María Pita

comerciante e heroína galega

Mayor Fernández da Cámara Pita, máis coñecida como María Pita,[1] nada en Sigrás (Cambre) contra 1560 e finada no mesmo lugar en 1643, foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o ataque da Armada Británica acontecido no ano 1589.[2]

Modelo:BiografíaMaría Pita

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1560
Sigrás, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de febreiro de 1643 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Cambre, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaA Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeXoán de Rois
Gregorio de Rocamonde
Sancho de Arratia
Gil Bermúdez de Figueroa Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Alonso de Rois
Francisca de Arratia (1590)
Juán Bermúdez de Figueroa
Francisco Bermúdez de Figueroa (1602) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1072239 BUSC: pita-maria-1568-1643

Traxectoria

editar

Filla de Simón Arnao e María Pita "a vella", ao facerse maior dedicouse a traballar no negocio familiar, unha tenda na Peixería da Coruña.[1]

O 3 de maio de 1589 as tropas inglesas chegaron á Coruña dirixidas polo almirante e antigo corsario Francis Drake. O ataque formaba parte da estratexia da raíña Isabel I de Inglaterra para quitar do trono de Portugal a quen fora seu cuñado e posterior rexeitado pretendente, Filipe II (rei de España dende 1556 e de Portugal dende 1580). Os ingleses, despois de cercar a cidade, abriron unha fenda na muralla e asaltaron a cidade vella. Durante o ataque mataron o marido de María Pita, quen, chea de rabia, arrebatou a lanza da bandeira inglesa e matou con ela ó alférez que dirixía o asalto, o irmán do almirante Francis Drake.[3] Isto desmoralizou a tropa inglesa, composta de 12.000 efectivos e provocou a súa retirada. A tradición di que este feito foi levado a cabo co berro de "Quen teña honra, que me siga".

Rematada a batalla, axudou a recoller os cadáveres e coidou dos feridos. Outras mulleres da Coruña colaboraron na defensa da cidade, como Inés de Ben, ferida na batalla.

Á marxe da súa intervención no cerco, a súa vida estivo chea de vicisitudes, entre as que figuran numerosos preitos. No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse até vinte de diferentes contidos: débedas e apropiación de bens, querelas criminais por insultos e agresións e dúas viaxes á Corte de Madrid. Por causa deles foi condenada ao desterro. Fixo a súa primeira viaxe en 1596 para solicitar a recompensa polos seus servizos durante o cerco inglés. A segunda viaxe en 1606 tivo por obxecto confirmar anteriores mercés. Outorgáronselle, por exemplo, unha praza de soldado no presidio coruñés, licenza para exportar mulas a Portugal, a exención da obriga de aloxamento de soldados na súa casa e unha gratificación económica. Nesa segunda viaxe tentou obter novas concesións reais. En 1616 a súa casa viuse afectada por un incendio na Cidade Vella da Coruña.

 
Partida de defunción de 21 de febreiro de 1643, Arquivo Histórico Diocesano. Fondo Parroquial Santiago de Sigrás. Libros Sacramentais nº 1

Faleceu en Cambre en 1643. Aínda que no seu testamento solicitaba ser enterrada no convento de San Domingos da Coruña, non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba.

Vida persoal

editar

En 1581 contraeu matrimonio con Xoán de Rois, carniceiro, quen morreu no ano 1585. Posteriormente casou con Gregorio de Rocamonde, tamén carniceiro, caído en 1589 durante o cerco inglés. O seu terceiro matrimonio tivo lugar en 1590 con Sancho de Arratia, mestre de navío andaluz, quen morreu no ano 1592. O seu último esposo, Gil Bermúdez de Figueroa, escudeiro da Real Audiencia, morreu en 1613. Tivo catro fillos: María Alonso de Rois, Francisca de Arratia (1590), Juán Bermúdez de Figueroa e Francisco Bermúdez de Figueroa (1602).

Recoñecementos

editar
 
Por Arturo Fernández Cersa

A estatua

editar

Na praza coruñesa de María Pita, fronte o edificio do concello, levantouse un monumento no seu honor. A obra, rematada en bronce, foi concibida por José Castiñeiras Iglesias. Representa a heroína coa lanza con que matou o alférez inglés mentres suxeita coa outra man o corpo sen vida do seu marido, Gregorio de Racamonde. A altura total da obra é de 9,31 metros, composta por unha plataforma de chanzos de 45 cm, un pedestal de 5,56 m e unha escultura de 3,30 metros. O seu peso é de 30 toneladas.[7]

No pedestal atópase un pebeteiro cunha chama prendida durante todo o día e apagada dende as tres ata as sete da madrugada.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar