Richard Ford
Richard Carrel Ford, nado en Jackson, Mississippi, Estados Unidos o 16 de febreiro de 1944, é un escritor estadounidense.[1]
Traxectoria
editarFamilia e primeiros anos
editarFillo de Parker Carrel, vendedor ambulante de amidón, que morreu cando Ford tiña 16 anos e de Edna Ford. O seu avó, Ben Shelley, era o xerente do Marion Hotel en Little Rock . De neno, Ford pasou moitos veráns no hotel e lembra que as estadías lle permitiron entrar no mundo adulto, e que as observacións das relacións entre homes e mulleres iluminaron despois parte da súa obra literaria.[2]
Ford padecía un certo grao de dislexia que parece que lle axudou a desenvolver un interese pola literatura.
De mozo traballou como socorrista no "Little Rock Country Club" e no ferrocarril de Arkansas como axudante de maquinista.[3] Alistouse nos "marines" pero foi dado de alta por mor dunha hepatite.
Asistiu á Davis Elementary School en Jackson. En 1966 recibiu o título de Bachelor of Arts (BA) pola Universidade Estatal de Míchigan e en 1970 o MFA pola Universidade de California. Despois dunha breve etapa na facultade de dereito, comezou a escribir ficción e volveu a Little Rock para traballar como profesor adxunto na Central High School de Flint, Míchigan.[4]
Con 23 anos, o 28 de marzo de 1968, casou con Kristina, unha antiga compañeira de escola. Kristina é licenciada en Filosofía e profesora na Universidade de Nova York. A parella, que non ten fillos, vive actualmente no barrio francés de Nova Orleans.
Carreira literaria
editarEn 1976 publicou a súa primeira novela " A Piece of My Heart" e en 1981 " The Ultimate Good Luck ". As malas vendas obrigárono a abandonar a ficción e pasou a traballar como reporteiro deportivo para a revista New York Inside Sports, pero en 1982 foi despedido e volveu á literatura con " The sportswriter " protagonizada por Frank Bascombe, que foi citada pola revista Time . como unha das cinco mellores novelas de 1986 e finalista do premio PEN/Faulkner.
Profesor
editarAdemais da súa actividade xornalística e literaria, Ford desenvolveu unha ampla actividade académica como docente:
- Universidade de Princeton (1980-1981)[5]
- Universidade de Harvard (1994)
- Profesor no Bowdin College (2005)
- Profesor adxunto no Oscar Wilde Centre, Trinity College Dublin, ensinando escritura creativa ( 2008 )
- Profesor de ficción na Universidade de Mississippi ( 2011 )
- Escola de Artes da Universidade de Columbia ( 2012 )
Obras
editar- 1976: A Piece of My Heart
- 1981: The Ultimate Good Luck
- 1983: American Tropical
- 1986: The sportwriter
- 1987: Rock Springs
- 1990: Wildlife,
- 1991: Bright Angel
- 1992: Editor
- 1995: Independence Day
- 1997: Women with Men
- 1998: My Mother in Memory
- 2002: A Multitude of Sins
- 2006: The Lay of the Land
- 2012: Canada
- 2015: Let Me Be Frank With You
- 2017: Between Them: Remembering My Parents
Tamén recompilou contos de autores estadounidenses:
- 1990: American Short Stories
- 1992: The Granta Book of the American Short Story
Premios
editar- 1987: Academia Americana de Artes e Letras para a Literatura
- 1995: Premio Pulitzer de ficción
- 1996: Premio Pen/Faulkner de ficción
- 1994: Premio Rea ao relato curto
- 2013: Prix Femina Etranger e Medalla Andrew Carnegie á Excelencia por " Canadá "
- 2016: Premio Princesa de Asturias das Letras
- 2019: Premio da Biblioteca do Congreso á ficción estadounidense
Notas
editar- ↑ "Guardian profile: Richard Ford". the Guardian (en inglés). 2003-02-08. Consultado o 2022-12-06.
- ↑ "Encyclopedia of Arkansas". Encyclopedia of Arkansas (en inglés). Consultado o 2022-12-06.
- ↑ "Biografía de personajes históricos y celebridades. Enciclopedia biográfica". www.buscabiografias.com. Consultado o 2022-12-06.
- ↑ "Famous People in the World - Lists of Trending Celebrities in 2022, Ratings & Bios". www.thefamouspeople.com (en inglés). Consultado o 2022-12-06.
- ↑ "Llibres en català". Grup62 (en catalán). Consultado o 2022-12-06.