Emma Ríos

debuxante de banda deseñada galega.

Emma Ríos Maneiro, nada en Vilagarcía de Arousa o 1 de abril de 1976[1] é unha debuxante de banda deseñada galega.

Emma Ríos
Emma Ríos - Lucca Comics and Games 2015.JPG
Nome completoEmma Ríos Maneiro
Nacemento1 de abril de 1976
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónartista de banda deseñada, debuxante e ilustradora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Emma Ríos viviu en Ourense e dende nova comezou a ler tebeos como La patrulla X de Chris Claremont, Nuevos Mutantes de Sienkiewicz e sobre todo Akira de Katsuhiro Otomo, que foi o que decantou a súa vocación.[2] Porén, descartou o uso de grises, tramas augadas propias do manga nos seus primeiros fanzines de fotocopias, valorando máis o acabado de tinta de autores coma John Buscema, Harvey Kurtzman ou Jack Kirby.[2]

Estudou na Universidade da Coruña onde se licenciou en Arquitectura. Estes estudos servíronlle para o tratamento do espazo no debuxo, evidente nas súas perspectivas e cambios do punto de vista.[2] Compaxinou estudos cos primeiros traballos no mundo da banda deseñada.

Dende o ano 1998 ten unha traxectoria pública como debuxante de banda deseñada; participou inicialmente en fanzines en Ourense e na Coruña, como El bolchevique vespertino, Esto es la guerra, Mensajes en una botella o Comikaze. Tamén nesa primeira época colaborou con revistas e axencias de publicidade como ilustradora, e mais en publicacións colectivas de banda deseñada, como Dos veces breve ou H2Oil.

Entre o ano 2000 e 2006, sen deixar o seu traballo como arquitecta, Emma Ríos participou en diversas exposicións colectivas no salón de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico, e pasou a formar parte do colectivo de debuxantes Polaqia.

A través de Polaqia continuou a súa serie A prueba de balas (2003), na que Pablo Pérez colaborou cos guións.[2]

En 2005 fixo ilustracións para unha campaña de publicidade de Ron Cacique. Nese mesmo ano foi invitada ao salón de Andenne e en 2006 ao de Angulema, polo stand do fanzine "L'inédit".

Despois de varias historias curtas para publicacións de difusión estatal como Dos veces breve (2006) e Los Reyes Elfos: Historia de Faerie 2, foi galardoada co premio ao Autor Revelación en Expocómic 2008. Ese mesmo ano, colaborou no proxecto de restauración do viaduto de San Pedro de Mezonzo (A Coruña), pintando a María Pita nunha das súas columnas.[2] Tamén tivo a bolsa Lingua Cómica da Fundación Asef, que lle permitiu rematar unha banda deseñada no Xapón.[3]

Recibiu unha oferta de Matt Gagnon, editor de Boom! Studios para realizar unha miniserie de 4 números.[2] Deixou entón o estudio de arquitectura no que traballaba para cetrarse na banda deseñada e produciu Hedex (2008) con Michael Alan Nelson no guión e Cris Peter na cor. Daquela xa era unha das estrelas do salón de banda deseñada Viñetas desde el Atlántico.[4][5]

Nas Jornadas Internacionales del Cómic Villa de Avilés coñeceu a CB Cebulski, quen a puxo en contacto con Nick Lowe, editor de Marvel Comics e con quen realizou un fill-in para Runaways primeiro e despois unha miniserie do Doctor Extraño, escrita por Mark Waid.

Realizou unha adaptación do Amadís de Gaula para o Grupo SM, con guión de Ricardo Gómez.[6]

ObrasEditar

  • A prueba de balas (2003)
  • Hexed (2008)
  • Pretty Deadly (2013) volumen 1, 2 y 3
  • Mirror 1 , 2
  • I D

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Ríos, Emma (2 de abril de 2016). "Thank you for all the birthday wishes from yesterday, you're all amazing.". @emmartian (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Fernández, David. "Zona Negativa entrevista a Emma Ríos". Zona Negativa (en castelán). Consultado o 2020-07-29. 
  3. "Una dibujante gallega lanza un cómic en el mercado estadounidense". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-01-09. Consultado o 2020-07-29. 
  4. "Viñetas desde o Atlántico abre hoy las puertas de sus 14 exposiciones". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-08-11. Consultado o 2020-07-29. 
  5. JIMÉNEZ (@vinetabocadillo), JESÚS (2010-12-01). "Emma Ríos: "Trabajaba como arquitecto y lo dejé todo para ser dibujante"". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-07-29. 
  6. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2020-07-29. 
  7. "Emma Ríos,Debuxante". culturagalega.gal. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  8. "Emma Ríos". corunagrafica.com (en castelán). Consultado o 29 de maio de 2019. 
  9. Periódico, El (2020-07-25). "Los Eisner premian a los españoles Paco Roca y Emma Ríos". elperiodico (en castelán). Consultado o 2020-07-29. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar