Premios Follas Novas do Libro Galego

Os Premios Follas Novas do Libro Galego[1], coñecidos nas cinco primeiras edicións, entre 2016 e 2020, como Premios da Gala do Libro Galego, son uns galardóns que se entregan como parte dun evento cultural de carácter anual que ten por finalidade distiguir as mellores obras e iniciativas literarias a ano vencido[2]. Os convocadores son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega[3].

Historia e características editar

A primeira edición tivo lugar en 2016 e supuxo a conxunción de tres premios nun só[4]. Co xurdimento desta gala unificada, a AELG puxo termo á Gala das Letras; a Asociación Galega de Editores deu por pechada a Noite da edición en Galicia e a Federación de Librarías de Galicia fixo o propio cos Premios Irmandade do Libro.[5] O deseño gráfico destes premios foi feito polo estudio creativo "Distrito Xermar".

Gañadores editar

I Edición (2016) editar

O acto de entrega tivo lugar o 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago[6].

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas VV.AA. Apiario
Tradución Mocidade Joseph Conrad (trad. Alejandro Tobar) Editorial Hugin e Munin
Proxecto literario na rede Poétic@ Fran Alonso
Literatura infantil e xuvenil O meu pesadelo favorito María Solar (ilustr. María Lires) Editorial Galaxia
Iniciativa bibliográfica Lendo lendas, digo versos Antonio G. TeijeiroAntonio Reigosa (ilustr. Xosé Cobas) Edicións Xerais de Galicia
Iniciativa cultural ou de fomento da lectura Espazo Lectura - -
Libro ilustrado Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky José Antonio Abad (texto) e Xosé Cobas (ilustr.) Kalandraka
Teatro Xogando con gatos Antón Cortizas Edicións Xerais de Galicia
Xornalismo cultural Sermos Galiza - -
Narrativa O último día de Terranova Manuel Rivas Edicións Xerais de Galicia
Poesía Oso, mamá, si? María Lado Edicións Xerais de Galicia
Premios ás traxectorias 2016
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio honorífico á libraría, pola FLG Libraría Pedreira, de Santiago
Premio honorífico á editoria, pola AEG Editorial Laiovento
Escritor galego universal, pola AELG Pere Gimferrer

II Edición (2017) editar

O acto de entrega tivo lugar o 20 de maio de 2017 no Teatro Principal de Santiago[7].

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio Labrego con algo de poeta Mercedes Queixas Editorial Galaxia
Tradución Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña Anónimo (trad. Henrique Harguindey) Rinoceronte Editora
Proxecto literario na rede A Sega. Plataforma de Crítica Literaria -
Literatura infantil e xuvenil Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta Ledicia Costas Edicións Xerais de Galicia
Iniciativa bibliográfica Aulas sen paredes Rosalía Fernández Rial Edicións Positivas
Iniciativa cultural ou de fomento da lectura Ciclo Vermú entre libros Libraría Paz -
Libro ilustrado Canta connosco Óscar Villán Kalandraka
Teatro Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada Carlos Labraña Editorial Galaxia
Xornalismo cultural Zig-Zag TVG -
Narrativa Todo canto fomos Xosé Monteagudo Editorial Galaxia
Poesía O cuarto das abellas Antía Otero Edicións Xerais de Galicia
Premios ás traxectorias 2017
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio honorífico á libraría, pola FLG Libraría Platero, de Ourense
Premio honorífico ao editor, pola AEG Ánxel Casal
Escritora galega universal, pola AELG Hélia Correia

III Edición (2018) editar

O acto de entrega tivo lugar o 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago[8].

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación Do galego antigo ás fronteiras da resistencia Antón Figueroa Lorenzana Edicións Laiovento
Divulgación Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo Xurxo Mariño Edicións Xerais de Galicia
Narrativa A nena do abrigo de astracán Xabier P. DoCampo Editorial Galaxia
Infantil A señorita Bubble Ledicia Costas Edicións Xerais de Galicia
Xuvenil Os nenos da varíola María Solar Editorial Galaxia
Libro ilustrado Tinta de luz Xosé María Álvarez Cáccamo (texto) e Berta Cáccamo (ilust.) Chan da Pólvora Editora
Libro de banda deseñada Alter-Nativo Jorge Campos Aira Editorial
Iniciativa bibliográfica Colección Xerais Básicos Ciencia - Edicións Xerais de Galicia
Tradución Pippi Mediaslongas Astrid Lindgren, (trad. David A. Álvarez Martínez) Kalandraka Editora
Poesía Camuflaxe Lupe Gómez Chan da Pólvora Editora
Teatro Río Bravo Chévere Kalandraka Editora
Libro mellor editado Lumes Ismael Ramos Apiario
Premios ás traxectorias 2018
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor
Iniciativa cultural ou fomento da lectura Viñetas desde o Atlántico -
Proxecto literario na rede Caderno da crítica Ramón Nicolás
Xornalismo cultural Ana Romaní -
Premio honorífico á libraría Xurxo Patiño, da Libraría Librouro, de Vigo -
Premio honorífico ao editor Xavier Senín -
Escritora galega universal Isabel-Clara Simó -

IV Edición (2019) editar

O acto de entrega celebrouse o 11 de maio de 2019, no Teatro Principal de Santiago[9].

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte Emilio Ínsua e Xurxo Martínez Edicións Xerais de Galicia
Divulgación Castelao na arte europea Siro Garañón Editora
Narrativa Natura Iolanda Zúñiga Editorial Galaxia
Infantil Os contos da avoa Pepa Francisco Xosé Fernández Naval Kalandraka Editora
Xuvenil O bestiario científico de Anxos Nogueirosa Antonio M. Fraga Urco Editora
Libro ilustrado Man de Camelle Carmen Hermo Kalandraka Editora
Libro de banda deseñada O puño e a letra VV.AA. Edicións Xerais de Galicia
Iniciativa bibliográfica Biblioteca de Pedagoxía - Kalandraka Editora
Tradución A señora Dalloway de Virginia Woolf tradución de Cecilia Recarey Rendo Irmás Cartoné
Poesía Memoria do corpo Xesús Rábade Editorial Galaxia
Teatro Eroski Paraíso Chévere Kalandraka Editora
Libro mellor editado Seis poemas galegos Federico García Lorca Alvarellos Editora
Premios ás traxectorias 2019
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor
Iniciativa cultural ou fomento da lectura Asesoría de Bibliotecas Escolares -
Proxecto literario na rede Brétemas Manuel Bragado
Xornalismo cultural Revista Luzes -
Premio honorífico á editoria María Xosé Queizán -
Premio honorífico á libraría Antonio Fernández Maira -
Escritora galega universal Maria Teresa Horta -

V Edición (2020) editar

O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras da convocatoria o 9 de maio de 2020. Atendendo á situación causada pola pandemia do COVID19, a organización do evento decidiu comunicar as deliberacións do xurado na data prevista e adiar a gala para o outono vindeiro en canto as condicións o permitisen. Os premios de honra que anualmente se conceden tamén na Gala do Libro Galego adiáronse ata a celebración deste acto.[10] Finalmente celebrouse o acto en Santiago de Compostela, o sábado 21 de novembro de 2020, en formato dixital desde a canle de Youtube.[11]

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación Dentro da literatura Suso de Toro Edicións Xerais de Galicia
Divulgación A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro Juan Casto Rivadulla Fernández Editorial Galaxia
Narrativa Seique (2ª ed. ampliada) Susana Sanches Arins Através Editora
Infantil A tartaruga Amodovou Paula Carballeira Oqueleo
Xuvenil Os corpos invisibles Enma Pedreira Edicións Xerais de Galicia
Libro ilustrado Irmá Paxaro Tamara Andrés (ilustr. María Montes) Cuarto de Inverno
Libro de banda deseñada A charia Antonio Seijas Alita Cómics Editorial
Iniciativa bibliográfica Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930 Miguel Anxo Seixas Seoane Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago
Tradución Frankenstein ou o Prometeo moderno Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro Aira Editorial
Poesía Feliz idade Olga Novo Kalandraka Editora
Teatro Citizen Chévere Kalandraka Editora
Libro mellor editado Fosforescencias Lupe Gómez (ilustr. Anxo Pastor) Alvarellos Editora
Premios ás traxectorias 2020
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura Libraría Chan da Pólvora
Proxecto literario na rede Kalandraka TV
Xornalismo cultural María Yáñez
Premio honorífico á edición Basilio Losada
Premio honorífico á libraría Brañas Vedes, de Carballo
Escritora galega universal Mariasun Landa

VI Edición (2021) editar

A gala dos premios celebrouse en Santiago de Compostela o 15 de maio de 2021, conducida por Quico Cadaval coa participación do cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago. Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).[12]

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación Irmandiñas Aurora Marco Laiovento
Divulgación Unha mente que voa Xurxo Mariño Edicións Xerais de Galicia
Narrativa Un señor elegante Suso de Toro Edicións Xerais de Galicia
Infantil Mar de mazá Elvira Ribeiro Editorial Galaxia
Xuvenil O mal querer Natalia Carou Baía Edicións
Libro ilustrado Contrahistorias de Galicia Rita Gutiérrez (ilustr.) Edicións Embora
Libro de banda deseñada O derradeiro libro de Emma Olsen Pablo Prado Editorial Galaxia
Iniciativa bibliográfica A lavandeira de San Simón Eva Mejuto/Bea Gregores (ilustr.) Edicións Xerais de Galicia
Tradución A nosa Negra Harriet E. Wilson, tradución de María Reimóndez Hugin e Munin
Poesía A Desvértebra Ana Romaní Chan da Pólvora
Teatro Só un home bo Raúl Dans Edicións Positivas
Libro mellor editado Nós outras Marica Campo e Menchu Lamas Chan da Pólvora
Premios ás traxectorias 2021
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Proxecto literario na rede Galicia encantada, coordinada por Antonio Reigosa
Xornalismo cultural Montse Dopico
Premio da Asociación Galega de Editoras Xulio Amigo
Premio honorífico á libraría Manuel Arenas
Escritor galego universal José Luandino Vieira

VII Edición (2022) editar

A gala dos premios celebrouse no Teatro Principal de Santiago Santiago de Compostela o 7 de maio de 2022.[13]

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista Beatriz Busto Miramontes Através Editora
Divulgación H2… Oh!!! Pingas científicas María Canosa Editorial Galaxia
Narrativa O cervo e a sombra Diego Ameixeiras Edicións Xerais de Galicia
Infantil Neko Eva Mejuto Oqueleo
Xuvenil santoamaro Antonio Manuel Fraga Edicións Xerais de Galicia
Libro ilustrado A Coruña David Pintor (ilustr.) Kalandraka Editora
Libro de banda deseñada Aldara. A lenda do cervo branco Inés Vázquez Demo Editorial
Iniciativa bibliográfica Colección Chave Mestra aCentral Folque
Tradución Canto eu e a montaña baila Irene Solá, tradución de María Alonso Seisdedos Kalandraka Editora
Poesía O que fica fóra Manuel Rivas Apiario
Teatro As desterradas Carme Varela Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia
Libro mellor editado O que fica fóra Manuel Rivas Apiario
Premios ás traxectorias 2022
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
Proxecto literario na rede O Arquivo das Trasnas (Instagram)
Xornalismo cultural Belén Regueira
Premio da Asociación Galega de Editoras Xesús Alonso Montero
Premio honorífico á libraría Mercedes Corbillón
Escritor galego universal Ana Luísa Amaral

VIII Edición (2023) editar

A gala dos premios celebrouse no Teatro Principal de Santiago Santiago de Compostela o 23 de abril de 2023.[14] Os premios foron organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. E co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.

A gala foi conducida por Patricia de Lorenzo e a música púxoa o grupo Noar.[14]

Xurado: Cristina Barbeito Vázquez, David Cortizo Conde, Antonio M. Fraga Allegue, Tensi Gesteira, Lucía Novas Garrido, Monserrat Pena Presas, Nuria Vilán Prado.

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea Daniela Fernández Pérez Edicións Xerais de Galicia
Divulgación Memoria diversa Eva Mejuto Deputación da Coruña
Narrativa Os seres queridos Berta Dávila Edicións Xerais de Galicia
Infantil O neno de lume Ledicia Costas (autora) e Iván R. (ilustrador) Edicións Xerais de Galicia
Xuvenil A ladroa da biblioteca de Meirás Eva Mejuto Edicións Xerais de Galicia
Libro ilustrado Verme Federico Fernández e Germán González Kalandraka Editora
Libro de banda deseñada, gráfico e humor Roxín Roxal. A daga do conde Manel Cráneo e Brais Fierro Demo Editorial
Iniciativa bibliográfica Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural Chévere Kalandraka Editora
Tradución Léxico familiar Natalia Ginzburg, tradución de María Alonso Seisdedos Editorial Laiovento
Poesía Barroco Antía Otero Apiario
Teatro As alumnas Paula Carballeira Editorial Galaxia
Libro mellor editado Barroco Antía Otero Apiario

Premios ás traxectorias 2023 editar

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio Promoción da lectura Traballadoras das Bibliotecas municipais da Coruña
Premio da Asociación Galega de Editoras Ediciós do Castro
Premio honorífico á libraría Libraría Numax, de Santiago de Compostela
Escritor galego universal Lydia Cacho

Notas editar

  1. Chío da organización no que anuncia o cambio de nome. 30 de xaneiro de 2021
  2. Gala do Libro Galego 2017, na páxina da AELG.
  3. A Gala do Libro Galego xa ten finalistas, nova en Praza Pública o 10 de abril de 2017.
  4. "Nace la Gala do Libro Galego tras un acuerdo histórico del sector". Faro de Vigo (en castelán). 21-11-2015. Consultado o 2-7-2019. 
  5. I Gala do Libro Galego, na páxina da AELG.
  6. Gañadores da I Gala do Libro Galego Arquivado 11-04-2017 en Wayback Machine. na páxina da Asociación Galega de Editoras.
  7. Gañadores da II Gala do Libro Galego na páxina da Asociación Galega de Editoras.
  8. "Obras gañadoras dos Premios da III Gala do Libro Galego". www.aelg.gal. Consultado o 19-5-2018. 
  9. "Gala do Libro Galego 2019". www.aelg.gal. 11-5-2019. Consultado o 2-7-2019. 
  10. "Obras gañadoras dos Premios da V Gala do Libro Galego". AELG. Arquivado dende o orixinal o 27/01/2021. Consultado o 13/5/2020. 
  11. "A GALA DO LIBRO GALEGO 2020 CELEBROU, EN FORMATO VIRTUAL, A SÚA QUINTA EDICIÓN". Asociación Galega de EDITORES. 2020-11-25. Consultado o 2020-12-08. 
  12. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16. 
  13. "Os Follas Novas premian a Diego Ameixeiras, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e David Pintor". Asociación Galega de EDITORAS. 2022-05-07. Consultado o 2022-05-07. 
  14. 14,0 14,1 "Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2023". www.aelg.gal. Consultado o 2023-04-23. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar