Aurora Marco

ensaísta galega

Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.

Aurora Marco
Nacemento1 de febreiro de 1948
 Noguera de Albarracín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónensaísta
XénerosEnsaio
EstudosFilosofía e Letras
PremiosPremio Literario Ánxel Fole
Na rede
Facebook: aurora.marco.1 AELG: 362 Dialnet: 172534 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa familia trasladouse a Ordes cando tiña 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Fixo a tese de doutoramento sobre a lingua nas novelas de Antonio López Ferreiro (1978) na mesma universidade.

Exerceu a docencia na Facultade de Filosofía e Letras, posteriormente de Filoloxía, de 1970 a 1975, e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado desde 1972. Obtivo a titularidade de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega en 1984 e a cátedra en 1994,[1] materia que ensinou na Facultade de CC da Educación da USC ata 2014, data da súa xubilación.

Foi presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.[2]

Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias como Alameda, Murguía, Lenguaje y Textos, Andaina, Primeras Noticias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Cuadernos de Pedagogía, Agália etc.[3] As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura, Xénero e Memoria histórica.[4]

En 2011, recibiu da Academia Galega do Audiovisual o Premio Mestre Mateo ao mellor documental, por As silenciadas, que foi dirixido por Pablo Ces e coproducido por ela, cun guión baseado no seu libro Mulleres na guerrilla antifranquista.[5]

Durante a década dos anos 80, comezou un traballo de investigación no que realizou a biografía de máis de 400 mulleres galegas, dende o século IV e até 1975, que deu como froito o libro Elas,[6] que foi publicado en 2015. Na ilustración da obra participaron 8 artistas galegas: Chelo Rodríguez, Irene Silva Xiráldez, Ehlaba Carballo, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.[7][8]

Obra en galego editar

Ensaio editar

Entrevista en Nós Televisión.

Edicións editar

  • O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro, 1981, Ediciós do Castro.
  • Prosa miúda. Artigos non coleccionados (1927-1934), de Ramón Otero Pedrayo, 1988, Ediciós do Castro.
  • Teatro ignorado, de Ramón Otero Pedrayo, 1991, Laiovento.
  • Fausto, Margarida e Aqueloutro, de Tomás Barros, 1993, edición bilingüe e estudo introdutorio, Ediciós do Castro. Con Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
  • Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Actas do Seminario Interdisciplinar, Santiago, 1996 (1997). Santiago de Compostela.
  • Queixas, de Áurea Lorenzo Abeijón, 2004, Toxosoutos.
  • O cabalo de vidro, de Antón Avilés de Taramancos, 2008, Concello de Noia.
  • Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, 2012, Laiovento.

Obras colectivas editar

  • Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
  • O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Ediciós do Castro. Con Araceli Herrero Figueroa.
  • Actas do I Simpósio Internacional de Didáctica da Lingua e a Literatura, 1991, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Simpósio Internacional Muller e Cultura, 1993, Universidade de Santiago de Compostela.
  • A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Superior a Escola Universitaria (1849-1996), 2000, Universidade de Santiago de Compostela. Con Anxo Porto Ucha.
  • Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
  • As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

  • Estudios sobre mujer, lengua y literatura, 1996, Universidade das Palmas de Gran Canaria e Universidade de Santiago.
  • Lo Femenino y lo Masculino en el Diccionario de la Lengua de la Real Academia Española, 1998, Ministerio de Asuntos Sociais.
  • Lecturas de Museo. Orientaciones sobre la recepción de relaciones entre la literatura y las artes, 2000, Universidade de Santiago.
  • Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, 2004, Deputación da Coruña.

Premios editar

  • Premio Tomás Barros de investigación teatral no 1991.
  • Premio Literario Ánxel Fole no 1992, por Foula e Ronsel. Os anos xuvenís de Carvalho Calero (1910-1941).
  • Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011 por As silenciadas, guión e coprodución de Aurora Marco.[5]
  • Premio Luís Tilve á Investigación e Divulgación Histórica no 2012, por As mulleres na guerrilla antifranquista galega.
  • Concha Castroviejo. Arelas de liberdade, traballo co que Aurora Marco e Pablo Ces gañaron o segundo premio Xohana Torres, convocado polo Concello de Santiago de Compostela e pola USC.[12]
  • Premio Sereo da Asociación Cultural Barbantia (2013), polo seu traballo a prol da cultura galega.
  • Republicana de Honra da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (2014), polos seus traballos de memoria histórica das mulleres.[13]
  • Premio Mulleres en Acción, Cangas (2015).
  • Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2016)
  • 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego por Irmandiñas.[14]
  • 2022: III Premio de Investigación Baltar Feijóo por Irmandiñas.[15]
  • 2023: Foi recoñecida como Señora das Letras pola plataforma de crítica literaria feminista A Sega para celebrar o Día das Galegas nas Letras.[16]

Notas editar

  1. "Resolución de 19 de julio de 1994, de la Universidad de Santiago de Compostela. por la que se nombra Catedrática de Escuela Universitaria del área de conocimiento de «Didáctica de la Lengua y la literatura», del Departamento de Didáctica de la Lengua y la Literatura, a doña Aurora Marco López, plaza número 1166/93" (PDF). BOE (en castelán). 4/8/1994. 
  2. "Comité honorífico". web.ua.es (en castelán). Consultado o 3/7/2019. 
  3. "Aurora Marco López". Dialnet (en castelán). Consultado o 3/7/2019. 
  4. "Edicións Laiovento - Aurora Marco". Laiovento. Arquivado dende o orixinal o 27/06/2020. Consultado o 3/7/2019. 
  5. 5,0 5,1 ""As silenciadas" de Aurora Marco, Premio Mestre Mateo al mejor documental 2011". Clásicas y modernas (en castelán). 29/4/2012. Arquivado dende o orixinal o 03/07/2019. Consultado o 3/7/2019. 
  6. "Aurora Marco, investigadora, autora do libro Elas". axendacultural.aelg.gal. 24/3/-2017. Consultado o 23/2/-2020. 
  7. 7,0 7,1 "Elas – Información – A Xanela Editorial". Arquivado dende o orixinal o 05/01/2020. Consultado o 3/7/2019. 
  8. 8,0 8,1 "'Elas', de Aurora Marco. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 3/7/2019. 
  9. Fernán Vello, Miguel Anxo (26/4/2007). "Dicionario de mulleres galegas". galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 23/2/2020. Consultado o 23/2/2020. 
  10. "Edicións Laiovento - Mulleres na guerrilla antifranquista galega". Laiovento. Arquivado dende o orixinal o 25/06/2020. Consultado o 3/7/2019. 
  11. Marco, Aurora (6/3/2020). Irmandiñas: as mulleres esquecidas das Irmandades da Fala. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 9/3/2020. 
  12. Gómez, Joel (11/5/2018). "Aurora Marco: «Un inxusto manto de invisibilidade escureceu a Concha Castroviejo»". La Voz de Galicia. Consultado o 3/7/2019. 
  13. "La Universidad de A Coruña recibe a Aurora Marco, republicana de honor 2014". elidealgallego.com (en castelán). 11-4-2014. Consultado o 23-2-2020. 
  14. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 15/5/2021. Consultado o 16/5/2021. 
  15. "'Irmandiñas', de Aurora Marco, gaña o III Premio de Investigación Baltar Feijóo". Fundación Rosalía de Castro. 16/12/20226. Consultado o 16/12/2022. 
  16. "Aurora Marco é a 'Señora das Letras' deste 2023". Praza Pública. 5/3/2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar