Abrir o menú principal

Carlos Quiroga

escritor e lingüista galego

José Carlos Quiroga Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 9 de maio de 1961, é un escritor e lingüista galego, irmán xemelgo do tamén escritor Xabier Quiroga.

Carlos Quiroga
Carlos Quiroga (AELG)-2.jpg
Nacemento9 de maio de 1961
 O Saviñao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosNarrativa, poesía e teatro
EstudosFiloloxía galego-portuguesa
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutor en Filoloxía Galego-portuguesa, foi bolseiro de investigación da Fundação Calouste Gulbenkian (1991-1992), do actual Instituto Camões (1992-1993), e da Universittà Italiana per Stranieri (1983). Antes de traballar na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor de literaturas lusófonas, foi o primeiro docente de portugués nunha Escola Oficial de Idiomas de Galiza[1]

Fundou e dirixiu a revista O Mono da Tinta, de 1987 a 1991. Durante varios anos foi director da revista de ciencias sociais e humanidades Agália. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal. O Diário de Notícias portugués incluíu o seu libro Inxalá nunha colección de clásicos literarios universais.[2]

Actualmente, ademais de profesor na USC, é membro da dirección da Asociación de Escritores en Lingua Galega e tamén da Associaçom Galega da Língua.

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • G.O.N.G. -mais de vinte poemas globais e um prefácio esperançado (Fundaçom Artábria, 1999).
  • A Espera Crepuscular (Quasi Edições/Laiovento, 2002).
  • O Regresso a Arder (Quasi Edições/AGAL, 2005).

NarrativaEditar

  • Periferias (Laiovento, 1999, gañador do Premio Carvalho Calero de narrativa).
  • Inxalá (Laiovento, 2006, Premio Carvalho Calero de narrativa).
  • Venezianas (Quasi Edições, 2007).
  • Império do Ar. Cavalgadas de Daniel em Ilha Brasil (Confraria do Vento, 2014).
  • Peixe Babel (Urco, 2016).

EnsaioEditar

TeatroEditar

  • Il Castello nello Stagno di Antela - O Castelo da Lagoa de Antela (2004.[3]

Obras colectivasEditar

  • XVIII Festival da Poesia do Condado (S. C. D. Condado, 2004).
  • O Crânio de Castelao (Através, 2013).
  • Desassossego (Mombak, 2014).
  • O Dia da Toalha na Galiza (Através, 2014).

PremiosEditar

  • Premio da Mostra de Teatro Infantil de Ferrolterra no 1988, por O Castelo da Lagoa.
  • Premio Carvalho Calero de narrativa no 1998, por Periferias.
  • Premio Carvalho Calero de narrativa no 2005, por Inxalá.

NotasEditar

  1. PGL, consultado o 11 de xaneiro de 2011.
  2. Carlos Quiroga na Biblioteca de Verão, Diário de Notícias, 26/07/2010
  3. Premio de Teatro infantil na Mostra de Ferrolterra en 1988, publicado en Italia en galego e italiano

Véxase taménEditar