Abrir o menú principal

Hércules de Ediciones

Sede de Hércules de Ediciones

Hércules de Ediciones é unha editorial galega creada en 1985 por Francisco Rodríguez Iglesias coa pretensión de impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. A súa sede está na cidade da Coruña, na rúa Cordelería, 32 (Edificio Hércules).

ActividadesEditar

A obra máis singular desta editorial é o Proxecto Galicia, ao redor do cal reúnense importantes intelectuais de Galicia (entre eles Xosé Ramón Barreiro Fernández, Fernando González Laxe, Xosé Manuel González Reboredo, Darío Villanueva Prieto, Xulio Correa Corredoira, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Siro López Lorenzo e, até o momento da súa morte —1996, 2003 e 2011, respectivamente—, Xosé Filgueira Valverde, Domingo García-Sabell e Francisco Javier Río Barja) e que, coas 10 series con 64 tomos editados constitúe "un empeño editorial sen precedentes en Galicia".[1]

Hércules recibiu ao longo da súa traxectoria numerosos premios pola súa actividade empresarial, entre os que destaca especialmente a Medalla Castelao, recibida polo Proxecto Galicia no ano 2007.[1]

Edita libros nos idiomas galego, castelán, portugués e inglés.

ColecciónsEditar

Proxecto Galicia (Historia; Arte; Xeografía/Cartografía; Antropoloxía; Literatura; Natureza; Ecoloxía; Dereito; Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria de Galicia e Economía).

Galicia para soñar, A Grande Obra dos Camiños de Santiago, Mosteiros e Conventos da Península Ibérica, Titor Hércules, As Amizades de Hércules, Os Imperdibles de Hércules e Presente Perfecto.

DirecciónEditar

En 2014 o seu cadro de persoal directivo era:

  • Presidente: Francisco Rodríguez Iglesias
  • Directora: Laura Rodríguez Herrera
  • Director xerente: Manuel Gándara Armada

NotasEditar

Véxase taménEditar