Filoloxía

estudo da lingüística histórica a partir de documentos escritos
(Redirección desde «Filólogo»)

Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.

Facultade de Filoloxía da USC.
Facultade de Filoloxía da Coruña.

Ensino en Galicia

editar

Ata a década dos anos 1980, os estudos de Filoloxía Galega adscribíanse coma unha sección de Filoloxía hispánica chamada especialidade en Filoloxía galego-portuguesa, pero logo foron segregados coma unha carreira á parte. Na actualidade a Filoloxía Galega estúdase nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo. No ensino universitario galego, as filoloxías están centradas tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa puxéronse en funcionamento centros e facultades en varios campus.

A distribución das Filoloxías nos Campus galegos é a seguinte:

Universidade de Santiago de Compostela Campus de Santiago Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica e clásica[1]
Campus de Lugo Filoloxía hispánica[2]
Universidade da Coruña Campus da Coruña Filoloxía galega, hispánica e inglesa[3]
Campus de Ferrol non hai filoloxías
Universidade de Vigo Campus de Vigo Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)[4]
Campus de Pontevedra non hai filoloxías
Campus de Ourense non hai filoloxías