Universidade de Boston

Coordenadas: 42°20′56″N 71°06′01″O / 42.348888888889, -71.100277777778

A Universidade de Boston (en inglés Boston University, abreviadamente BU) é unha universidade privada localizada en Boston, Massachusetts, Estados Unidos.

Universidade de Boston
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: BostonUniversity Twitter: BU_Tweets LinkedIn: boston-university Dialnet: 3873122 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A universidae conta cun claustro de máis de 3 000 docentes, e aproximadamente con 30 000 estudantes.

A Universidade de Boston é a cuarta universidade privada máis grande dos Estados Unidos, e o cuarto establecemento que dá máis empregos en todo o país.

Ofrece títulos de grao, máster e dutorado a través de 18 Escolas universitarias e Facultades situadas en dous campus urbanos separados. O campus principal está situado na beira do río Charles, no barrio Fenway-Kenmore de Boston, mentres que o campus médico universitario de Boston encóntrase no barrio de South End.

Historia editar

Aínda que foi oficialmente establecida en Boston no ano 1869, fundouse como Instituto Bíblico de Newbury en Vermont, en 1839, pola Igrexa metodista unida.

O 24 de abril de 1839 un grupo de ministros e laicos metodistas da Old Bromfield Street Church en Boston decidiron establecer unha escola teolóxica metodista. Foi creada en Newbury, Vermont e, por iso, déuselle o nome de Newbury Biblical Institute.

Entre seus antigos alumnos a universidade conta con 8 Premios Nobel e 23 Premios Pulitzer.

En 1876, o daquela profesor Alexander Graham Bell inventou o teléfono nos laboratorios da Universidade de Boston.

Galería editar

Notas editar

  1. Kilgore, Kathleen (1991): Transformations: A History of Boston University. Boston: Boston University Press.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar