Premio Pulitzer

galardóns norteamericanos de teatro, literatura, música e, particularmente, xornalismo

Os Premios Pulitzer son unha serie de 21 galardóns que abranguen as modalidades de teatro, literatura, música e xornalismo, e que se entregan cada ano arredor do mes de abril nos Estados Unidos, sendo a máxima distinción á tarefa profesional do xornalismo naquel país.

Premio Pulitzer
Tipopremio de xornalismo, premio científico e grupo de premios
Data de fundación1917
Nomeado en referencia aJoseph Pulitzer
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://pulitzer.org
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

No seu testamento, redactado en 1904, Joseph Pulitzer chama á creación deste premio co obxectivo de estimular a excelencia. El menciona nese momento soamente trece premios, dos que catro eran para o xornalismo, catro para o dominio da literatura e o teatro e un para a educación. Sensible ós cambios da súa época, Pulitzer constituíu unha comisión de vixilancia consultiva e deulle o poder de substituír certos temas, sempre que a comisión xulgue que iso íría en beneficio do público. Deulle igualmente o dereito de non outorgar o premio se ningunha obra corresponde ós criterios de excelencia do xurado.

Conforme a vontade de Pulitzer, é o presidente da Universidade de Columbia quen anuncia e outorga os premios segundo recomendación do xurado. Pero en realidade, a comisión actualmente é independente e decide soa a atribución dos premios.

Os premios concedéronse por primeira vez o día 4 de xuño de 1917. Desde aquela foron ininterrompidamente outorgados pola Universidade de Columbia en colaboración co Padroado do Premio Pulitzer (Pulitzer Prize Board). Desde hai anos outórganse durante o mes de abril. O premio á mellor fotografía de prensa concedeuse por primeira vez no ano 1942, e o premio á mellor composición musical no ano 1943. Entre os anos 1970 e 1979 creáronse os premios de ensaio, crítica e ficción literaria.

Só as reportaxes e fotografías de diarios (ou noticiarios diarios) con sede central nos Estados Unidos poden ser propostos coma candidatos ós premios na categoría de xornalismo.

O premio vai acompañado dun cheque de 10.000 dólares (USD), agás o Premio ó Servizo Público - o máis importante - ó que se lle outorga a medalla de ouro.

Categorías

editar
 
Joseph Pulitzer

Estas son as categorías da edición do 2005:

  • Servizo Público - Por un exemplo distinguido de diario cun meritorio e destacado servizo público a través do uso dos seus recursos xornalísticos, que poden incluír editoriais, tiras cómicas, e fotografías, así como tamén os artigos e reportaxes.
  • Reportaxe Divulgativa - Por un exemplo destacado de reportaxe ilustrativa sobre un tema complexo e significado, demostrando dominio da temática, escritura lúcida e clara presentación.
  • Editorial - Por un editorial destacado, con excelentes textos e sonoridade, estilo claro, propósitos morais, e poder de influencia na opinión pública.
  • Reportaxe de Impacto -Por un exemplo destacado de reportaxe de impacto caracterizada por un seguimento detallado e mantido sobre unha actividade ou tema concreto.
  • Artigo de Fondo - Por un exemplo distinguido de artigo de fondo dando consideración prioritaria á elevada calidade literaria e á orixinalidade.
  • Reportaxes de Noticias de Última Hora - Para un exemplo destacado de reportaxe de ámbito local sobre noticias de última hora.
  • Fotografías de Noticias de Última Hora - Por un exemplo destacado de fotografías en branco e negro ou cor sobre noticias de última hora, que poden consistir nunha ou varías fotografías, unha secuencia ou un álbum.
  • Periodismo Nacional - Por un exemplo destacado de reportaxe sobre asuntos internos dos Estados Unidos.
  • Xornalismo Internacional - Por un exemplo distinguido de reportaxe sobre asuntos internacionais, incluíndo a correspondencia coa Organización das Nacións Unidas (ONU).
  • Periodismo de Investigación - Por un exemplo destacado de reportaxe de investigación individual ou dun equipo de traballo, presentado coma un artigo illado ou coma unha serie de artigos.
  • Fotografía de Reportaxe - Por un exemplo distinguido de fotografía en branco e negro ou cor, que pode consistir nunha fotografía ou fotografías, unha secuencia ou un álbum sobre unha temática de fondo.
  • Crónica - Por unha crónica destacada.
  • Crítica - Por unha crítica destacada.
  • Caricatura Editorial - Por unha distinguida caricatura ou tira cómica ou compilación de tiras publicadas durante o ano, caracterizadas pola orixinalidade, eficacia editorial, calidade dos debuxos, e efectos pictóricos.

Existen tamén cinco categorías para as letras:

En humanística hai dous categorías máis que se engadiron recentemente:

Tamén houbo moitos Premios Pulitzer especiais. Ademais dos premios, catro membros do estudantado da Pulitzer Graduate School of Journalism, seleccionados polo profesorado, son premiados con bolsas de viaxe.

Os novos tempos

editar

A xunta que entrega todos os anos o Premio Pulitzer como distinción xornalística —en vista de que os diarios usan cada vez máis Internet para divulgar, apoiar e destacar o seu traballo— outorgou a partir do 2006 un premio ós traballos publicados en Internet.

A categoría de Servizo Público, considerada a de maior prestixio, xa aceptou material de Internet desde 1999. Esta categoría continuará aceptando varios tipos de traballo por Internet, coa inclusión de vídeo, bases de datos e cronoloxías. A novidade radica en que as outras 13 categorías de xornalismo permitiron contido da rede por primeira vez. Os Premios Pulitzer de 2006 foron anunciados o 17 de abril.

Premios que xa non se outorgan

editar

Ó longo dos anos, algúns premios deixáronse de outorgar, ben porque se expandiron ou renomearon, ou ben porque quedaron obsoletos polos adiantos tecnolóxicos. Eran os premios de:

Lista de persoas premiadas

editar

Novela

editar

Poesía

editar

Teatro

editar

Música

editar

Premios especiais e homenaxes

editar

[7]

editar
  1. Wharton, Edith (2009). A Idade da inocencia. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. ISBN 9788478245864. 
  2. Ernest, Hemingway (1998). O vello e o mar. [Vigo]: Galaxia. ISBN 848288235X. 
  3. Toole, John Kennedy (2008). A conxura dos necios (1ª. ed.). Vigo: Faktoría K de Libros. ISBN 9788496957503. 
  4. Roth, Philip (2013). Pastoral americana. Fernando Moreiras Corral, tr. (1ª. ed.). Faktoría K. ISBN 978-84-15250-39-5. 
  5. McCarthy, Cormac (2010). A estrada (1ª. ed.). Pontevedra: Faktoría K. ISBN 9788496957800. 
  6. Miller, Arthur (2002). Morte dun viaxante. Vigo: Xerais. ISBN 8483027402. 
  7. "Special Awards". www.pulitzer.org (en inglés). Consultado o 2018-04-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar