Montse Dopico
Montse Dopico González, nada na Pontenova en 1977, é unha xornalista galega. Dende 2018 é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.[1][2]
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() A Pontenova, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, profesora universitaria ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou Xornalismo e Historia, Antropoloxía, Socioloxía e Ciencias Políticas. En 2012 colaborou co xornal El País.[3]
En 2014 promoveu o espazo de xornalismo cultural Magazine Cultural Galego[4] e participou na xornada 'A mediación cultural de Internet' do XI Simposio O libro e a lectura: O libro e a lectura nos medios co relatorio 'Unha nova xeira de revistas electrónicas culturais'[5] e no encontro '30 anos de novela negra galega' organizado polo Consello da Cultura Galega.[6]
Traballou en Dioivo e, dende o ano 2012, traballa co xornal Praza Pública.[7]
En 2024 publicou o seu primeiro libro, Abonda con vivir[8], unha biografía de Luísa Villalta, autora homenaxeada ese mesmo ano no Día das Letras Galegas.
Recoñecementos
editarEn 2017 recibiu o Premio de xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural", publicada na revista Luzes.[9][10]
2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[11] de xornalismo cultural
Notas
editar- ↑ "Horario". USC. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ Horario do profesor para o curso académico 2018/2019
- ↑ "Montse Dopico". El País. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ Lorenzo Gil, César. "Montse Dopico: “A maneira de demandar información cultural é lela, non chorar cando desaparece”". Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "A mediación cultural de internet". Consello da Cultura Galega (en inglés). Consultado o 2020-11-10.
- ↑ "Montse Dopico". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "Montse Dopico". Praza Pública. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ Dopico, Montse (2024). Abonda con vivir. Luísa Villalta. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-482-1.
- ↑ "O XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo premia a Montse Dopico e a María Obelleiro". AELG. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "HISTÓRICO DOS PREMIOS DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU" (PDF). Concello de Bueu. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16.