Facultade de Filoloxía da Coruña
A Facultade de Filoloxía da Coruña é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no campus da Zapateira.
Facultade de Filoloxía da Coruña | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | facultade ![]() | |||
Parte de | Universidade da Coruña ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | udc.es… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarOs estudos de Filoloxía na Coruña remóntanse ao ano 1972, cando se comezou a impartir no antigo Colexio Universitario o primeiro ciclo das licenciaturas en Filoloxía Hispánica, Románica e Xermánica. Os estudos comezaron en pavillóns provisionais no Campus de Riazor, no centro urbano, para posteriormente trasladarse ó Campus da Zapateira.
Coa creación da Universidade da Coruña e da Facultade de Humanidades (1989), completáronse os segundos ciclos de Filoloxía Hispánica (1990), nas subseccións de Español e Galego-portugués, e de Filoloxía Inglesa (1993). En 1995, a Facultade trasládase do Campus da Zapateira a un novo edificio no Campus de Elviña. Ese mesmo ano créase a Facultade de Filoloxía por desmembración, xunto coa Facultade de Ciencias da Educación, da antiga Facultade de Humanidades. Finalmente, en 2003 a Facultade de Filoloxía trasládase de novo ó Campus da Zapateira, onde ocupa un edificio situado na parte alta do campus.
A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior determinou que as antigas licenciaturas deran paso no curso 2009/2010 ós novos títulos de grao e mestrado.
Titulacións
editarEstá en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártense os graos en español (estudos lingüísticos e literarios), en galego e portugués (estudos lingüísticos e literarios), e en inglés (estudos lingüísticos e literarios).
Impártense tamén os mestrados en lingua e usos profesionais, en lingüística e as súas aplicacións, e mais en lingüística galega.
Desde o curso 2011/2012 impártese tamén o Mestrado en Literatura, cultura e diversidade nas especialidades de español, inglés e galego-portugués.
Equipo decanal
editarA actual decana é Teresa López Fernández[1], elixida nas eleccións celebradas o 21 de xaneiro de 2005 e reelixida o 4 de marzo de 2009. María José Martínez López, anterior decana da Facultade, ocupa actualmente o posto de vicerreitora de Estudantes e Relacións Internacionais da UDC[2]
Departamentos
editarOs departamentos dos que consta a Facultade son[3] Filoloxía española e latina, Galego-portugués, francés e lingüística, e Filoloxía inglesa.
Notas
editar- ↑ "Decanato da Facultade de Filoloxía da Coruña (consultado o 12 de marzo de 2011)". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2011.
- ↑ Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais da Universidade da Coruña (consultado o 12 de marzo de 2011)[Ligazón morta]
- ↑ "Departamentos da Facultade de Filoloxía da UDC (consultado o 12 de marzo do 2011)". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2011.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |