Escolas Labaca
As escolas Labaca é un edificio situado no centro da cidade da Coruña.
Escolas da Fundación Labaca | ||||
---|---|---|---|---|
A Coruña ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | escola pública ![]() | |||
Estado de uso | colexio | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Leoncio Bescansa | |||
Datas | ||||
Fundación | 1915 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | A Coruña ![]() | |||
Localización | rúa de Juan Flórez 112-116 15005, A Coruña | |||
Código postal | 15005 ![]() | |||
Enderezo | rúa de Juan Flórez 112-116 ![]() | |||
Fontes e ligazóns | ||||
Páxina WEB | edu.xunta.gal… ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Historia
editarOs irmáns Ángela e Ricardo Labaca fundaron a Escola Católica de Ave María en honra dos seus pais para atender a nenos e nenas de clase humilde.[1] Cando se construíu o edificio a zona do Camiño Novo estaba practicamente sen edificar, só con algunhas edificacións industriais.[2]
Anos despois a escola pasou aos poderes públicos.[1]
Descrición
editarO edificio principal foi deseñado por Leoncio Bescansa en estilo modernista e neogótico e consta de dous andares. O inferior estaba destinado a aulas e o superior para vivendas dos mestres e unha aula. [3]
Ten planta simétrica e destaca a fachada cunha torre como elemento central, máis alta que a cornixa. Rodeando a torre hai seis pináculos con decoracións con formas xeométricas rematadas nunha coroa.[4]
Tamén destaca a reixa, con forma de tea de araña.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 A Coruña Modernista
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 84.
- ↑ Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 84-85.
- ↑ 4,0 4,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 85.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.