Art Spiegelman

Art Spiegelman, nado en Estocolmo o 15 de febreiro de 1948, é un historietista estadounidense fillo dunha familia xudeopolonesa. Como artista está vencellado á cultura underground e a diversas correntes artísticas contemporáneas. Da súa obra, destaca Maus, unha peza de denuncia do Holocausto a partir da experiencia vital dos seus proxenitores, que sufrion a persecución do réxime nazi. Spiegelman foi unha influencia notable para autores máis novos, como Craig Thompson ou Alex Robinson.

Art Spiegelman
Art Spiegelman (2007).jpg
Nome completoItzhak Avraham ben Zeev Spiegelman
Nacemento15 de febreiro de 1948
 Estocolmo
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónXudaísmo
Ocupaciónartista de banda deseñada, editor literario, ilustrador, gravador, escritor e debuxante
CónxuxeFrançoise Mouly
FillosNadja Spiegelman
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Prémio Pulitzer Honorário de Citação, Eisner Award, Harvey Award, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Inkpot Award, Urhunden Prizes, Siegfried Unseld Preis, American Book Awards, grand prix de la ville d'Angoulême, Yellow Kid Award, Edward MacDowell Medal, Sproing Award, Angoulême International Comics Festival Prize for Best Album e Will Eisner Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

A súa obra máis coñecida a nivel internacional, Maus (galardoada co Premio Pulitzer), foi traducida ao galego por vez primeira en 2008 (labor a cargo de Diego García Cruz) e publicada pola editorial balear Inrevés[1]. En 2017 a editorial Rinoceronte volvería traducir (traballo que fixo Estela Villar) e publicar a obra[2].

ObraEditar

NotasEditar

  1. MAUS (EDICIÓN EN GALEGO), publicado o 21 de novembro de 2008.
  2. Novelas en tránsito, artigo en Sermos Galiza o 8 de setembro de 2017.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar