non participou desta marcha: encontrábase en negociacións co presidente estadounidense, e non dera a súa aprobación para unha marcha tan precoz.
- A segunda marcha foi interrompida por King nas proximidades da ponte Pettus, nos arredores de Selma, unha acción que parece ter sido negociada anticipadamente con líderes das cidades seguintes. Este acto causou sorpresa e indignación de moitos activistas locais.
- A marcha finalmente completouse na terceira tentativa (25 de marzo de 1965), co permiso e apoio do presidente Lyndon B. Johnson. Foi durante esta marcha cando Stokely Carmichael (futuro líder dos Panteras Negras) creou a expresión "Black Power".
Antes, en 1963, King fora un dos organizadores da marcha en Washington, que inicialmente debería ser unha marcha de protesta, mais despois de discusións co entón presidente John F. Kennedy, acabou tornándose case nunha celebración das conquistas do movemento negro (e do goberno) - o que irritou bastante a activistas máis radicais e menos inxenuos.
A partir de 1965 o líder negro pasou a dubidar das intencións estadounidenses na Guerra do Vietnam. En febreiro e novamente en abril de 1967, King fixo serias críticas ao papel que os EUA desempeñaban na guerra. En 1968 King e o SCLC organizaron unha campaña por xustiza socio-económica, contra a pobreza (a Campaña dos Pobres), que tiña por obxectivo principal garantir axuda para as comunidades máis pobres do país.
Tamén debe ser destacado o impacto que King tivo nos espectáculos de entretemento popular. Conversou coa actriz negra da serie Star Trek orixinal, Nichelle Nichols, cando ela ameazaba saír do programa. Nichelle consideraba que o papel non estaba axudando en nada a súa carreira e que o estudio a trataba mal, mais King convenceuna de que era importante para os negros ter un representante nun dos programas máis populares da televisión.
Martin Luther King era odiado por moitos segregacionistas do sur, o que culminou no seu asasinato no día 4 de abril de 1968, momentos antes dunha marcha, nun hotel da cidade de Memphis. James Earl Ray confesou o asasinato, e anos despois repudiou a súa confesión. A viúva de King, Coretta Scott King, xunto co resto da familia do líder, gañou un proceso civil contra Loyd Jowers, un home que armou un escándalo ao dicir que lle ofreceran 100.000 dólares polo asasinato de King.
Desde a súa morte, a reputación de King creceu tanto que chegou a converterse nun dos máis reverenciados na historia estadounidense, chegando a ser considerado como o equivalente a Abraham Lincoln do século XX. Os defensores desta comparación din que ambos foron líderes de grandes avances na adquisición de dereitos humanos - contra grandes dificultades - e ambos tiveron a mesma fin, asasinados pola causa que defenderon.
Existen diversos escritos e discursos de Martin Luther King, froito da súa longa experiencia como orador. A súa Carta da Prisión de Birmingham, escrita en 1963, é unha descrición apaixonada da súa cruzada pola xustiza.
En 1986 foi establecido un día festivo nacional nos EUA para homenaxear a Martin Luther King, o chamado Día de Martin Luther King - sempre no terceiro luns de xaneiro, data próxima ao aniversario de King. En 1993, pola primeira vez, o festivo cumpriuse en todos os estados do país.
Notas
editar- ↑ A partida de nacemento de King Jr. modificouse posteriormente, o 23 de xullo de 1957, cando tiña 28 anos para que rezase "Martin Luther King Jr." .[21][22][24]
- ↑ Existe certo desacordo nas fontes sobre a data exacta en que King realizou e aprobou o exame de ingreso en 1944. Oates (1993) e Schuman (2014) afirman que King aprobou o exame na primavera de 1944 antes de graduarse en undécimo curso e matricularse en Morehouse ese outono. Manheimer (2005) afirma que King graduouse de undécimo grao, logo solicitou e realizou o exame de ingreso antes de ir a Connecticut, pero non se decatou de que aprobara ata agosto de 1944, cando foi admitido. White (1974) afirma que realizou e aprobou o exame ao seu regreso de Connecticut en 1944.
- Referencias
- ↑ Lischer, Richard. The preacher king, 2001, p. 3.
- ↑ Jackson 2006, p. 53.
- ↑ Glisson 2006, p. 190.
