Escairón, Vilasante, O Saviñao
Coordenadas: 42°35′06″N 07°38′22″O / 42.58500, -7.63944
Escairón é unha vila da parroquia de Vilasante, capital do concello lugués do Saviñao. No ano 2011 tiña 906 habitantes, deles 443 eran homes e 463 eran mulleres, sendo o núcleo máis poboado do concello. Isto supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 835 habitantes.
Escairón | |
---|---|
Casa do Concello do Saviñao. | |
Parroquia | Vilasante |
Concello | O Saviñao |
Poboación | 906 hab. (2011) |
EconomíaEditar
En Escairón hai feira os días 8 e 19 de cada mes. Nesta vila está asentada a empresa Adegas Moure.
FestasEditar
Na primeira semana de agosto celébranse as festas patronais na honra da Nosa Señora das Dores. O maior atractivo é a "carreira de burros", celebrada a mañá do último día de festa, e que vai seguida da competición do tiro de corda por parroquias.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de VilasanteEditar
Lugares da parroquia de Vilasante no concello do Saviñao (Lugo) | |
---|---|
Casadela | Escairón | A Igrexa | Mosteiro | Pacios | O Souto | Vilasante |