Agália
Agália é unha revista galega creada en 1985, órgano de expresión da Associaçom Galega da Língua.
País | España |
---|---|
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1985 |
Primeira edición | 1985 |
Circulación | |
ISSN | 1130-3557 |
Na rede | |
http://www.agalia.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA revista Agália apareceu en 1985 cunha periodicidade trimestral, co subtítulo de "Revista da Associaçom Galega da Língua", como órgano a través do cal informar das actividades da entidade e co obxectivo de contribuír como ferramenta de coexión da súa base asociativa. Pretendía, ademais, servir como espazo para a intervención no ámbito académico galego dunha óptica reintegracionista.
Entre 1985 e 2000 estivo dirixida por María do Carmo Henríquez Salido e por José Martinho Montero Santalha. No ano 2000 asumiu o cargo Carlos Quiroga, e a revista pasou a ser semestral con números duplos. En 2002, no número 69/70, a revista Agália mudou o seu subtítulo polo de "Revista de Ciências Sociais e Humanidades".
En 2011, coincidindo coa aparición do número 100, mudou novamente o subtítulo polo de "Revista de Estudos na Cultura", agora baixo a dirección de Roberto Samartim.
Características
editarAgália recolleu desde o seu nacemento tres orientacións básicas: de tipo asociativo, de tipo literaria (textos de creación en prosa e verso) e de tipo científica. Amais, inclúe noticias das actividades da AGaL relacionadas coa promoción da lingua galega e do reintegracionismo. Desde o número 62 inclúe tamén creación artística nos campos da ilustración e a fotografía.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Agália. Revista de Associaçom Galega da Língua". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Editorial Galaxia. pp. 24–25. ISBN 84-8288-137-X.