- ↑ Theoharis, Athan G.; Poveda, Tony G.; Powers, Richard Gid; Rosenfeld, Susan (1999). The FBI: A Comprehensive Reference Guide. Greenwood Publishing Group. p. 123. ISBN 0-89774-991-X.
- ↑ Ogletree, Charles J. (2004). All Deliberate Speed: Reflections on the First Half Century of Brown v. Board of Education. W. W. Norton & Co. p. 138. ISBN 0-393-05897-2.
- ↑ 6,0 6,1 "Birth & Family". The King Center. The Martin Luther King, Jr. Center for Nonviolent Social Change. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Martin Luther King Jr.". Biography (en inglés). A&E Television Networks, LLC. March 9, 2015. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ King 1992, p. 76.
- ↑ "Upbringing & Studies". The King Center. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ Oates 1983, p. 6.
- ↑ "King, James Albert". Arquivado dende o orixinal o December 17, 2014. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ Nsenga, Burton (13 de xaneiro de 2011). "AfricanAncestry.com Reveals Roots of MLK and Marcus Garvey".
- ↑ Nelson, Alondra (2016). The Social Life of DNA. pp. 160–61. ISBN 978-0-8070-2718-9.
Kittles informou a King de que a súa análise de ADN do cromosoma Y remontabao a Irlanda e a súa análise de ADN mitocondrial asociabao cos Mende.
- ↑ Frady 2002, p. 11.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Manheimer 2004, p. 10.
- ↑ 16,0 16,1 Fleming 2008, p. 2.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Frady 2002, p. 12.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 Oates 1983, p. 7.
- ↑ Oates 1983, p. 4.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 Oates 1983, p. 13.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Brown, DeNeen L. (15 de xaneiro de 2019). "The story of how Michael King Jr. became Martin Luther King Jr.". The Washington Post. Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ 22,0 22,1 Nancy Clanton, The Atlanta Journal-Constitution (17 de xaneiro de 2020). "Why Martin Luther King Jr.'s father changed their names". The Atlanta Journal-Constitution (en inglés). Consultado o 28 de febreiro do 2023.
- ↑ King 1992, pp. 30–31.
- ↑ King 1992, p. 31.
- ↑ 25,0 25,1 Oates 1983, p. 5.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 26,3 Oates 1983, p. 8.
- ↑ 27,0 27,1 Frady 2002, p. 14.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 Manheimer 2004, p. 15.
- ↑ Oates 1983, pp. 8–9.
- ↑ 30,0 30,1 30,2 30,3 30,4 Oates 1983, p. 9.
- ↑ 31,0 31,1 31,2 31,3 31,4 31,5 31,6 Oates 1983, p. 10.
- ↑ Pierce, Alan (2004). Assassination of Martin Luther King Jr. Abdo Pub Co. p. 14. ISBN 978-1-59197-727-8.
- ↑ 33,0 33,1 Manheimer 2004, p. 13.
- ↑ Fleming 2008, p. 4.
- ↑ 35,0 35,1 Manheimer 2004, p. 14.
- ↑ 36,0 36,1 Frady 2002, p. 15.
- ↑ Manheimer 2004, p. 9.
- ↑ 38,0 38,1 Oates 1983, p. 12.
- ↑ Millender, Dharathula H. (1986). Martin Luther King Jr.: Young Man with a Dream. Aladdin. pp. 45–46. ISBN 978-0-02-042010-1.
- ↑ 40,0 40,1 40,2 Frady 2002, p. 13.
- ↑ Katznelson, Ira (2005). When Affirmative Action was White: An Untold History of Racial Inequality in Twentieth-Century America. WW Norton & Co. p. 5. ISBN 0-393-05213-3.
- ↑ Oates 1983, p. 11.
- ↑ 43,0 43,1 Boyd 1996, p. 23.
- ↑ "King enters seventh grade at Atlanta University Laboratory School". The Martin Luther King, Jr., Research and Education Institute (en inglés). Stanford University. June 12, 2017. Consultado o September 17, 2020.
- ↑ 45,0 45,1 Manheimer 2004, p. 16.
- ↑ Blake, John (16 de abril de 2013). CNN, ed. "How MLK became an angry black man".
- ↑ King 1992, p. 82.
- ↑ 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 48,5 48,6 Oates 1983, p. 15.
- ↑ Manheimer 2005, p. 16.
- ↑ 50,0 50,1 50,2 50,3 Oates 1983, p. 14.
- ↑ 51,0 51,1 "An Autobiography of Religious Development". The Martin Luther King Jr. Research and Education Institute. Stanford University. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 3 de abril do 2023.
- ↑ King 1998, p. 14.
- ↑ King 1998, p. 6.
- ↑ 54,0 54,1 Fleming 2008, p. 8.
- ↑ Patterson 1969, p. 25.
- ↑ Frady 2002, p. 17.
- ↑ 57,00 57,01 57,02 57,03 57,04 57,05 57,06 57,07 57,08 57,09 57,10 57,11 Oates 1983, p. 16.
- ↑ 58,0 58,1 Davis 2005, p. 18.
- ↑ Muse 1978, p. 17.
- ↑ Rowland 1990, p. 23.
- ↑ 61,0 61,1 61,2 "The Negro and the Constitution". The Martin Luther King, Jr., Research and Education Institute (en inglés). Stanford University. December 9 de decembro de 2014. Consultado o 17 de xullo do 2023.[Ligazón morta]
- ↑ Fraser, C. Gerald (11 de agosto de 1974). "Thousands of Black Elks in City To Attend Annual Convention (Published 1974)". The New York Times. Consultado o 17 de xullo do 2023.
- ↑ Crenshaw, Wayne (18de xaneiro de 2019). "King's 'journey to the mountain top' started in Dublin". Macon Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xullo do 2023.
- ↑ Manheimer 2004, p. 17.
- ↑ 65,0 65,1 65,2 65,3 65,4 Fleming 2008, p. 9.
- ↑ 66,0 66,1 Manhiemer 2005, p. 19.
- ↑ Davis 2005, p. 10.
- ↑ 68,0 68,1 68,2 68,3 Schuman 2014, chpt. 2.
- ↑ White 1974, p. 25.
- ↑ 70,0 70,1 Tewa, Sophia (3 de abril de 2018). "How picking tobacco in Connecticut influenced MLK's life". Connecticut Post. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020. Consultado o 4 de setembro do 2023.
- ↑ 71,0 71,1 71,2 71,3 71,4 71,5 "MLK Worked Two Summers on Simsbury Tobacco Farm". NBC Connecticut. 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de setembro do 2023.
- ↑ 72,0 72,1 72,2 72,3 Christoffersen, John (17 de xaneiro de 2011). "MLK Was Inspired by Time in Connecticut". NBC Connecticut. Consultado o 4 de setembro do 2023.
- ↑ 73,0 73,1 Kochakian, Mary (17 de xaneiro de 2000). "How a Trip To Connecticut Changed Martin Luther King Jr.'s Life". The Hartford Courant. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 4 de setembro do 2023.
- ↑ Brindley, Emily (13 de novembro de 2019). "Martin Luther King Jr.'s time in Connecticut was pivotal, but has never been thoroughly documented; that's about to change". courant.com. Consultado o 4 de setembro do 2023.
- ↑ Kelly, Jason (1 de xaneiro de 2013). "Benjamin Mays found a voice for civil rights". The University of Chicago (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2021. Consultado o 18 de setembro do 2023.
- ↑ Frady 2002, p. 18.
- ↑ Finkelman, Paul (2013). Encyclopedia of American Civil Liberties (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-135-94704-0.
- ↑ 78,0 78,1 Downing, Frederick L. (1986). To See the Promised Land: The Faith Pilgrimage of Martin Luther King, Jr. Mercer University Press. p. 150. ISBN 0-86554-207-4.
- ↑ Nojeim, Michael J. (2004). Gandhi and King: The Power of Nonviolent Resistance. Greenwood Publishing Group. p. 179. ISBN 0-275-96574-0.
- ↑ 80,0 80,1 "King audits courses at University of Pennsylvania". The Martin Luther King, Jr. Research and Education Institute. Stanford University Archives and Records Center. Consultado o 4 de novembro do 2023.
- ↑ 81,0 81,1 "Martin Luther King, Jr. – Education". The Martin Luther King, Jr. Research and Education Institute. Stanford University Archives and Records Center. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018.
- ↑ "Martin Luther King Jr.'s time studying at Penn". 4 de abril de 2018.
- ↑ Baldwin, Lewis V. (1991). There is a Balm in Gilead: The Cultural Roots of Martin Luther King, Jr. Minneapolis: Fortress Publishing. pp. 281–82. ISBN 0-8006-2457-2. Consultado o 19 de novembro do 2023.
- ↑ Baldwin, Lewis V. (1991). There is a Balm in Gilead: The Cultural Roots of Martin Luther King, Jr. Minneapolis: Fortress Publishing. p. 167. ISBN 0-8006-2457-2. Consultado o 19 de novembro do 2023.
- ↑ 85,0 85,1 Frady 2002, pp. 20-22.
- ↑ 86,0 86,1 86,2 Sanneh, Kelefa. "The Voice". The New Yorker (15 de maio de 2023): 62–63.
- ↑ "To Hugh Watt". The Martin Luther King, Jr., Research and Education Institute (en inglés). Stanford University. 28 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de marzo do 2024.
- ↑ 88,0 88,1 88,2 Radin, Charles A. (11 de outubro de 1991). "Panel Confirms Plagiarism by King at BU". The Boston Globe. p. 1.
- ↑ Baldwin, Lewis V. (2010). The Voice of Conscience: The Church in the Mind of Martin Luther King, Jr. Oxford University Press. p. 42. ISBN 978-0-19-538031-6.
- ↑ Fuller, Linda K. (2004). National Days, National Ways: Historical, Political, And Religious Celebrations around the World. Greenwood Publishing. p. 314. ISBN 0-275-97270-4.
- ↑ "A comparison of the conceptions of God in the thinking of Paul Tillich and Henry Nelson Wieman". Boston University Library. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2020. Consultado o 14 de agosto do 2024.
- ↑ Mikkelson, David (19 de xullo de 2003). "Four Things About King". Snopes. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2023. Consultado o 11 de outubro do 2024.
- ↑ "Boston U. Panel Finds Plagiarism by Dr. King". The New York Times. Associated Press. October 11, 1991. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2013. Consultado o 11 de outubro do 2024.
- ↑ "King's Ph.D. dissertation, with attached note" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de novembro de 2014. Consultado o 11 de outubro do 2024.
- ↑ Ling, Peter (outubro de 1996). "Plagiarism, preaching and prophecy: the legacy of Martin Luther King, Jr. and the persistence of racism [Review]". Ethnic and Racial Studies 19 (4). pp. 912–916. ISSN 0141-9870. doi:10.1080/01419870.1996.9993942.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Martin Luther King |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Martin Luther King |
Bibliografía
editar- Abernathy, Ralph (1989). And the Walls Came Tumbling Down: An Autobiography. Harper & Row. ISBN 0-06-016192-2.
- Boyd, Herb (1996). Martin Luther King, Jr. Baronet Books. ISBN 0-86611-917-5.
- Branch, Taylor (2006). At Canaan's Edge: America In the King Years, 1965–1968. Simon & Schuster. ISBN 0-684-85712-X.
- Cohen, Adam Seth; Taylor, Elizabeth (2000). Pharaoh: Mayor Richard J. Daley: His Battle for Chicago and the Nation. Back Bay. ISBN 0-316-83489-0.
- Davis, Kenneth C. (2005). Don't Know Much About Martin Luther King Jr. (en inglés). Harper Collins. ISBN 978-0-06-442129-4. Consultado o September 17, 2020.
- Fleming, Alice (2008). Martin Luther King Jr.: A Dream of Hope. Sterling. ISBN 978-1-4027-4439-6.
- Frady, Marshall (2002). Martin Luther King Jr.: A Life. Penguin. ISBN 978-0-14-303648-7.
- Garrow, David J. (1981). The FBI and Martin Luther King, Jr. Penguin Books. ISBN 0-14-006486-9.
- Garrow, David. Bearing the Cross: Martin Luther King Jr. and the Southern Christian Leadership Conference (1989). Pulitzer Prize. ISBN 978-0-06-056692-0
- "James L. Bevel, The Strategist of the 1960s Civil Rights Movement", a 1984 paper by Randall Kryn, published with a 1988 addendum by Kryn in Prof. David Garrow's We Shall Overcome, Volume II (Carlson Publishing Company, 1989).
