Rosa Aneiros
Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (Valdoviño) en 1976[1], é unha xornalista e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rosa Aneiros Díaz 1976 (47/48 anos) Meirás, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Ciencias da Comunicación |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritora |
Xénero artístico | Narrativa |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Traxectoria
editarLicenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática.
É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010[2]. Obtivo tamén o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.
En 2019 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil con Xelís, o guieiro das botellas de mar da que o xurado destacou "a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico".[3]
En 2019 traballaba no Consello da Cultura Galega.[4]
Obras
editarNarrativa
editar- Eu de maior quero ser (1999). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478243471.
- Son Galega (2001). Laiovento.
- Corazóns amolecidos en salitre (2002). Laiovento. 123 páxs. ISBN 84-8487-010-3.[5]
- Resistencia (2002). Xerais. 17 edición en 2019. ISBN 978-84-8302-925-1. Foi traducida ao castelán[6] e ao portugués.[7]
- Veu visitarme o mar (2004). Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9782-251-0.[8]
- Sol de inverno (2009). Xerais. 512 paxs. ISBN 978-84-9914-032-2.[9] ePub: ISBN 978-84-9914-420-7.
- Ás de bolboreta (2009). Xerais. 332 páxs. ISBN 978-84-9914-215-9 (7ª ed).[10] ePub: ISBN 978-84-9914-957-8.
- Sibila (2021). Xerais. 240 páxs. ISBN 978-84-9121-891-3.[11] ePub: ISBN 978-84-9121-896-8.
- A noite das cebolas (2024). Vigo: Xerais. 320 páxs. ISBN 978-84-1110-498-2. ePub: ISBN 978-84-1110-504-0.[12]
Artigos xornalísticos
editar- Ao pé do abismo, 2007, Xerais. 320 páxs. ISBN 978-84-9782-676-1.[13]
Literatura infanto-xuvenil
editar- O xardín da media lúa (2004). Galaxia. 48 páxs. ISBN 978-84-8288-711-1.[14]
- Os ourizos cachos e o gran río gris, 2008, Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-016-7.[15]
- Ámote Leo A. Destino Xalundes (2013. Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-9914-558-7 (5ª ed.).[16] ePub: ISBN 978-84-9914-621-8. Foi traducida ao inglés.[17]
- Ámote Leo A. Estación de tránsito (2014). Xerais. 288 páxs (2ª ed.). ISBN 978-84-9914-623-2.[18] ePub: ISBN 978-84-9914-646-1. Foi traducida ao inglés.[19]
- Ámote Leo A. Terminal de... chegadas? (2014). Xerais. 336 páxs. ISBN 978-84-9914-683-6.[20] ePubl: ISBN 978-84-9914-718-5. Foi traducida ao inglés.[21]
- A batalla da pequena Chañan Curi Coca (2017). Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9121-275-1.[22]
- Orestes perde o sentido! (2019). Xerais. Ilustracións de Kiko da Silva. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-474-8. ePub: ISBN 978-84-9121-480-9.[23]
- Xelís, o guieiro das botellas de mar (2019). Xerais. Col. Merlín. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-589-9.[24] ePub: ISBN 978-84-9121-597-4.[25]
- Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020). Xerais. Col. Merlín. Ilustrador: Iván Sende. 152 páxs. ISBN 978-84-9121-568-4.[26] ePub: 978-84-9121-572-1.
- Catro plumas de dinosauro (2022). Xerais, Col. Merlín. Ilustradora Xulia Pisón. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-075-5.[27] ePub: ISBN 978-84-1110-079-3.
- Faísca, a nena neandertal (2024). Vigo: Xerais.[28] 224 páxs. ISBN 978-84-1110-568-2. ePub: ISBN 978-84-1110-573-6. Ilustracións de Xulia Pisón.
Tradución
editar- Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
Obras colectivas
editar- Mini-relatos, 1999, Librería Cartabón.
- Narradoras, 2000, Xerais.
- Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000, 2001, Ediciós do Castro.
- Alma de beiramar, 2003, A Nosa Terra.
- Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Seis ferroláns, 2003, Edicións Embora.
- Sempre mar, 2003, Concello de Fene.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- O son das buguinas, 2007, Xerais.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida.(2013) Xerais. ISBN 978-84-9914-506-8.[29]
Premios
editar- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1996.
- Premio Modesto R. Figueiredo en 1998 por A ardora que esgazou as bandeiras.
- Gañadora do X Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2001, por Mares de Xabre, ex aequo con Xosé Luís Martínez Pereiro.
- Premio Carvalho Calero no 2001, por Corazóns amolecidos en salitre.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega en 2003 por Resistencia.
- Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2005 por Veu visitarme o mar.
- Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico A última vaca.
- Premio Xerais á mellor novela en 2009 por Sol de inverno.
- Premio Fervenzas Literarias á mellor portada para adultos en 2009 por Sol de inverno.
- Premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil en 2009 por Ás de bolboreta.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil en 2009 por Ás de bolboreta.
- Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) en 2010 por Ás de bolboreta.
- Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade en 2018.[30]
- Premio Merlín de Literatura Infantil con Xelís, o guieiro das botellas de mar en 2019.
Notas
editar- ↑ "Rosa Aneiros". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, seleccionado para a exposición “The White Ravens 2010″". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2010.
- ↑ Redacción. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Edicións Laiovento - CORAZÓNS AMOLECIDOS EN SALITRE". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Resistencia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Resistência: romance". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ "A noite das cebolas - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-02-29.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "O xardín da media lúa". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Os ourizos cachos e o gran río gris". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "I Love You Leo A. Destination Somewhere". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "I Love You Leo A. Transit Station". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "I Love You Leo A. Arrivals Terminal…?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11.
- ↑ Montero Chacón, Mª Carmen (Xullo, agosto, setembro 2020). "O valor da imaxinación". Grial. LVIII (227): 66–67. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-02-19.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ "Faísca, a nena neandertal - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-03.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Rosa Aneiros gaña o 'Fernández Paz' de narrativa xuvenil pola igualdade". Sermos Galiza. 28 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine.
- Conversa con Rosa Aneiros. YouTube. Culturgal 2013.