Leoncio Bescansa

arquitecto galego

Leoncio Bescansa Casares, nado na Coruña en 1879 e finado na mesma cidade en 1957 foi un arquitecto galego.

Leoncio Bescansa
Nacemento12 de setembro de 1879
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento1957
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]
Escolas Labaca, A Coruña.

Traxectoria Editar

Bescansa era fillo do comerciante coruñés Fermín Bescansa e de Cándida Casares Teijeiro, filla á súa vez do químico Antonio Casares Rodríguez.

Estudou no instituto da Guarda e trasladouse a Madrid para estudar arquitectura, carreira que rematou en 1903.[1] En 1904 viaxou por Alemaña, Austria e Italia. Foi arquitecto municipal en Córdoba, Lugo e Santiago de Compostela e arquitecto diocesano de Monforte de Lemos. A partir de 1911 instalouse como arquitecto libre na Coruña.[2] En 1912 casou con María García Moniño.[1]

Obras Editar

 
S. Xoán Bautista en Monserrat, Oza.

Bescansa foi un dos últimos arquitectos modernistas, mais considérase integrado no grupo de arquitectos do eclecticismo, con Pedro Mariño ou Eduardo Rodríguez-Losada.[2]

Destacan na súa obra as Escolas Labaca (1912-1915) e o edificio principal do Colexio Compañía de María da Coruña (1925)[3], que combinan modernismo con estilo neogótico[4] e o edificio chamado popularmente “dente de ouro” na praza de María Pita (1926-1927). Realizou tamén edificios de vivendas en Betanzos.[2] Na Casa Torres da Coruña (1925) mesturou o barroco español con estilos europeos.[5]

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 238.
  2. 2,0 2,1 2,2 Fuentes Sanz, Miriam (2013-2014). Los estilos arquitectónicos (PDF). Universidade da Coruña. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de novembro de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  3. Lema Panisse, C. e Veleiro Pérez, A. (2017). Cen anos educando: Compañía de María A Coruña 1917-2017. Fundación Edelvives. 
  4. "As escolas Labaca e a arquitectura do seu tempo". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  5. Garrido Moreno, Antonio (1998). "La galería gallega" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (21). ISSN 1130-7625. Consultado o 11 de agosto de 2015. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar

  • "A Coruña modernista". EducArtabria (en castelán). 15 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de agosto de 2015.