Luísa Villalta

escritora galega

Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004[1][2][3], foi unha escritora, filóloga e violinista galega.

Luísa Villalta
Nome completoLuísa Villalta Gómez
Nacemento15 de xullo de 1957
 A Coruña
Falecemento6 de marzo de 2004
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónviolinista e escritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Titulada superior en violín, formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela (desde 1985) e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. Escribiu poesía, relatos e teatro.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural: seminarios, recitais de poesía, palestras... Colaborou en Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave, Página abierta etc.[4]

Participou na AELG, no Foro da Cultura Galega, na Mesa pola Normalización Lingüística etc.[5]

En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.[6]

A Deputación da Coruña instituiu o Premio "Luísa Villalta" a proxectos pola igualdade.[7]

ObraEditar

PoesíaEditar

TeatroEditar

  • Concerto para un home só (1989). Cadernos da Escola Dramática Galega, Nº 76.
  • O representante (1990). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • O paseo das esfinxes (1991). Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • As certezas de Ofelia (1999). Casahamlet, 1, Deputación da Coruña.
  • Os doces anos da guerra (2001). Revista Galega de Teatro.
  • Luísa Villalta. Obra dramática completa. (2018). Edicións Proscritas. Ed. de Alexandrina Fernández Otero. Contén: Concerto para un home só, O representante, O paseo das esfinxes, Os doces anos da guerra,As certezas de Ofelia.[9]

NarrativaEditar

EnsaioEditar

  • O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992). Santiago de Compostela: Laiovento. 94 páxs. ISBN 9788487847080.
  • O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas partes na historia da literatura galega (1999). Vigo: A Nosa Terra. 160 páxs. ISBN 9788489976856.
  • Poética. Sobre un certo estado de conciencia (2002). Publicado en internet.
  • A lingua dos sons (2003). Publicado en internet.
  • A Música e Nós (2003). Publicado en internet.
  • Libro das colunas (2005). Vigo: A Nosa Terra. 109 páxs. ISBN 9788496403529.

TraduciónsEditar

Obras colectivasEditar

 
Tumba de Luísa Villalta no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Sada: Edicións do Castro. Edición a cargo de Miguel Ríos Torre.
  • Novo do trinque (1997). BNG. Relatos.
  • Bestiario (1998). Edicións do Dragón.
  • A mandrágora, de Niccolò Machiavelli (1998). Laiovento. Con Francisco Pillado Maior.
  • Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón.
  • Narradoras (2000). Vigo: Xerais.
  • Longa lingua (2002). Vigo: Xerais.
  • Materia prima (2002). Vigo: Xerais.
  • Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar (2003). Vigo: Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). A Coruña: Espiral Maior.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). A Coruña: Espiral Maior.
  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña.
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). A Coruña: Espiral Maior.

RecoñecementosEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Dez anos sen Luísa Villalta". Baía Edicións. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  2. "Un documental moi especial para lembrar a Luísa Villalta". Sermos Galiza. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  3. "Falece na Coruña aos 46 anos a escritora e profesora Luísa Villalta". La Voz de Galicia. 6 de marzo de 2004. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  4. "Luísa Villalta". A Coruña das Mulleres. 2019-12-13. Consultado o 2021-05-30. 
  5. Diario, Nós. "Dez anos sen Luísa Villalta". Nós Diario. Consultado o 2021-05-30. 
  6. Diario, Nós. "Os papeis de Luísa Villalta". Nós Diario. Consultado o 2021-05-30. 
  7. "Premio "Luísa Villalta" a proxectos pola igualdade". www.dacoruna.gal. Consultado o 2021-05-30. 
  8. administrador (2019-05-10). "Luísa Villalta: coa Cidade Alta (do Norte) tatuada nos ollos". AC Alexandre Bóveda. Consultado o 2021-05-30. 
  9. "Presentación do libro "Luísa Villalta. Obra dramática completa"". AC Alexandre Bóveda. Consultado o 2021-05-30. 
  10. "Edicións Laiovento - TEORÍA DE XOGOS". laiovento.gal. Consultado o 2021-05-30. 
  11. asociacionescritoras-es. "A Coruña: Luísa Villalta e as chaves do tempo Axenda cultural AELG". Consultado o 2021-05-30. 
  12. Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras
  13. Concurso de ideas "Luísa Villalta" de proxectos culturais pola igualdade
  14. "Lembrar Luísa Villalta, poeta “de inequívoca pegada feminista”". Sermos Galiza. 1 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar