Premio Carvalho Calero
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, quen foi un filólogo e escritor español, mestre de varias xeracións.
O seu primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.

Orixe e contexto histórico editar
Tras a ditadura franquista, Galicia tentou devolver o status lingüístico e literario ao pobo galego. Tras a morte deste filólogo no ano 1990, pretendeuse impulsar á sociedade a escribir nesta lingua. Para iso, creouse o Premio Carvalho Calero, que dotara aos gañadores de ambas modalidades cunha contía económica que, dependendo da edición, rolda os 3 700 €, e a publicación da obra.
A entidade organizadora foi a Sociedade Cultural Medulio, que naceu cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización e o concello de Ferrol.
Os premios son bianuais, mais no ano que non se celebran, o concello de Ferrol convoca o Premio de Investigación concibido para fomentar políticas de igualdade impulsadas dende diferentes entidades e que, como novidade, nesta edicióncal? ampliaranse a todo tipo de iniciativas de acción social. O obxectivo desta convocatoria é recoñecer publicamente e distinguir a traxectoria profesional duna actuación de calidade no ámbito dos servizos sociais, de políticas de xénero e loita contra a violencia de xénero.
Premios editar
2016 | De investigación lingüística ou ensaio | Carlos Caetano Biscainho, Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen tregua. |
2014 | De investigación lingüística ou ensaio | Isaac Lourido, História litéraria e conflito cultural. Bases para umha história sistémica da literatura na Galiza. |
De creación literaria | María Cristina Pavón Maviz, A busca da orixe perdida das especies. | |
2012 | De investigación lingüística ou ensaio | Luis García Soto, O labirinto da saudade. |
2010 | De investigación lingüística ou ensaio | Manuel Castelao Mexuto, Eludicións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero |
De creación literaria | Premio deserto | |
2008 | ||
2007 | De investigación lingüística ou ensaio | Premio deserto |
De creación literaria | Henrique Dacosta, Unha mada de relatos. | |
2006 | De investigación lingüística ou ensaio | Xosé Manuel Maceira, Un nacionalismo cívico e social. |
De creación literaria | Paula San Vicente, Fío de contas. | |
2005 | De investigación lingüística ou ensaio | Miguel Louzao Outeiro, Letras da cal na produción poética galega dos 90. |
De creación literaria | Carlos Quiroga, Inxalá. | |
2004 | De investigación lingüística ou ensaio | Raquel Vello, Muiller nobre, ilustrada, dramaturga. |
De creación literaria | Paulino Pereiro, Habitar as illas. | |
2002 | De creación literaria | Félix Rodal, A cor do cabalo. |
2002 | De investigación lingüística ou ensaio | Roberto López-Iglésias Samartim, A dona do tempo antigo. |
2001 | De investigación lingüística ou ensaio | Antonia López García, Se as aves insisten na ledicia . A obra de Bernardino Graña. |
De creación literaria | Rosa Aneiros,Corazóns amolecidos en salitre. | |
2000 | De creación literaria | Xosé Vázquez Pintor, Quen faga voar. |
1998 | De investigación lingüística ou ensaio | Xosé Manuel Sánchez Rei, Sintaxe do pronome átono en galego: a interpolación.[1] |
De creación literaria | Carlos Quiroga, Periferias. | |
1996 | De creación literaria | Xesús Manuel Marcos, Terra queimada. |
1994 | De creación literaria | Manuel Lourenzo González, As paisaxes compartidas. |
1991 | De investigación lingüística ou ensaio | José Martinho Montero Santalha, Carvalho Calero e a sua obra. |
1990 | De creación literaria | Xoán Ignacio Taibo, Informe bestiario. |
Notas editar
- ↑ Posteriormente modificada e publicada baixo o título de Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Enciclopedia Galega Universal. Vigo, Ir Indo, 1999.[cómpre nº de páxina]
- Rodríguez Iglesias, F. (ed.): Proxecto Galicia. Literatura. A Coruña, Hércules de Ediciones, 2000- (6 vols.) [cómpre nº de páxina]
- Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da Literatura Galega, Vigo, Ed. Galaxia, 1995-2003 (4 vols.) [cómpre nº de páxina]
Ligazóns externas editar
- Diario de Ferrol.Que artigo/s?