Paulino Pereiro
escritor e músico galego
Paulino Martínez Pereiro, nado na Coruña o 2 de novembro de 1957, é un escritor, músico e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1957 (67 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, músico |
Pseudónimo literario | Paulino Pereiro |
Familia | |
Cónxuxe | Luísa Villalta (1978–1998), divorcio |
Premios | |
Traxectoria
editarTitulado en frauta traveseira polo Conservatorio de Santiago de Compostela, é compositor de música de cámara e sinfónica, teatral e cinematográfica e membro fundador da Asociación Galega de Compositores. Compuxo a banda sonora do filme Novo de Parmuíde (1987) de Roberto Vidal Bolaño. Exerceu a docencia no IES Fernando Esquio de Neda, e reside entre Ferrol e Vilalba.
Obras
editar- Ensaio
- Iniciación á linguaxe musical, 1995, Edicións Laiovento.
- Poética da música teatral, 2001, Xunta de Galicia.
- A música teatral, 2003, Universidade da Coruña.
- Narrativa
- Desde unha mesa de café, 1998, Laiovento (traducido ao castelán no 2004 polo propio autor na mesma editora).[1]
- Calidoscopio, 1999, Baía Edicións.
- Sinfonía cíclica, 2004, Sotelo Blanco Edicións.
- Arredor de Chinto, 2005, Baía Edicións.
- Habitar as illas, 2005, Laiovento.
- Poesía
- Morte do mar, 2007, Baía Edicións.
- Poemas de ruxido e barruzo, 2016, Alvarellos Editora.
- Teatro
- O leitor de Goethe, 1995, Elsinor Teatro.
- Traducións
- Branca, no desxeo das tebras, de Daniel Thibaut, 2002, Espiral Maior.
- Música
- Caderno de melodías populares, (1978-1993) [Música impresa]: piano, 1997, Xunta de Galicia.
- Variacións Beiras, 1999, Viso.
- Cancións de aquí e acolá, 2001, Baía Edicións.
- Melodías paisanas para dúo de frautas de bico en dó, 2001, Baía Edicións.
- Obras colectivas
- Entre dous, 1996, con Victoria Salgado, Baía Edicións.
- Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand, 1999, cotraducido con Francisco Pillado Mayor, Baía Edicións.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Premios
editar- Premio do Certame de creación literaria Carvalho Calero no 2004, por Habitar as illas.
- Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2004, por Sinfonía cíclica.
- Segundo premio do XLI Certame Literario Concello de Vilalba en 2015, por Poemas de ruxido e barruzo.
Vida persoal
editarCasou con Luísa Villalta o 19 de abril de 1978, e divorciáronse en 1998.[2]
Notas
editar- ↑ "Desde una mesa de café". bibliotraducion.uvigo.es.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza L. (2024). As escumas da letra. Biografía de Luísa Villalta. A Coruña: Baía Edicións. p. 14 e 18. ISBN 978-84-9995-445-5.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Martínez Pereiro, Paulino". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 286.
- "Martínez Pereiro, Paulino". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Pereiro, Paulino". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.