O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao[1] que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".

Proxecto Galicia
Uns poucos volumes de Dereito e Economía nun andel da Biblioteca de Galicia
Autor/aAAVV
Ilustrador/afotografía: Julio Gil et al.
OrixeEspaña
Linguagalego (banda azul) ou
castelán (banda vermella)
Tema(s)Cultura galega
Xénero(s)consulta (enciclopedia temática)
EditorialHércules de Edicións
Data de pub.dende 1992
ISBNISBN 84-87244-22-X
EditorFrancisco Rodríguez Iglesias
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Edítase tanto en galego (os volumes levan unha banda azul celeste no lombo) como en castelán (banda vermella). As súas seccións están coordinadas por distintos persoeiros vinculados coas universidades galegas. O Proxecto Galicia consta de 64 tomos.

Colaboradores

editar

Xunto co Editor, Francisco Rodríguez Igrexas (presidente de Hércules de Edicións), e os membros do consello editorial: Xosé Filgueira Valverde, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Fernando González Laxe, Francisco Javier Río Barja, Andrés Precedo Ledo, Armando Fernández-Xesta, Xulio Correa Corredoira e Francisco Verdía Rodríguez, os colaboradores da obra segundo a sección foron Xosé Ramón Barreiro en Historia; Xosé Antón Castro Fernández en Arte; Francisco Xavier Río Barja en Xeografía; Xosé Manuel González Reboredo en Antropoloxía; Darío Villanueva Prieto en Literatura; Francisco Díaz-Fierros en Natureza; Adolfo Cordeiro Rivera en Ecoloxía; José Antonio García Caridade en Dereito; Carlos Acuña Rubio en Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria; e Fernando González Laxe en Economía.

Seccións

editar
Historia
Tomo I: Prehistoria e Historia Antiga
Tomo II: Galicia na Época Medieval
Tomo III: A Galicia do Antigo Réxime. Economía e Sociedade
Tomo IV: A Galicia do Antigo Réxime. Ensino, Ilustración e Política
Tomo V: A Sociedade Galega Contemporánea. Tradición e Modernidade
Tomo VI: Historia Contemporánea. Ensino e Cultura
Tomo VII: Historia Contemporánea. Política. (Século XIX)
Tomo VIII: Historia Contemporánea. Política. (Século XX)
Arte
Tomo IX: Arte Prehistórica e Romana
Tomo X: Arte Medieval (I)
Tomo XI: Arte Medieval (II)
Tomo XII: Galicia na Época do Renacemento
Tomo XIII: O Barroco (I) A Época. Os patrocinadores. Arquitectos do Século XVII
Tomo XIV: O Barroco (II) Arquitectos do Século XVIII. Outras Actividades Artísticas
Tomo XV: Arte Contemporánea
Tomo XVI: Arte Contemporánea (I)
Xeografía e Cartografía
Tomo XVII: Xeografía Xeral
Tomo XVIII: A Galicia Cantábrica, Ártabra e Fisterrá
Tomo XIX: Vales do Tambre e do Ulla, Rías Baixas Pontevedresas e o Baixo Miño
Tomo XX: A Limia, Val de Monterrei e As Frieiras, Miño Central Ourensán e Depresións e Serras Surorientais
Tomo XXI: A Chaira Luguesa, as Montañas Orientais e Itinerarios de Interese para o Viaxeiro
Tomo XXII: Cartografía de Galicia
Antropoloxía
Tomo XXIII: Arquitectura. Economía
Tomo XXIV: Tecnoloxía Agraria. Oficios
Tomo XXV: Mariñeiros. Creación Estética
Tomo XXVI: Artesanía. Sociedade
Tomo XXVII: Relixión. Crenzas. Festas
Tomo XXVIII: Imaxinario. Literatura Popular
Tomo XXIX: Historia da Antropoloxía. Patrimonio Etnográfico
Literatura
Tomo XXX: A Idade Media
Tomo XXXI: Os Séculos Escuros. O século XIX
Tomo XXXII: O século XX. A literatura Anterior á Guerra Civil
Tomo XXXIII: A literatura desde 1936 ata hoxe: Poesía e Teatro
Tomo XXXIV: A literatura desde 1936 ata hoxe: Narrativa e Tradución
Tomo XXXV: Escritores Galegos na literatura Española
Natureza
Tomo XXXVI: Historia Natural. Xeoloxía
Tomo XXXVII: Zooloxía I
Tomo XXXVIII: Zooloxía II
Tomo XXXIX: Zooloxía III
Tomo XL: Zooloxía IV
Tomo XLI: Botánica I
Tomo XLII: Botánica II
Tomo XLIII: Botánica III
Ecoloxía
Tomo XLIV: Introdución á Ecoloxía
Tomo XLV: Conservación I
Tomo XLVI: Conservación II
Tomo XLVII: Ciencia e Tecnoloxía Ambientais I
Tomo XLVIII: Ciencia e Tecnoloxía Ambientais II
Dereito
Tomo XLIX: Dereito I
Tomo L: Dereito II
Tomo LI: Dereito III
Tomo LII: Dereito IV
Tomo LIII: Dereito V
Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria
Tomo LIV: Baixa Idade Media
Tomo LV: Século XVI (primeira parte)
Tomo LVI: Século XVI (segunda parte) e Século XVII (primeira parte)
Tomo LVII: Século XVII (segunda parte)
Tomo LVIII: Séculos XVIII-XXI
Tomo LIX: Heráldica institucional
Economía
Tomo LX: Trazos da economía galega
Tomo LXI: Os sectores e actividades produtivas
Tomo LXII: A Economía Regulatoria
Tomo LXIII: Galicia e a súa inserción exterior
Tomo LXIV: Poder empresarial en Galicia
  1. "Érguete, 'A Nosa Terra' y Proxecto Galicia reciben las Medallas Castelao". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar