Rúa de Juan Flórez (A Coruña)

rúa da Coruña

Coordenadas: 43°21′56″N 8°24′30″O / 43.365669575343, -8.4083546664655

A rúa de Juan Flórez é unha rúa da Coruña. Serviu de tradicional saída da cidade, bordeando o Primeiro Ensanche.

Rúa de Juan Flórez
Inicio da rúa de Juan Flórez
Tipoloxíarúa
Dimensións
Lonxitude0,95 km
Formatodous carrís en cada sentido mais beiravía e beirarrúa
Localización
InicioPraza de Pontevedra
FinAvenida de Alfonso Molina
LocalidadeA Coruña
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

Está situada entre a praza de Pontevedra e a avenida de Alfonso Molina.

Historia editar

A rúa era coñecida como Estrada de Castela e Camiño Novo e xa nos planos do século XVIII aparecía o seu trazado. O nome actual recibiuno en 1900 como homenaxe a Juan Flórez, alcalde da cidade a mediados do século XIX.

Ata a década de 1930 conservou árbores na marxe esquerda, que viñan da época de Carlos III.[1]

Institucións e comercios editar

Na rúa estivo situado ata 1968 o Leirón do Sporting Club Casino, onde se organizaban verbenas,[2][3] e, entre 1920 e 1969, o Salón Doré.[4] Tamén estivo a fábrica da importante industria téxtil La Primera Coruñesa, que tiña unha alta cheminea.[5][6]

Paralelo á praza do Libro estaba o Colexio Dequidt, institución laica de ensino, que desapareceu na década de 1960[1] e dende 1915 atópanse na rúa as Escolas Labaca.[7]

Arquitectura editar

 
Chalé Escudero.

Dos chalés que houbo na rúa de Juan Flórez só perdura o Chalé Escudero. Porén, consérvanse algúns edificios destacados, algúns deles catalogados:[8]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Los chalés del Camino Nuevo, un recuerdo de los viejos tiempos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). 18-5-2002. Arquivado dende o orixinal o 13-03-2016. Consultado o 8-3-2016. 
  2. Pereira, Nonito (19-8-2014). "Historias ciudadanas". TodoMúsica&Más (en castelán). Consultado o 8-3-2016. 
  3. "O Leirón do Casino". Pharum Brigantium. 17-2-2009. Consultado o 8-3-2016. 
  4. "Cuando en La Coruña abundaban los teatros". La Voz de Galicia (en castelán). 18-10-2015. Consultado o 8-3-2016. 
  5. Garro, Enrique (6-5-1921). "ABC en La Coruña. Impresiones de un viaje". ABC (en castelán). Consultado o 8-3-2016. 
  6. Aira, María J. (19-4-2009). "Los inicios de la industria textil en A Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 8-3-2016. 
  7. 7,0 7,1 "As escolas Labaca e a arquitectura do seu tempo". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 08 de marzo de 2016. 
  8. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  9. Picado, Miguel (21-12-2014). "38 vivendas en Juan Flórez". Arquitectura de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 09-03-2016. Consultado o 8-3-2016. 
  10. Do.Co.Mo.Mo
  11. Vallina, Dario (3-10-2013). "Torre Galicia". Arquitectura de Galicia. Consultado o 8-3-2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4. 

Ligazóns externas editar