Premio Eisner
The Will Eisner Comic Industry Awards, comunmente abreviados como Eisner Awards, en galego premio Will Eisner ou Premio Eisner (tamén en plural, Premios Eisner) son un premio que distingue as bandas deseñadas.
Premios Eisner | |
---|---|
Premio Will Eisner por Peanuts: A Golden Celebration, 2000 | |
Tipo | grupo de premios e premio de banda deseñada |
Data de fundación | 1988 |
Nomeado en referencia a | Will Eisner |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.comic-con.org/cci/cci_eisners_main.php e https://www.comic-con.org/awards/eisner-awards-current-info | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEntre 1985 e 1987, a editorial Fantagraphics Books promoveu os Kirby Awards, un galardón dedicado á industria do cómic e cos gañadores recibindo os seus premios sempre coa presenza do artista Jack Kirby. As edicións dos Kirby Awards foron organizadas por Dave Olbrich, un empregado da editorial. En 1987, coa saída de Olbrich, Fangraphics decidiu pechar os Kirby Awards e instituíu os Harvey Awards, que leva o nome de Harvey Kurtzman.[1]
Olbrich, pola súa banda, fundou o "Will Eisner Comic Industry Awards" no mesmo ano. No ano 1988 realízase a primeira edición do premio, no mesmo modelo adoptado até hoxe: Reúnese un grupo de cinco membros, debaten os traballos realizados no ano anterior e establecen as cinco candidaturas para cada unha das categorías, que logo son votados por varios profesionais da banda deseñada e os gañadores son anunciados durante a edición dese ano da Comic-Con International, unha convención de banda deseñada celebrada en San Diego, California. Durante dous anos o propio Olbrich organizou o premio até que, ao non poder reunir os fondos necesarios para levar a cabo a edición de 1990 -que acabou sen realizar-, decidiu traspasar a responsabilidade á propia Comic-Con, que desde 1990 emprega a Jackie Estrada para organizalo.[1] [2] Polo tanto, a cerimonia do premio Eisner celébrase na Comic Con de San Diego desde 1991.[3]
En 2006, anunciouse que os arquivos dos premios Eisner estarían aloxados na James Branch Cabell Library da Virginia Commonwealth University en Richmond, Virxinia.[4]
Edicións
editarEdición | Data da cerimonia | Referente ao ano |
---|---|---|
1ª | 1987 | |
2ª | 1988 | |
3ª | 1989 | |
4ª | 1991 | |
5ª | 1992 | |
6ª | 1993 | |
7ª | 1994 | |
8ª | 1995 | |
9ª | 1996 | |
10ª | 1997 | |
11ª | 1998 | |
12ª | 1999 | |
13ª | 2000 | |
14ª | 2001 | |
15ª | 2 de agosto de 2002[5] | 2002 |
16ª | 18 de xullo de 2003[6] | 2003 |
17ª | 23 de xullo de 2004[7] | 2004 |
18ª | 18 de xullo de 2005[8] | 2005 |
19ª | 21 de xullo de 2006[9] | 2006 |
20ª | 2007 | |
21ª | 25 de xullo de 2008[10] | 2008 |
22ª | 24 de xullo de 2009[11] | 2009 |
23ª | 23 de xullo de 2010[12] | 2010 |
24ª | 22 de xullo de 2011[13] | 2011 |
25ª | 2012 | |
26ª | 2013 | |
27ª | 2014 | |
28ª | 2015 | |
29ª | 2016 |
Categorías
editarOs premios Eisner honran as seguintes categorías
Na actualidade
editarEn 2017, os premios dividíronse en 30 categorías para os traballos publicados en 2016.[14]
- Mellor escritor (1988–1989, 1991–presente)
- Mellor escritor/artista (1988–1989, 1991–presente)
- Mellor equipo de debuxadores/tintadores ou debuxadores/tintadores (1988–1989, 1991–presente)
- Mellor serie nova (1988–1989, 1991–presente)
- Mellor serie continuada (1988-presente)
- Mellor colorista/coloreador (1992-presente)
- Mellor letra/letras (1993-presente)
- Mellor artista de portada (1992-presente)
- Mellor serie limitada ou arco narrativo (2010-presente)
- Mellor número único (ou one-shot) (2010-presente)
- Mellor relato curto (1993-presente)
- Mellor antoloxía (1992-presente)
- Mellor cómic dixital (2005-presente) [15]
- Mellor webcomic (2009, 2017-presente) [16]
- Mellor pintor/artista multimedia (interior) (2000-presente)
- Premio Eisner á mellor publicación para primeiros lectores (2012-presente)
- Mellor publicación para nenos (de 9 a 12 anos) (2012-presente)
- Mellor publicación para adolescentes (de 12 a 17 anos) (2008-presente)
- Mellor álbum gráfico: New (1991-presente)
- Mellor álbum gráfico: Reprint (1991-presente)
- Mellor publicación de humor (1992-presente)
- Mellor traballo educativo/académico (2012-presente)
- Mellor traballo baseado na realidade (2007-presente)
- Mellor deseño de publicación (1993-presente)
- Mellor libro relacionado con cómics (1992-presente)
- Mellor colección/proxecto de arquivo: cómics de polo menos 20 anos (2006-presente)
- Mellor colección/proxecto de arquivos: tiras de polo menos 20 anos (2010-presente)
- Mellor edición estadounidense de material internacional (1998-presente)
- Mellor edición estadounidense de material internacional - Asia (2010-presente)
- Mellor publicación periódica/xornalismo relacionada con cómics (2008-presente)
- Salón da fama do premio Will Eisner (1987–1989, 1991–presente)
Premios pasados
editar- Mellor álbum gráfico (1988–1989)
- Mellor equipo artístico (1988–1989)
- Mellor serie en branco e negro (1988–1989, 1991)
- Mellor número único/historia única (1988–1989, 1991–2008)
- Mellor serie finita/serie limitada (1988–1989, 1991–2009)
- Mellor colección de banda deseñada (1992–1993)
- Mellor editor (1992-1997)
- Mellor produto/elemento relacionado con cómics (1992, 1994–2002)
- Mellor publicación periódica/publicación relacionada con cómics (1992–2000, 2002–2007)
- Mellor colección/proxecto de arquivo (1993–2005)
- Mellor historia serializada (1993–2006)
- Mellor pintor (1993–1999)
- Talento que merece un recoñecemento máis amplo (1995–2006) [17]
- Mellor escritor/artista: Humor (1995–2008)
- Mellor título para lectores máis novos/Mellor publicación de cómics para público máis novo (1996–2007)
- Mellor escritor/artista: Drama (1997–2008)
- Mellores figuras esculpidas relacionadas con cómics (1999)
- Mellor publicación relacionada con cómics (periódico ou libro) (2003)
- Mellor colección/proxecto de arquivo: tiras deseñadas (2006–2009)
- Mellor edición estadounidense de material internacional - Xapón (2007–2009)
- Recoñecemento especial (2007–2008) [17]
- Mellor publicación para nenos (2008-2011)
- Mellor escritor/artista de non ficción (2010)
- Mellor adaptación doutra obra (2010-2016)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "What are the Eisner Awards?" (en inglés). 2011. Arquivado dende o orixinal o 2011-03-06. Consultado o 2017-12-24.
- ↑ "Heading to Your First Con? Here's What to Do at a Comics Convention". ThoughtCo. Arquivado dende o orixinal o 14/10/2017. Consultado o 24/12/2014.
- ↑ "Eisner Awards History". Comic-Con International: San Diego (en inglés). 2012-10-03. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2023.
- ↑ "Eisner Awards Archives to Be Housed at Virginia Commonwealth University". CBR (en inglés). 2006-02-16.
- ↑ "Anunciados os indicados aos Prêmios Eisner 2002". Omelete. 10/4/2002. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Eisner Awards 2003: Confira os vencedores". Omelete. 19/7/2003. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Lá fora Especial: Os indicados aos Eisner Awards 2004". Omelete. 25/4/2004. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Conheça os indicados ao Eisner Awards 2005". Omelete. 19/4/2005. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "San Diego Comic-Con 2006: Conheça os vencedores do Eisner Awards". Omelete. 24/7/2006. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Eisner Awards 2008". Omelete. 26/7/2008. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Conheça os vencedores do Eisner Awards 2009". Omelete. 25/7/2009. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Conheça os vencedores do Eisner Awards 2010". Omelete. 24/7/2010. Arquivado dende o orixinal o 14/11/2016. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Eisner Awards 2011: Os vencedores". Omelete. 23/7/2011. Consultado o 24/12/2017.
- ↑ "Eisner Awards Current Info". Comic-Con International: San Diego (en inglés). 2014-12-17. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2023.
- ↑ Robert G. Weiner, ed. (2010). "25 Webcomics and Libraries". Graphic Novels and Comics in Libraries and Archives: Essays on Readers, Research, History and Cataloging. p. 211. ISBN 978-0-7864-4302-4.
Librarians also can consult ... the Eisner Awards, which have had a Best Digital Comic entry since 2005
- ↑ "25 Years of the Eisner Awards" (en inglés). 2013-08-28. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2023.
- ↑ 17,0 17,1 "2007 Eisner Nominations announced". Comic Book Resources. 2007-04-19. Consultado o 2016-07-14.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premio Eisner |
Outros premios relacionados entregados na Comic Con:
editar- Premio tinteiro (inkpot Award)
- Premio Russ Manning Promising Newcomer (1982-presente)
- Premio Kirby (1985–1987)
- Premio Bill Finger á excelencia na escritura de cómic (2005-presente)
Outros premios relacionados coa banda deseñada
editarGalegos nomeados ou gañadores do Eisner
editar- David Rubín
- Emma Ríos
- Miguelanxo Prado
- Jose Domingo
- José Luis García López (debuxante)
- Pablo Pereira
- Silvia Santamaría