- Glisson, Susan M. (2006). The Human Tradition in the Civil Rights Movement. Rowman & Littlefield. ISBN 0-7425-4409-5.
- Herst, Burton (2007). Bobby and J. Edgar: The Historic Face-off Between the Kennedys and J. Edgar Hoover that Transformed America. Carroll & Graf. ISBN 978-0-7867-1982-2.
- Jackson, Thomas F. (2006). From Civil Rights to Human Rights: Martin Luther King Jr. and the Struggle for Economic Justice. University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-3969-0.
- King, Martin Luther Jr. (1998). Carson, Clayborne, ed. Autobiography. Warner Books. ISBN 0-446-52412-3.
- Carson, Clayborne; Luker, Ralph E.; Russell, Penny A.; Harlan, Louis R., eds. (1992). The Papers of Martin Luther King, Jr., Volume I: Called to Serve, January 1929 – June 1951. University of California Press. ISBN 0-520-07950-7.
- Kotz, Nick (2005). Judgment Days: Lyndon Baines Johnson, Martin Luther King Jr., and the Laws that Changed America. Houghton Mifflin Books. ISBN 0-618-08825-3.
- Lawson, Steven F.; Payne, Charles M.; Patterson, James T. (2006). Debating the Civil Rights Movement, 1945–1968. Rowman & Littlefield. ISBN 0-7425-5109-1.
- Manheimer, Ann S. (2004). Martin Luther King Jr.: Dreaming of Equality. Twenty-First Century Books. ISBN 1-57505-627-5.
- Muse, Clyde (1978). The Educational Philosophy of Martin Luther King, Jr (en inglés). University of Oklahoma. Consultado o September 17, 2020.
- Patterson, Lillie (1969). Martin Luther King, Jr.: man of peace. Champaign, Ill.: Garrard Publishing Company. ISBN 9780811645553. Consultado o September 17, 2020.
- Oates, Stephen B. (1983). Let the Trumpet Sound: A Life of Martin Luther King, Jr. HarperCollins. ISBN 978-0-452-25627-9.
- Robbins, Mary Susannah (2007). Against the Vietnam War: Writings by Activists. Rowman & Littlefield. ISBN 978-0-7425-5914-1.
- Rowland, Della (1990). Martin Luther King, Jr: The Dream of Peaceful Revolution (en inglés). Silver Burdett Press. ISBN 978-0-382-24062-1. Consultado o September 17, 2020.
- Schuman, Michael A. (2014). The Life of Martin Luther King, Jr.: Leader for Civil Rights (en inglés). Enslow Publishers, Inc. ISBN 978-0-7660-6149-1. Consultado o October 18, 2020.
- Washington, James M. (1991). A Testament of Hope: The Essential Writings and Speeches of Martin Luther King, Jr. HarperCollins. ISBN 0-06-064691-8.
- White, Clarence (1974). Doctor Martin Luther King, Jr.'s Contributions to Education as a Black Leader (1929–1968) (en inglés). Loyola University of Chicago. Consultado o October 18, 2020.
- Abernathy, Ralph (1989). And the Walls Came Tumbling Down: An Autobiography. Harper & Row. ISBN 0-06-016192-2.
- Branch, Taylor (2006). At Canaan's Edge: America In the King Years, 1965–1968. Simon & Schuster. ISBN 0-684-85712-X.
- Cohen, Adam Seth; Taylor, Elizabeth (2000). Pharaoh: Mayor Richard J. Daley: His Battle for Chicago and the Nation. Back Bay. ISBN 0-316-83489-0.
- Frady, Marshall (2002). Martin Luther King, Jr.: A Life. Penguin. ISBN 978-0-14-303648-7.
- Garrow, David J. (1981). The FBI and Martin Luther King, Jr. Penguin Books. ISBN 0-14-006486-9.
- Garrow, David. Bearing the Cross: Martin Luther King, Jr., and the Southern Christian Leadership Conference (1989). Pulitzer Prize. ISBN 978-0-06-056692-0
- Glisson, Susan M. (2006). The Human Tradition in the Civil Rights Movement. Rowman & Littlefield. ISBN 0-7425-4409-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- The King Center (en inglés)
- Discurso: I Have a Dream (en inglés)
- Discurso: Teño un soño. (I have a dream.) Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.